mércores, 24 de abril de 2024

Exposición Colmeiro, punta seca [SERIGRAFÍA]

Visitamos a exposición Colmeiro, punta seca presentada pola Fundación Laxeiro e composta por corenta e oito gravados de Manuel Colmeiro (1901-1999) datados entre finais dos anos trinta e a década dos corenta, algúns deles inéditos, que foron reunidos e publicados nunha carpeta en 2022 pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, de Ribeira. Estes corenta e oito gravados están expostos xunto ás matrices orixinais.

 



25-4-2024. Conferencia "Francis Drake en la Ría de Vigo, 1585 y 1589" por Juan Antonio Gelabert [FORUM IEV]

Xoves 25 de abril ás 19.30

martes, 23 de abril de 2024

24-4-2024. Poéticas diversas. Corpo a corpo coa palabra, a música e a danza contemporánea [OUTRAS NOVAS]

Mércores 24 de abril de 2024

Día do Libro 2024 [BIBLIOTECA]


 

O 23 de abril conmemórase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. A razón: o 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO, en 1995, para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores. 
 
En España, a celebración do Día do Libro, na súa orixe, estaba fixada o 7 de outubro, data na que se consideraba que había nado Miguel de Cervantes. 
 
Foi o escritor valenciano Vicente Caravel o que impulsou a proposta de dedicar un día de cada ano para celebrar a Festa do Libro. Proposta que presentou na Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923. Dous anos despois, Caravel reiterou a súa proposición en Cataluña e iniciou estas mesmas xestións en Madrid. 
 
O 6 de febreiro de 1926, o rei Alfonso XIII aprobou e asinou o Real Decreto polo que se estipulaba que cada 7 de outubro conmemoraríase o nacemento do autor do Quixote cunha festa dedicada ao libro español. 
 
En 1930, acordouse trasladar a Festa do Libro ao 23 de abril, parece ser que por ser a primavera unha data máis propicia para a organización de actividades ao aire libre. A publicación de novidades e a organización de actos de firmas de exemplares cos autores, tradición que chegou ata os nosos días, comezaron a xeneralizarse tamén a partir desa data. 
 
Será en 1995, cando o goberno español presente á UNESCO a proposta da Unión Internacional de Editores para establecer o 23 de abril como Día do Libro e do Dereito de Autor a escala mundial. 
 
Desde entón e ata os nosos días, en todo o mundo celébrase o Día do Libro e do Dereito de Autor o 23 de abril, como unha forma de fomentar a lectura, recoñecer a figura do autor e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país. 
 

luns, 22 de abril de 2024

“Fíos fóra. Historias de obreiras entre costuras e patróns". Filme documental [MODA]

 

Sinopse:

Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil desde os 60 foron a man de obra perfecta para levantar unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Nos anos 80 e 90, o sector téxtil en Galicia experimentou un auxe significativo. A rexión converteuse nun dos principais centros téxtiles de España, cunha gran cantidade de fábricas e empresas dedicadas á produción de pezas de vestir, téxtiles para o fogar e outros produtos relacionados. O sector téxtil galego creceu en gran parte grazas á demanda interna e tamén á exportación, con empresas que vendían os seus produtos a outros países europeos e máis aló. Este crecemento impulsou a economía local e proporcionou emprego a moitas persoas, especialmente en áreas rurais onde a industria téxtil era unha fonte importante de traballo.

Con todo, cara a finais dos anos 90 e principios dos 2000, a competencia de países con custos laborais máis baixos, como China e outros países asiáticos e os cambios no mercado global levaron a unha crise no sector téxtil galego, co peche de moitas fábricas e a perda de empregos.

A medida que avanzaban os anos 2000, levouse a cabo unha reestruturación do sector en resposta á necesidade de que as empresas adoptasen novas estratexias para competir no mercado global. A pesar dos desafíos, algunhas empresas téxtiles galegas lograron adaptarse, diversificar a súa oferta e atopar nichos de mercado onde podían destacar.



26-4-2024. Venres da EMAO presenta a proxección do documental “Fíos fóra. Historias de obreiras entre costuras e patróns" [MODA]


 


Proxección do documental “Fíos fóra. Historias de obreiras entre costuras e patróns", realizado pola produtora Illa Bufarda para Amarante SETEM, e coloquio posterior.

"Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil desde os 60 foron a man de obra perfecta e cativa para levantar unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai unha pelota de la do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema" (Filmaffinity).

Presentado por Emma González (mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 26 de abril de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo


Entrada libre ata completar aforo

Monotipia con Ramón Trigo [DEBUXO]

Ramón Trigo é un artista multidisciplinar, pintor, ilustrador, escultor..., que é ben coñecido na nosa Escola. Foi invitado en varias ocasións a presentar os seus traballos literarios que realiza en colaboración co seu irmán Xosé. Na última desas visitas presentou CASA QUEIMADA, un proxecto ben bonito que narra a historia en forma de BD dunha traxedia na que o lume destrúe unha casa familiar, e a súa rexeneración posterior nun espazo artístico. Cando os irmáns Trigo viñeron a presentar o libro, Ramón trouxo orixináis daqueles debuxos. Estaban realizados ca técnica de estampación da monotipia.

Eu son un enamorado deste tipo de técnicas indirectas, xa que o resultado, ainda que sexa un desastre sempre te sorprende. 

23-4-2024. Conversas sobre a poética trasatlántica [ATENEO ATLÁNTICO]

 

Este martes 23 de abril, a partir das 19.30 horas na nosa biblioteca conversarán arredor da poética trasatlántica, Alberto Avendaño e María Xosé Porteiro.  Ademais, Alberto Avendaño recitará algúns dos seus poemas.

23-4-2024. Obradoiro de Emprendemento. Vigo Emprende [OUTRAS NOVAS]

Martes 23 de abril ás 10.00

Logo das primeiras entrevistas do noso orientador laboral, Xosé Alberte Cea, cos docentes e  o alumnado resulta evidente que unha das principais inquedanzas é saída laboral moi relacionada co autoemprego,  que ainda sendo unha saída de interese, suscita numerosas dúbidas.

Por esta razón programáronse dous talleres co Servizo Municipal de Apoio ó Emprendemento, un para o pasado luns 15 de abril ás 16.00 horas e outro para este o martes 23 de abril ás 10.00.

Estes obradoiros servirán como presentación deste servizo ao alumnado que poderá comprobar o que este pode achegarlles. Darase unha idea xeral do que é hoxe emprender, cun enfoque orientado ó traballo en talleres e aos oficios. Na parte final haberá tempo para facer preguntas.

22-4-2024. Presentación do libro "O teu perfin na miña sombra" de Xina Vega [ATENEO ATLÁNTICO]

 

O luns 22 de abril, ás 19.30, na biblioteca da EMAO, Xina Vega presenta o seu último libro, O teu perfil na miña sombra (Diario dunha nai). No acto estará acompañada de Carme Adán, Inma López Silva e Marcos Calveiro.

19-4-2024. Imaxes da Conferencia "Contrapuntos. Arte, artesanía e deseño" [VENRES EMAO]



 

Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 15 ao 19 de abril [OUTRAS NOVAS]

18-4-2024. Emilia Pardo Bazán no Balneario de Mondariz por Fernando Souza Caride. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [BALNEARIO DE MONDARIZ]



17-4-2024. Masterclass sobre "Corte e preparación de pezas para marroquinaría" por Jorge Antolin [COIRO] 
 

 
16-4-2024. As cousas de María. Espectáculo músico-teatral de María Alonso [OUTRAS NOVAS]

 

 

16-4-2024. Visita do Grupo de Pintura e Gravado do Concello de Nigrán

 

 15-4-2024. Obradoiro de Emprendemento. Vigo Emprende [FACER ESCOLA]

venres, 19 de abril de 2024

Visita á Cocina Gráfica [SERIGRAFÍA]

 

 

Esta semana fomos ás xornadas de Preimpresión e Impresión organizadas pola Cocina Gráfica do Colegio Hogar. Foi un interesante punto de encontro para experimentación gráfica onde poidemos ver o funcionamento de diversa maquinaria de impresión e corte.


19-4-2024. Venres da EMAO presenta "Contrapuntos. Arte, artesanía e deseño" [DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS]

 

Mesa redonda e coloquio sobre arte, artesanía e deseño, coa participación de Carmen Lage (doutora en Belas Artes, docente na Universidade de Vigo, Investigadora -Grupo PR3CULT- e artista, docente do Corpo de Ensinanzas Artísticas Superiores), Laura Navarrete (licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, docente en artes plásticas e investigadora da Universidade de Barcelona), Ramiro Agulla (deseñador de interiores, escultor e ceramista) e Susana Román (docente e xefa de estudos en Aula D, deseñadora de interiores, técnica superior pola Escola Aula D e graduada pola Escola Picasso da Coruña).


Presentado por Marian Núñez (mestra de Deseño e encaixe de palillos da EMAO)
Data: 19 de abril de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

mércores, 17 de abril de 2024

18-4-2024. Emilia Pardo Bazán no Balneario de Mondariz por Fernando Souza Caride. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]

O Balneario de Mondariz organiza o ciclo de conferencias "A historia e os seus personaxes", sobre  persoeiros históricos relacionados coa vila termal e a súa historia, que se desenvolve desde o ano 2023 e continua no 2024 con motivo do 150 aniversario da fundación do establecemento termal.   

Este xoves, ás 19.00 horas, será a quenda dunha muller asidua á vila termal á que converteu no seu lugar de recreo e nun destino de moda. Emilia Pardo Bazán animada pola amizade que lle unía a Enrique Peinador, “campou ás súas anchas” polo balneario onde convidaba os seus amigos e compañeiros a modo de cuadrilla estival. Segundo reflicte o "Álbum de Honra", libro que recolle as firmas dos  clientes máis selectos do balneario, a escritora acode por primeira vez a tomar as súas augas en setembro de 1887.

Fernando Souza Caride analiza a glamurosa vida social da Pardo Bazán no Balneario, na que se darán a coñecer anécdotas dos veráns en Mondariz de Dona Emilia a partir das súas tres paixóns: a cociña, a moda e o amor.