O Venres da EMAO presenta a proxección da película "84, Charing Cross
Road" (1987) estreada en España baixo o título "A carta final" e
protagonizada polos actores Anne Bancroft e Anthony Hopkins. 95' VOS
Helene
Hanff, unha amante dos libros, especialmente da literatura inglesa,
contacta cunha librería londinense especializada en libros usados, no
número 84 de Charing Cross. Neste establecemento, Frank Doel ofrécese a
mandar libros a todas partes do mundo, ao gusto do
consumidor. Helene, marabillada, empeza a intercambiar cartas e libros
con Frank. Esta correspondencia converterase axiña nunha longa conversa
que durará vinte anos.
Unha historia de amizade, humor e paixón pola
literatura. Unha exquisita adaptación do
libro de Helene Hanff, no que a autora recollía unha selección da
correspondencia que, desde 1949 a 1968, mantivo co libreiro Frank Doel.
Presentado por María Jesús Cuesta (bibliotecaria da EMAO)
Data: 14 de xuño de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!