mércores, 17 de abril de 2024

18-4-2024. Emilia Pardo Bazán no Balneario de Mondariz por Fernando Souza Caride. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]

O Balneario de Mondariz organiza o ciclo de conferencias "A historia e os seus personaxes", sobre  persoeiros históricos relacionados coa vila termal e a súa historia, que se desenvolve desde o ano 2023 e continua no 2024 con motivo do 150 aniversario da fundación do establecemento termal.   

Este xoves, ás 19.00 horas, será a quenda dunha muller asidua á vila termal á que converteu no seu lugar de recreo e nun destino de moda. Emilia Pardo Bazán animada pola amizade que lle unía a Enrique Peinador, “campou ás súas anchas” polo balneario onde convidaba os seus amigos e compañeiros a modo de cuadrilla estival. Segundo reflicte o "Álbum de Honra", libro que recolle as firmas dos  clientes máis selectos do balneario, a escritora acode por primeira vez a tomar as súas augas en setembro de 1887.

Fernando Souza Caride analiza a glamurosa vida social da Pardo Bazán no Balneario, na que se darán a coñecer anécdotas dos veráns en Mondariz de Dona Emilia a partir das súas tres paixóns: a cociña, a moda e o amor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!