Desde mediados dos anos oitenta do século pasado as exploracións de Isaac Pérez Vicente despréganse en múltiples grafos novos e ofrécenlle a quen se adentre nelas formas inéditas de circular polo mundo e pola súa propia memoria. IPV explora e desprega a potencialidade das palabras e das imaxes que herdamos de antigo propoñéndonos novas relacións que desautomatizan a nosa percepción e interrogan os límites da arte, as súas relacións coa literatura e a semiótica do presente.
Presentado por Darío A. Basso (mestre de Pintura na EMAO)
Data: 10 de maio de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!