[Véxanse as condicións para a inscrición ao remate desta entrada]
CURSOS QUE SE CONVOCAN:
“UN CHARRASCO DIVINO E ESPIRITUOSO” Impartido por Sandra de Jesús e Xaime Rivas, mestres das especialidades de OURIVARÍA e CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- Zanfona, da EMAO Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos de ningunha das materias.
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas. Duración: 36 horas
Obxectivo: Construción dun Charrasco, instrumento tradicional galego, aplicando as técnicas básicas da carpintería e complementando con traballos de reciclaxe (convertindo chapas de cervexa em ferreñas) e de elaboración de elementos decorativos com latón.
Programa:
Obxectivos:
Construír, decorar e rematar un instrumento tradicional galego, o Charrasco. Transformar uns materiais de reciclaxe como son as chapas das cervexas en ferreñas para o Charrasco.
Aprender e aplicar as técnicas básicas de carpintaría para o traballo no banco, con ferramentas como o serrón, a trencha, a trade columna, lixa , etc, para a construción do instrumento.
Aprender e aplicar as técnicas básicas da Ourivaría para o traballo en metal, corte, conformado, soldado, esmerilado, pulido e brillado, etc, para realizar as pezas decorativas e dar forma ás ferreñas.
Contidos:
Desenvolvemento e construción do modelo de Charrasco dado.
Aplicación das técnicas de marcado, corte, encaixe a media madeira, pulido, etc precisas para o traballo coa madeira.
Aplicación de conformado das ferreñas, corte e calado para os motivos decorativos en metal, soldado de espigos para a súa montaxe e técnicas de acabado e pulido do metal.
Montaxe final do instrumento, ferreñas e motivos decorativos en metal e tecido.
Material a aportar polo alumnado: 3 listóns de madeira (de 1700x30x30mm, 1400x30x25mm e 800x30x30mm) de madeira dura ou semidura (piñeiro galego, faia, carballo ou freixo). Tamén precisará de outros materiais adicionais coma cable, puntas, tapóns e cintas de tecido, para rematar o instrumento. Comunicaráselle ao alumnado onde poden conseguir os materiais requiridos (custo estimado: 5€ + custo dos listóns que dependerá do tipo de madeira que se escolla).
Alumnado máximo: 12
“NON SEI COSER UN BOTÓN”
Impartido por Emma Pintos, mestra da especialidade de MODA E CONFECCIÓN, da EMAO. Destinatarios/as: persoas sen coñecementos previos interesadas en aprender “costura de supervivencia”
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 09:00 a 13:00 horas. Duración: 36 horas
Obxectivo: Introdución á costura, tratando as técnicas básicas de costura a man e a máquina, traballando sobre proxectos sinxelos e prácticos.
Programa:
Conceptos básicos de costura a man: Ferramentas necesarias no costureiro; Coser diferentes tipos de botóns; Puntadas manuais básicas (pespunte, puntada invisible, sobrefiado...)
A máquina de coser: Partes da máquina; Manexo da máquina; Tipos de costuras
Proxecto 1. Mandíl; Proxecto 2. Mantel e servilletas; Proxecto 3. Tote bag con peto; Proxecto 4. Funda de tesoira e alfineteiro.
Material a aportar polo alumnado: Alfinetes, agullas, cinta métrica, tesoira, dedal e teas e accesorios para os proxectos (serán especificados o primeiro día de clase).
Alumnado máximo: 12
“IMOS FACER PLENEIRISMO”
Impartido por Darío A. Basso e Federico Fernández, mestres das especialidades de PINTURA e DEBUXO ARTÍSTICO, da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa interesada.
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 09:00 a 13:00 horas. Duración: 36 horas
Obxectivo: O termo "plein air" refírese á práctica de pintar ou debuxar ao aire libre, capturando a luz e a atmósfera natural dunha paisaxe no momento presente. Esta técnica, popularizada polos impresionistas no século XIX, permite aos artistas traballar directamente coa natureza, observando como a luz do sol transforma as cores e as formas ao longo do día.
As especialidades de Pintura e Debuxo da EMAO propoñen a práctica desta actividade realizando, inicialmente, uns exercicios de aula para, posteriormente, saír pola contorna da ría de Vigo co alumnado, fomentando nesas prácticas finais a expresión da cor e da forma a “plein air”, procurando captar a beleza da natureza.
Programa:
Pleneirismo na historia. Breve introducción
Diferentes técnicas do Pleneirismo
A liña como elemento compositivo nunha paisaxe ao aire libre
A liña como elemento xerador de texturas e movemento. Van Gogh como referencia
A aplicación da teoría da cor para capturar a vibrante paleta natural
Diferentes perspectivas que se presentan nunha composición a “plein air”. Lineal e atmosférica
Expresar a beleza da natureza a través da propia interpretación creativa do alumnado
Material a aportar polo alumnado:
Estilógrafo 04 Micron Sakura. Lapis. Block de esbozo Guarro A3
Alumnado máximo: 15
“ESTAMPADO ESTIVAL PARA PRAIA OU FESTIVAL”
Impartido por Alba Pardo e Pepe Pereira mestres das especialidades de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA e ARTESANÍA EN COIRO, da EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas. Duración: 36 horas
Obxectivo: Mediante linogravado, gofrado e serigrafía, estamparemos sobre tecidos e coiro para crear accesorios de verán: unha bolsa grande, unha máis pequena e un sombreiro. Tamén estamparemos sobre madeira para facer palas de praia. Utilizaremos o coiro como propia matriz para estampar. Esa mesma matriz de coiro será remate dos accesorios.
Programa:
Obxectivos:
Achegarse ao proceso de deseño para aplicación das estampas nos obxectos propostos
Asimilar os procesos de gravado e creación de matrices para realizar estampacións
Experimentar coas tintas de estampación sobre diferentes soportes
Confeccionar complementos personalizados feitos polas persoas participantes
Contidos:
Desenvolvemento do deseño para os distintos elementos que forman as pezas finais
Adecuación do deseño á temática e procedementos propostos para lograr a funcionalidade e resultado que se pretende.
Aplicación das técnicas de gravado, serigrafía e coiro para a preparación das matrices.
Realización de gofrado de texturas e estampacións sobre diferentes soportes
Aplicación e montaxe final das estampas e remates en coiro nos obxectos propostos.
Material a aportar polo alumnado:
Os materiais e consumíbeis que empregarán terán un custe aproximado de 20 € (O alumnado levará estampada unha bolsa grande, unha pequena, un sombreiro e palas de praia).
Alumnado máximo: 10
“INICIACIÓN NA ORNAMENTACIÓN”
Impartido por Carlos Corral, mestre de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- Gaita, da EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos da materia.
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas.
Duración: 36 horas
Obxectivo: Construción dunhas Tarrañolas, sobre as que faremos diversos tipos de ornamentación
Programa:
Construcción dunhas tarrañolas según plantilla, deseño da ornamentación, talla sinxela, incrustación de puntos, incrustación de figuras irregulares ...
Material a aportar polo alumnado:
Pelos de serra de marquetería (nº 2 ou 4), xogo de gubias para talla, xogo de limas de agulla ou limatóns.
Alumnado máximo: 8
“CUN 6 E UN 4, FAGO O TEU RETRATO, E CON ENCAIXE, ÁTOO”
Impartido por Rosa García e Marian Nuñez mestres das especialidades de TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA e DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS, da EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas. Duración: 36 horas
Obxectivo: Realizar un retrato coas técnicas do encaixe e gravado. A partir dun diálogo transversal de distintas disciplinas, como parecen o encaixe e o gravado, buscamos o punto de mestura entre o volume do tecido e a pegada no papel, dende a aproximación ás técnicas básicas das dúas especialidades xogaremos cos fíos e as formas, descubrindo novos procedementos e procesos, mantendo un primeiro contacto cos materiais dende o proceso creativo.
Programa:
Talla en madeira
O gravado en relevo
Aproximación ás diferentes técnicas aditivas
O gravado gofrado
Distintos papeis para a técnica seca
Realización dun retrato a partir dunha matriz de encaixe palillos
Deseño e encaixe de palillos
Materiais e ferramentas a empregarán
Deseño para a estrutura do encaixe
Enchido dos palillos
Realización básica do punto do tecido e cordóns (Par enteiro)
Enganachar o fío sobre si mesmo para completar a peza realizada
Remate da peza de tecido para xogar con distintas tintas de gravado
Material a aportar polo alumnado:
1 papel de gravado Hahnemühle 300gr. 2 pares de palillos. Fios. Ganchillo nº 11.
Alumnado máximo: 10
CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración dos cursos: 36 horas
Datas: Entre o 8 e o 18 de xullo de 2024. Horario de mañá
Lugar: Aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
Prazas limitadas: Ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica
Inscrición: Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico, no prazo indicado a continuación, a
emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante
- DNI
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Admisión de solicitudes: - Non poderán inscribirse as persoas matriculadas na EMAO no curso 2023-2024.
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
- A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00:00h do 17 de xuño, ata as 24:00h do 21 de xuño de 2024. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
- A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.
Nome
do curso
|
Especialidade/s
|
Profesorado
|
Datas
|
Horario
|
Nº
máximo alumnado
|
UN
CHARRASCO DIVINO E ESPIRITUOSO
|
Ourivaría
CAIM
Zanfona
|
Sandra
de Jesús
Xaime
Rivas
|
08 -
18 de xullo
|
10.00h
- 14.00h
|
12
|
NON
SEI COSER UN BOTÓN
|
Moda
e confección
|
Emma
Pintos
|
08 -
18 de xullo
|
09.00h
- 13.00h
|
12
|
IMOS
FACER PLENEIRISMO
|
Pintura
Debuxo
artístico
|
Darío
A. Basso
Federico
Fernández
|
08 -
18 de xullo
|
09.00h
- 13.00h
|
15
|
ESTAMPADO
ESTIVAL PARA PRAIA OU FESTIVAL
|
Serigrafía
artística
Artesanía
en coiro
|
Alba
Pardo
Pepe
Pereira
|
08 -
18 de xullo
|
10.00h
- 14.00h
|
10
|
INICIACIÓN
NA ORNAMENTACIÓN
|
CAIM
Gaita
|
Carlos
Corral
|
08 -
18 de xullo
|
10.00h
- 14.00h
|
8
|
CUN
6 E UN 4, FAGO O TEU RETRATO, E CON ENCAIXE, ÁTOO
|
Talla
e escultura en madeira
Deseño
e encaixe de palillos
|
Rosa
García
Marián
Núñez
|
08 -
18 de xullo
|
10.00h
– 14.00h
|
10
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!