martes, 13 de setembro de 2022

Kurt Schwitters Space, Image, Exile. Autora: Megan R. Luke [BIBLIOGRAFÍA]

Kurt Schwitters Space, Image, Exile.
AUTORA:
Megan R. Luke.
EDITORIAL:
The University of Chicago Press.
O artista alemán Kurt Schwitters (1887–1948) é mellor coñecido polo seu traballo pioneiro na fusión da colaxe e a abstracción, as dúas innovacións máis transformadoras da arte do século XX.

AUTORA: 

Megan R. Luke é profesora asociada de historia da arte na Universidade do Sur de California.

A autora conta a fascinante e mesmo conmovedora historia do traballo producido polo artista illado e envellecido baixo o réxime nazi e durante os seus anos no exilio.

Combinando material biográfico novo con investigación de arquivo, Luke examina os experimentos de Schwitters na configuración do espazo e o desenvolvemento do seu Merzbau, describindo os seus estudos desordenados en Escandinavia e o Reino Unido, pero tamén as pezas máis pequenas e intimas que creou alí.

ARTISTA: 
Kurt Schwitters, está considerado o pai da arte da instalación, Schwitters tamén foi un teórico, un dadaísta e un escritor cuxa influencia se estende desde Robert Rauschenberg e Eva Hesse ata Thomas Hirschhorn.

As súas obras e os seus estudos de traballo, defenden a enorme relevancia das preocupacións estéticas de Schwitters para os artistas contemporáneos, argumentando que o seu traballo proporciona unha guía para novas narrativas sobre o modernismo nas artes visuais.

Estas pezas, naceron do intercambio artístico e moldeadas pola súa vida desarraigada despois do exilio e ofrecen unha nova forma de pensar a historia da arte que privilexia a itinerancia sobre a identidade e o poder crítico (con dimensión case humorística) sobre a comunicación unívoca.

Repleto de imaxes de Kurt Schwitters, que completa a narrativa dun artista que segue tendo unha forza considerable na actualidade.

EDITORIAL:
Dende as súas orixes en 1890 como unha das tres divisións principais da Universidade de Chicago.
A editorial asumiu como a súa misión a obrigación de difundir o coñecemento ao máis alto nivel e publicar obras que fomenten a comprensión do público, proporcionen unha base autorizada para a información, dialogar e enriquecer a diversidade da vida cultural. 

As súas publicacións abordan activamente temas de debates actuais e están escritas por autores que son os principais expertos nos seus campos.

A través dos seus libros e revistas, buscan non só promover a conversación académica dentro e entre as disciplinas tradicionais, senón tamén, axudar a definir novas áreas de coñecemento.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!