martes, 28 de xaneiro de 2025

31-1-2025. Venres da EMAO presenta "O liño. Proceso tradicional da elaboración do fío e a tea do liño" [DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS]


 "O liño. Proceso tradicional de elaboración do fío e a tea do liño"

Vídeo e coloquio sobre o proceso do liño, dende a primeira semente ata chegar á tea final. Falaremos dos nosos antepasados, da nosa terra, do traballo do tecido na Galicia do interior e como o tempo xogaba ao noso favor e o ser humano convivía na súa contorna de forma natural, sendo o encaixe parte implicada neste proceso.

Presentado por Marian Núñez (Mestra de Deseño e encaixe de palillos da EMAO)
Data: 31 de xaneiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

30-1-2024. Presentación do libro "Os Baltar. A senda do caciquismo na democracia plena" de Cristina Huete e Primitivo Carbajo [OUTRAS NOVAS]

Xoves, 30 de xaneiro ás 19:00 horas

luns, 27 de xaneiro de 2025

Fotos da conferencia "Proxecto Rendeiras. Parte II" por Ana Castro [VENRES EMAO]

Este venres pasado Ana Castro falounos de cómo a partir da conferencia de María Moreira na EMAO, xurde nela a necesidade de colaborar co proxecto Rendeiras en Cabo Verde. Naquela conferencia organizada pola aula de Moda e Confección, repasamos a traxectoria coma deseñadora de María Moreira e falounos da posta en marcha do proxecto de Rendeiras que xurdiu para colaborar coas mulleres en risco de exclusión en Cabo verde. 

 

 

Ana Castro é Enxeñeira Técnica Agrícola e docente de FP agraria. Fixo a especialidade de pintura na EMAO concluíndo os seus estudos cun proxecto de investigación en tintes naturais e fabricación de papel. Actualmente é alumna de Serigrafía Artística. Ana voltou fai dúas semanas aproximadamente de Cabo Verde e falounos da súa experiencia alí e sobretodo de cómo buscar materias primas autóctonas para desenvolver o proxecto e das posibilidades de futuras colaboracións artísticas.

 Pareceunos moi interesante a utilización das escamas de peixes como posible materia prima. 

venres, 24 de xaneiro de 2025

24-1-2025. Venres da EMAO presenta Proxecto Rendeiras. Parte II por Ana Castro [SERIGRAFÍA E MODA]


 

"Proxecto Rendeiras. Parte II"

Ana Castro falaranos de como a partir da conferencia de María Moreira na EMAO sobre a súa traxectoria e posta en marcha do proxecto Rendeiras, xorde nela a necesidade e compromiso de seguir a colaborar coa comunicadade caboverdiana da Illa de San Vicente. Ana é enxeñeira técnica agrícola e falaranos da súa experiencia no proxecto e nas posibilidades de futuras colaboracións artísticas.

Presentado por Alba Pardo (Mestra de Serigrafía artística)  e Emma G. Pintos (Mestra de Moda e Confección).
Data: 24 de xaneiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 20 ao 24 de Xaneiro [OUTRAS NOVAS]

21-1-2025. Proxección do documental "Anduriña, muller de ida e volta" de Cristina Pascual [ATENEO ATLÁNTICO] 


luns, 13 de xaneiro de 2025

17-1-2025. Venres da EMAO presenta "O bo peixe non cabe na rede" por Pepe Pereira [COIRO]


Hoxe en día Internet e as redes sociais para moitas persoas son todo. Existe a vida fóra das redes? Existe o oficio fóra destes espazos virtuais? Si, existen, pero cun prezo e un risco moi alto, a desaparición e o esquecemento de persoas que coa súa paixón e esforzo mantiveron un oficio e enxalzaron un material para facelo valorado e querido. José, Carmen, Rafael, Garry, Rex... teñen unha traxectoria dun valor incalculable, pero ninguén os coñece, e o seu anonimato dixital está a abocalos ao esquecemento. 

Presentado por Pepe Pereira (Mestre de Artesanía en coiro da EMAO)
Data: 17 de xaneiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

14-1-2025. Presentación do libro "El tiempo es oro: economía política del nanosegundo" por Xosé Carlos Arias [ATENEO ATLÁNTICO]

Martes, 14 de xaneiro ás 19:30 horas

Fotos da conferencia "As pedras preciosas, de principio a fin" por Aridane Hernández [VENRES EMAO]

mércores, 8 de xaneiro de 2025

10-1-2025. Venres da EMAO presenta a conferencia "As pedras preciosas, de principio a fin" por Aridane Hernández [Ourivaría]

 

Aridane Hernández leva toda a súa vida unido ao mundo da xemoloxía, buscando os minerais no seu lugar de orixe para poder comercializar a través da súa empresa "Samsara Gemstones" e así ofrecer o mellor produto, convertendo a súa paixón no seu estilo de vida. Nesta charla falaranos sobre as pedras preciosas, sobre a trazabilidade dende a súa extracción ata o momento en que se empregan para crear unha xoia; tamén nos contará sobre a xente que fai parte deste proceso, como se tallan e os tratamentos que se lles aplican...
En definitiva, unha guía básica de principio a fin que nos dará unha idea clara do sector da xemoloxía que está intrinsecamente unido á ourivaría.


Presentado por Sandra de Jesus (Mestra de Ourivaría da EMAO)
Data: 10 de xaneiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.