8 de novembro 2024 ás 19.00 horas
Carlota Rivas pilota A Balea, un espazo para crear, compartir, experimentar e perder o tempo traballando ca cabeza e coas mans. Situada en Moaña, o que foi unha panadería familiar transformouse nun lugar onde sentirte con seguridade creando. O antigo despacho é agora a sala de exposicións e o forno deixou o pan pola cerámica, a cestería, a pintura a cianotipia, o gravado ou o bordado.
A Balea intenta que o rural teña un lugar para crear.
Data: 8 de novembro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!