"Crispín e Crispiniano pasaron á historia, pero cántos se perderon na memoria?"
O 25 de outubro é unha data moi especial para todos os que traballan o coiro: é o seu día. Para valorar o estado presente do
oficio débese ter en conta o traballo que durante moito tempo
desempeñaron moitos artesáns que cada día transformaron o material en
obxectos útiles que fixeron que a vida da xente fose máis doada. Moitas
destas pezas hoxe son admiradas, pero descoñecemos as mans que as
construíron, decoraron e deron vida.
Xa é hora de falar deles.
Presentado por Pepe Pereira (Mestre de Artesanía en coiro da EMAO)
Data: 25 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 21 de outubro de 2024
25-10-2024. Venres da EMAO presenta "Crispín e Crispiniano pasaron á historia, pero cántos se perderon na memoria? [COIRO]
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!