venres, 19 de decembro de 2025

Felices Festas!!!

 

A Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios deséxavos unhas felices festas de Nadal e un próspero e venturoso 2026.
Vémonos á volta das vacacións !

xoves, 18 de decembro de 2025

Novos títulos para a Biblioteca da EMAO [BIBLIOTECA]

 


A Biblioteca da EMAO segue incorporando novos títulos  á súa colección moderna, como noutras ocasións tentamos adquirir material bibliográfico para todas as especialidades da Escola. Tamén temos novos títulos para a nosa sección de novela gráfica. Esperamos que resulten do voso interese. Novas adquisicións 

 

 

martes, 9 de decembro de 2025

12-12-2025. Venres da EMAO presenta "Aida e Rosa, cantadeiras de Moscoso" con Luis Prego Fernández [CAIM ZANFONA]



 Luís Prego Fernández (Vigo, 1971). Estudoso e investigador do folclore tradicional galego.

Autor dos libros "Para cantar e bailar" (Ed. do Cumio, 2008), "Xogos musicais" (Ed. do Cumio, 2013) e "Aida e Rosa, cantadeiras de Moscoso" (Autoedición, 2025). Publica tamén numerosos artigos en revistas especializadas. Creador e administrador en redes sociais da páxina "Un punto ao día con Luís Prego", e do grupo de difusión etnográfica "Baile e música de Galiza".
 
Presentado por Xaime Rivas (mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Data: 12 de decembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo


Entrada libre ata completar aforo.

Fotos da conferencia de Eva Tarrío, comisaria de VARCO [VENRES EMAO]

Eva Tarrío e Rosa García

martes, 2 de decembro de 2025

5-12-2025. Venres da EMAO presenta "VARCO" por Eva Tarrío [TALLA E ESCULTURA]

 

VARCO, un espazo expositivo que se consolida en Vigo. 

Eva Tarrío, comisaria de VARCO, contaranos como se organiza un evento cultural como este: Espazos expositivos, comisariado artístico, xestión cultural etc, nunha cidade como Vigo.


Presentado por Rosa García (mestra de Talla e escultura en madeira da EMAO)
Data: 05 de decembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.