FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
ALUMNADO DE NOVO INGRESO NA EMAO CURSO 2022-23
1. As
persoas incluídas nos listados cos resultados do sorteo e das probas de
acceso deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade
Administrativa da EMAO a seguinte documentación:
- Ficha cumprimentada (Recóllese e entrega na Unidade Administrativa da EMAO).
- Fotocopia simple do seu DNI.
- DATAS E HORARIO DE MATRÍCULA: do 27 ao 29 de setembro (de 10 a 13 h. e de 16 a 20 ) o 30 de setembro (de 10 a 13 h)
2. De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.
3. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2022-2023. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade.
4. A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.
Toda a información en: Curso 2022-2023
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!