Música, do grego "Mousike": a arte das musas.
Aínda que a orixe da música é incerto,sabemos que foi no século VI a.C, cando o ser humano foi capaz de explicar e comprender as súas medidas. Foi Pitágoras, un filósofo e matemático grego, quen descubriu as proporcións harmónicas, o vínculo secreto entre a música e as matemáticas. A proporción das partes dun todo. Observou como o son que saía dunha fragua próxima dependía do peso dos martelos que golpeaban o iunque. Comezou a experimentar cunha corda. Ao pinzala emitía un ton que se volvía máis agudo se a acurtaba á metade. Descubrira os intervalos musicais.
As súas proporcións harmónicas son empregadas na construción de instrumentos musicais. Aparecen nos modelos utilizados polos luthiers. Pitágoras asegura que todo é número. Os catro primeiros números representaban a música universal, a harmonía do cosmos cuxo símbolo era o Tetraktis. Chegou a unha conclusión: do mesmo xeito que existía unha relación entre a harmonía e os números debía existir un vinculo similar entre as órbitas dos planetas. Así da terra á lúa hai un ton, da lúa a mercurio un semitón, etc. O movemento das esferas é harmónico e xera unha melodía constante chamada a música das esferas. Hai xeometría no son das cordas, hai harmonía nas esferas, hai musica nas estrelas.
De aquí parte a inspiración do noso deseño. Dos números e os seus misterios
De Phi, un número que nos ten fascinadas. A Proporción Aúrea. O número dourado.
Un número irracional, case máxico, unha constante matemática presente na música, na natureza, no universo... Phi, o número que permitiu a Pitágoras explicar o Universo en clave musical.
O noso proxecto toma a forma dunha buguina mariña empregada como instrumento musical hai 17.000 anos. Phi ascende en espiral polas celas da súa saia. Sobe polos nervios das súas follas. Agóchase no Tetratkis do seu corpiño. Atravesa a madeira do seu mastro. Descansa na súa voluta. Latexa no seu interior, o corazón desta escola e desde o seu rostro pérdese no infinito do universo. A música é a alma do cosmos que se move eternamente nunha sinfonía. A danza das esferas. Pitágoras.
O traballo da especialidade de Moda e Confección xirou ao redor desta filosofía creando un vestido cunha saia en espiral que recordan a buguina, un corpiño como base dun instrumento imaxinario que se escenifica co mastro da espalda. Utilizamos materiais que nos recordan a nosa terra celta: as tinguiduras naturais, as estampacións bótanicas, a madeira o latón e o coiro.
Todo esto para rendirlle homenaxe a música e a riqueza das especialidades da nosa escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!