luns, 14 de outubro de 2024

18-10-2024. Venres da EMAO presenta "Itinerario, paradas e vivencias" por Miguel Vázquez [BIBLIOTECA]


 "Itinerario, paradas e vivencias"

Miguel Vázquez, que impartiu clases de cerámica na EMAO desde 1986, desenvolveu a súa actividade en tres vertentes, a escultura, a docencia e a cerámica de autor. Baixo o título "Itinerario, paradas e vivencias", Miguel Vázquez constrúe un relato no que tentará establecer as pontes entre a parte docente, a de manipulador e a de activista cerámico, a través das diferentes etapas e vivencias do seu itinerario vital.

Presentado por María Jesús Cuesta (bibliotecaria da EMAO)
Data: 18 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

Ex libris. Policromía. Conferencia de Gladys Muñoz [SERIGRAFÍA]

 Aquí amosamos algunhas imaxes e algún breve vídeo do que foi a charla con Gladys Muñoz sobre o proceso dos Ex libris en policromía:

 

 


15-10-2024. Conferencia "O Tesouro da Toponimia Galega" por Gonzalo Navaza [ATENEO ATLÁNTICO]

 

O martes 15 de outubro ás 19.30 horas, Gonzalo Navaza falará sobre a toponimia galega. O acto será presentado por X. Carlos L. Bernárdez. Organiza o Ateneo Atlántico.

Fotos da Conferencia de Gladys Muñoz sobre os EX-Libris [VENRES EMAO]

 

mércores, 9 de outubro de 2024

Gladys Muñoz e os seus ex libris [SERIGRAFÍA]

Este venres 11 de outubro contaremos coa presenza de Gladys Muñoz na hemeroteca da escola onde organizaremos unha charla informal sobre a técnica dos ex libris. Gladys iniciou os seus estudos na Escola de Belas Artes Rogelio Yrurtia e na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón na que se graduou como profesora de gravado. Estudou técnicas de litografía no Taller Experimental de Gráfica da Habana. Participou en exposicións e bienais de gravado, nacionais e internacionais, individuais e colectivas na disciplina de ex libris. Participou e recibiu premios en competencias e exposicións nacionais e internacionais de gravado entre os que destacan: 

II Salón Internacional de Miniprint, Rosario, Arxentina (2002). 
Concurso Internacional O Espírito de Gdansk Arquitectura, Polonia (2009).
XIV Bienal Internacional de pequeno formato e ex libris, Ostrów, Wielkopolski (2011). 
Terceiro Concurso Internacional de Ex libris Biblioteca Pública de Opole, Polonia (2012).
 Terceiro Concurso Internacional de Ex libris Benedek Elek, Biblioteca de Debrecen, Hungría. 
Quinta Bienal Internacional de Ex libris e Mini-Print, Boguszów-Gorce, Polonia (Primeiro premio por ex libris e premio especial ao conxunto de obras enviadas. Competición Internacional de Ex libris Kosciuszko, Wroclaw, Polonia (2012). Competición Internacional de Ex libris Riešè Gymnasium, Lituania (2013). 
Oitava Competición Internacional de Ex libris Xilográficos Pawel Steller, Katowice, Polonia (2012 e 2013). 
VII Competencia Iberoamericana de Gravado Xylon, Arxentina (2014). Bienal Internacional de Pequeno Formato e Ex libris, Ostrów Wielkopolski (Mencións, 2014 e 2016). 
Bienal Internacional de Ex libris e Contratalla, Tarragona, Catalunya, España (Mencións, 2010, 2011, 2016 e 2017) Concurso Internacional de Ex libris do Quixote, Contratalla, Tarragona, Catalunya, España. (Mención, 2016). 
III Concurso de Ex libris Subotica 2017, Serbia (Mención).
The Forth International Prints & Ex libris, Chang Zhou Wu. (Premio á dedicación e excelencia, 2018).

luns, 7 de outubro de 2024

11-10-2024. Venres da EMAO presenta Ex-Libris por Gladys Muñoz [SERIGRAFÍA]

Gladys Muñoz é unha artista formada en varias escolas de Belas Artes de Arxentina, onde obtivo o título de profesora de gravado. Afondou na técnica litográfica no Taller Experimental da Habana e participou en diversas exposicións internacionais de gravado, con premios e mencións de honra en ex libris. Neste encontro Gladys falaranos do que é un ex libris e amosaranos procesos de elaboración de gravado en relevo e policromía a prancha perdida.

Presentado por Alba Pardo (mestre de Serigrafía artística da EMAO)
Data: 11 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

8-10-2024. Presentación do libro "As 3 vidas e as 4 mortes de Roberto Seoane" de Serafín Parcero [ATENEO ATLÁNTICO]


 

Fotos da Proxección do documental "Na procura do son perdido. A zanfona na transición" [VENRES EMAO]


Resumo en imaxes das outras actividades culturais recentes na EMAO [OUTRAS NOVAS]

 2-10-2024. Conferencia: Que é a Psicanálise? por Sarah Glendinning.


1-10-2024. Homenaxe a María Xosé Porteiro [ATENEO ATLÁNTICO]

 


19-9-2024. Conferencia "Acuicultura e investigación: consumo seguro e sostible do peixe" por María Saura [FORUM IEV]