mércores, 7 de setembro de 2022

Convocatoria de Sorteo e Probas de Acceso para Alumnado de Novo Ingreso no Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Artes e Oficios [ADMINISTRACIÓN]

 

CURSO 2022-2023

CONVOCATORIA DE SORTEO E PROBAS DE ACCESO PARA ALUMNADO DE NOVO
INGRESO NA EMAO

1. Calendario das probas de acceso: todas referidas a setembro de 2022.

  • CAIM (Gaita e Zanfona): día 13, ás 16.00 horas (Aula de CAIM)
  • Artesanía do Coiro: día 14, ás 16.00 horas (Aula dePintura)
  • Talla e escultura en madeira: día 13, ás 16.00 horas (Aula deTalla)
  • Moda e confección: día 14, ás 16.00 horas (Aula deDebuxo)
  • Serigrafía artística: día 13, ás 16.00 horas (Aula deDebuxo)
  • Ourivaría: día 13, ás 16.00 horas (Aula dePintura)

2. Contidos das probas
 
As probas de acceso para as especialidades citadas terán dúas partes. A primeira será un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumprimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A segunda parte será un exercicio práctico co material específico de cada especialidade, no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase conforme aos criterios que para cada especialidade se recollen no Anexo á presente convocatoria.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O aspirante presentarase no horario previamente publicado na web e mais no taboleiro de anuncios da escola (EMAO), segundo a especialidade. Deberá portar o DNI e un bolígrafo. 
Segundo a asistencia, irán facendo a proba entrando por orde alfabética.
 
3. Sorteo para o acceso ás especialidades de Debuxo artístico e de Pintura

Segundo o previsto no Plan de Estudos e no apartado E) da Convocatoria do curso 2022-2023, para o acceso ás especialidades de Debuxo artístico e de Pintura realizarase un sorteo público o día 16 de setembro de 2022, ás 12.00 horas, na Biblioteca da EMAO.  
AFORO LIMITADO a 60 persoas.
4. Normativa contida no Plan de Estudos

“3.2.2.2. Proba de acceso

Esta modalidade de acceso está circunscrita ás especialidades das Áreas de Oficios Artísticos e a de Oficios Artesanais, sempre e cando existan menos prazas ofertadas que solicitantes. Poderán presentarse a esta proba, aquelas persoas que teñan realizado a súa preinscrición na especialidade en cuestión, dentro dos prazos estipulados na Convocatoria anual e que figuren como tal no “listado de solicitantes de novo ingreso.


A proba de acceso comporase, canto menos, de dúas partes:
  • Un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumplimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. Un exercicio práctico co material específico de cada especialidade no que se valorarán conceptos como habilidade, actitude, recursos e creatividade. Nesta proba non se valoraráncoñecementos específicos previos relativos á especialidade.
  • Con cada convocatoria anual publicaranse, para cada especialidade, os criterios de valoración e a súa ponderación na valoración final. Trala realización da proba de acceso, unha comisión formada polo mestre/a da especialidade, o director/a, o xefe/a de estudos e outro/a mestre/a dunha especialidade da mesma área, seleccionará os alumnos/as que cubrirán as prazas ofertadas, establecendo, seguidamente, unha lista de reserva ordeada de maior a menor valoración, para o caso de existiren baixas entre os/as seleccionados/as”.
Máis información: Convocatoria pdf.

2 comentarios:

  1. Buenas tardes, ¿Cuándo publicarán el listado final de admitidos para Debuxo artístico y Pintura?

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!