Luns 15 e Martes 23 de abril |
Logo das primeiras entrevistas do noso orientador laboral, Xosé Alberte Cea, cos docentes e o alumnado resulta evidente
que unha das principais inquedanzas é saída
laboral moi relacionada co autoemprego, que ainda sendo unha saída de interese, suscita numerosas dúbidas.
Por esta razón programáronse dous talleres co Servizo Municipal de Apoio ó Emprendemento, un para o luns 15 de abril ás 16.00 horas e outro para o martes 23 de abril ás 10.00.
Estes obradoiros servirán como presentación deste servizo ao alumnado que poderá comprobar o que este pode achegarlles. Darase unha idea xeral do que é hoxe emprender, cun enfoque orientado ó traballo en talleres e aos oficios. Na parte final haberá tempo para facer preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!