luns, 17 de xuño de 2024

A gráfica múltiple que ocupa espazo /////////////// [SERIGRAFÍA]

Estivemos na exposición O múltiple que ocupa espazo organizada polo grupo de investigación Dx5.

Desde a súa creación en 2004, o grupo de investigación dx5 digital & graphic art_research especializouse na gráfica contemporánea de campo expandido. Durante os primeiros anos e baixo o título —”Aplicacións das novas tecnoloxías ao gravado e estampaxe con fins artísticos”— movidos pola idea multidisciplinaria da obra de arte gráfica nos nosos días, o  traballo de investigación centrouse na procura e na achega de instrumentos e de estratexias novas neste campo, adaptando e optimizando sistemas e procesos contemporáneos de maquinarias industriais que permitan definir contornas novas, solucionar inconsistencias herdadas de prácticas anteriores e afondar no que significa a obra de arte múltiple neste terceiro milenio.

Nos últimos anos as súas liñas e proxectos multiplicáronse, abríndonos a novos campos no universo da gráfica contemporánea, que abranguen temas tan dispares como a complexidade e a sostibilidade na arte e no deseño contemporáneos, a redefinición e a evolución do libro de artista como medio, soporte e idea creativa nunha contorna cada día máis dixital ou as conexións do cómic e da animación con outras manifestacións artísticas do noso tempo.  O campo expandido das distintas disciplinas que abren novos percorridos para chegar a novos territorios. Estivemos desfrutando desta exposcición en Pontevedra, aquí deixamos algunhas imaxes:


 

"Na contemporaneidade as fronteiras conceptuais e prácticas do arte borraronse froito do triunfo das teorías do pensamento complexo e a incorporación de novos procesos tecnolóxicos que fixeron que os artistas posicionen as súas creacións en territorios de transferencia. A gráfica, tal e como a comprendemos hoxe, é moito mais híbrida e complexa ao instalarse no espazo. Este desprazamento da estampa provocou novas preguntas e indiciu algunhas respostas en relación coa idea de matriz que xera "múltiples". A mirada múltiple devólvesenos no s. XXI poliédrica, nun bucle invasor mutante que coloniza as fronteiras das propias definicións. O obxectivo deste proxecto é reflexionar sobre cómo a clásica bidimensionalidade da gráfica veu transitando cara a procura dunha experiencia artística mais profunda e inmersiva. Descubriremos como foi evolucionando a arte múltiple dende a estampa tradicional en papel e de carácter bidimensional, cara o obxecto escultórico e por extensión a súa instalación no espazo. Cremos que o campo gráfico expandido e transdisciplinar abre diferentes percorridos de indagación para chegar a novos territorios, a espazos inexplorados. Trasládanos a un concepto de gráfica que nace en e dende o espazo, demostrando o seu potencial e versatilidade ao mesmo tempo que se revindica como unha disciplina artística total. Por iso, plantéxase esta interconexión como método de exploración do fenómeno do Múltiple que ocupa o espazo."

Texto grupo Dx5.  https://grupodx5.webs.uvigo.es/gl/proyecto/o-multiple-que-ocupa-o-espazo/













 

 

A exposición expándese por vaios lugares de Ponevedra:

_SIMBIOSE Exposición: 08/05/2024 – 30/06/2024  Pazo da Cultura, Pontevedra

_XERMINAL Exposición: 09/05/2024 – 30/06/2024  Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Pontevedra

_INTERFERENCIAS Intervencións no espazo público: 09/05/2024 – 30/06/2024 Visita ao espazo público: 10 de maio 2024

_RESONANCIAS Exposición: 09/05/2024 – 30/06/2024  20:30 Fundación RAC, Pontevedra 

 Aquí podes descargar o programa completo.

E xa que estábamos, fomos visitar tamén a exposición de Berta Cáccamo no Museo de Pontevedra:



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!