18-3-2026. Actuación musical de Alejo Amoedo e Nuria Lorenzo [FORUM IEV]
17-3-2026. Visita do CEIP Manuel Antonio á EMAO
18-3-2026. Actuación musical de Alejo Amoedo e Nuria Lorenzo [FORUM IEV]
17-3-2026. Visita do CEIP Manuel Antonio á EMAO
12-3-2026. Conferencias "As pegadas do son" con Miguel Fernández e Julio Gómez [ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO]
![]() |
| Xoves 12 de marzo desde as 19:00 horas |
4-3-2026. Ciclo de encontros "Tradución en clave feminina: escritoras italianas en España desde o século XIX ata hoxe" [SOCIETÀ DANTE ALIGHIERI DE VIGO]
O 8M como Día Internacional da Muller foi adoptado pola Asemblea Xeral da ONU en 1977, aínda que dous anos antes xa o empezaba a conmemorar. A súa orixe está nas manifestacións das mulleres que reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre mulleres e homes.
Desde os primeiros anos do século XX, mulleres de EEUU e
Europa protagonizaron protestas, manifestacións e encontros que foron a
semente do 8M. Comezou como o Día Nacional da Muller en Estados Unidos
en febreiro de
1909. Ao ano seguinte, na segunda Conferencia Internacional de Mujeres
Traballadoras, celebrada en Copenhague (Dinamarca), a activista polos
dereitos da muller Clara Zetkin pediu que se celebrase un
día internacional da muller para darlle máis voz ás súas demandas de
igualdade de dereitos.
A proposta foi aprobada por unanimidade polas asistentes de 17 países. O
Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez en marzo de
1911, e a data fixouse no 8 de marzo de 1913.
“Todos (todas as persoas) son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei”
(Declaración Universal de Dereitos Humanos, artigo 7).
Ao comezar o segundo cuarto do século XXI, ningún país logrou pechar as brechas legais entre homes e mulleres. Neste momento, en 2026, as mulleres só teñen o 64 % dos dereitos legais que teñen os homes en todo o mundo. Se o progreso continúa ao ritmo actual, tardaranse 286 anos en pechar as brechas de protección legal. O Día Internacional das Mulleres 2026 (IWD 2026), celébrase baixo o lema “Dereitos, xustiza e acción por e para todas as mulleres e nenas”. A conmemoración do Día Internacional das Mulleres por parte das Nacións Unidas terá lugar este ano o 9 de marzo e centrarase na igualdade ante a xustiza, coincidindo deliberadamente coa 70.ª sesión da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller do 9 ao 19 de marzo.
Este ano 2026 no noso país celébrase baixo o lema “Mulleres de alto valor. Non deixaremos que o pasado avance”.
No ámbito que nos ocupa, a arte e os oficios artísticos, continua a
loita das mulleres para alcanzar o lugar que lles corresponde. Neste Día Internacional da Muller
esperamos que todas as mulleres pero especialmente as artistas e as
artesás gocen de maior vantaxe que as súas antecesoras, con menos
obstáculos e máis oportunidades.
Un día como hoxe a nosa Biblioteca quere contribuír a poñer o foco sobre o traballo destas mulleres, para iso facemos unha selección bibliografíca de case todos os títulos existentes no noso fondo moderno especializado, relacionados coa arte realizada por mulleres.
Nesta conferencia, Juan Carlos Román, artista e profesor da Facultade de
Belas Artes de Pontevedra, mostrará outras técnicas e materiais para
facer arte da man dunha xeración de artistas norteamericanos que tiveron
relevancia internacional a finais da década de dous mil e principios do dous mil dez.
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 6 de marzo de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
26-2-2026 ás 12.30. Presentación do Fórum do Instituto de Estudios Vigueses 2026 «Mirar Vigo, mirar por Vigo»