luns, 25 de novembro de 2024

29-11-2024. Inauguración da exposición Proxectos 2024 no Espazo EMAO [Exposicións EMAO]

 

"Proxectos 2024", representa unha mostra da culminación do proceso formativo do alumnado de distintas especialidades da EMAO, que exhibirá o seu resultado entre os días 29 de novembro de 2024 e 21 de febreiro de 2025 na sala de exposicións da escola, o "Espazo EMAO".

En canto á orixe dos proxectos, no Plan de Estudos da EMAO, aprobado polo Concello de Vigo no ano 2015, implantouse o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a da especialidade. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.

A exposición que se presenta agora recolle o produto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2023-24; en concreto, das especialidades de Pintura, Talla e escultura en madeira, Debuxo artístico, Serigrafía artística, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía en coiro, Moda e confección, Ourivaría, CAIM Zanfona e CAIM Gaita. Nesta edición confírmase a tendencia á alza na cantidade e calidade dos proxectos realizados.

As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixos principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.


FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: Proxectos 2024 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2023-24]

Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)

Datas: do 29 de novembro de 2024 ao 21 de febreiro de 2025

Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas

Comisariado: Emma Pintos, mestra de Moda e confección, e Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, coa colaboración do profesorado de Pintura, Talla e escultura en madeira, Serigrafía artística, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía en coiro, Ourivaría, CAIM Zanfona e CAIM Gaita.

Cartaz: Federico Fernández Alonso

Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2024

Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

26-11-2024. Proxección do documental "Dónde vamos a vivir" de Georgina Cisquella [ATENEO ATLÁNTICO]

Martes 26 de novembro ás 19:00 horas

25-11-2024. SINSALaudio presenta "A Radio da Trincheira" homenaxe a Emilio Alonso [OUTRAS NOVAS]

Luns 25 de novembro ás 19:00 horas


SinsalAudio organiza un faladoiro para recordar o programa musical de radio de finais dos anos 80 “A Trincheira” (RNE Vigo), e ao seu condutor, Emilio Alonso, falecido en 2020, que tivo un destacado papel na difusión do movemento social e cultural en Vigo nesa época, na música e noutras manifestacións como a pintura, o deseño gráfico a moda ou mesmo o compromiso social.
 
Con entrevistas a distintos invitados e actuacións en directo de varios artistas, un programa ao estilo da programación dos 80 do século pasado. Será unha homenaxe á radio da época, testemuña dun espertar social e cultural sen precedentes, no que xogou un papel fundamental a través da combinación do entretemento, a información e a divulgación. 

Entrada libre ata completar aforo.

Fotos da conferencia de Cuqui Piñeiro sobre A técnica da fundición á cera perdida [VENRES EMAO]


Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 18 ao 22 de novembro [OUTRAS NOVAS]

21-11-2024. Conferencia "Que é a área metropolitana de Vigo?" por Xosé Manuel Souto [FORUM IEV]

 

 
20-11-2024. Conferencia "Rosalía de Castro nas gravacións da música galega" por Xaime Estévez [ASOCIACIÓN CULTURAL PERTENZA]


18-11-2024. Presentación do libro "Poesía reunida" de X.L. Méndez Ferrín
 

 

mércores, 20 de novembro de 2024

22-11-2024. Venres da EMAO presenta "Cuqui Piñeiro. A técnica da fundición á cera perdida" [TALLA E ESCULTURA]

 

A fundición á cera perdida é unha técnica moi antiga e de gran complexidade, que permite crear pezas escultóricas en bronce a partir dun modelo previo. Este Venres da EMAO temos a sorte de contar con Cuqui Piñeiro, directora da fundición Arte e Bronce desde 1991, que nos falará de procesos, técnicas e demais curiosidades que xorden nese momento máxico de transformación dun modelo ou maqueta escultórica en arxila nunha peza de metal. Ademais coñeceremos os inicios da fundición, creada polo escultor Xoán Piñeiro en 1968, e que hoxe alberga a Fundación do legado do escultor.

Presenta: Rosa García, mestra de Talla e Escultura da EMAO.
Data: 22 de novembro de 2024
Hora: 19.00h  

Entrada libre ata completar aforo.
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios

luns, 18 de novembro de 2024

18-11-2024. Presentación do libro "Poesía reunida" de X.L. Méndez Ferrín [OUTRAS NOVAS]

Luns 18 de novembro ás 19.30

Anxo Angueira presenta «Poesía reunida» de Xosé Luís Méndez Ferrín, nun acto no que estará acompañado polo lingüísta Xosé Henrique Costas e polo director de Xerais, Fran Alonso.

Fotos do faladoiro "Punto de venda, punto de encontro" [VENRES EMAO]


 

Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 11 ao 15 de novembro [OUTRAS NOVAS]

 14-11-2024. Presentación do disco-libro Fremosas de Barahúnda [ATENEO ATLÁNTICO]


13-11-2024. Festival do Xapón en Vigo 


 

12-11-2024. Presentación do libro "Galicia, un país desnortado e minguante" de Albino Prada [ATENEO ATLÁNTICO] 



11-11-2024. Presentación do libro "Entre a vontade e o destino" de Xosé - Henrique Costas González