O coiro é un material que non é común que participe en exposicións, e moito menos que poidamos gozar das súas infinitas posibilidades creativas. Dende o ano 2013 o Espazo EMAO é un lugar de achegamento ao coiro. Moitos artesáns e artistas do oficio pasaron pola nosa sala de exposicións transmitindo coas súas pezas sabedoría e coñecemento.
- Ás 18.00h, na Hemeroteca, imos explicar que nos levou a comezar esta actividade e faremos un breve repaso das pasadas edicións, que autores participaron e as súas propostas.
- Ás 19.00h, no Espazo EMAO, faremos unha visita guiada para coñecer de preto a exposición "No(i)roeste. A Reserva Occidental"
Presentado por Pepe
Pereira (mestre de Artesanía en Coiro da EMAO)
Data: 13 de marzo
de 2026
Hora: 18.00h / 19.00h visita guiada á Expo
Lugar: Biblioteca da
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo / Espazo EMAO
Entrada libre
ata completar aforo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!