Kurt Schwitters
Alemaña,1887–1948.
Alemaña,1887–1948.
O artista alemán Kurt Schwitters foi un dos principais protagonistas do movemento Dadá (movemento cultural e artístico creado co fin de contrariar as artes, que xurdiu en 1916 (Zúric), unha característica fundamental do dadaísmo é a súa oposición ao concepto de razón instaurado polo positivismo racional.
Construíu as súas primeiras colaxes e assemblages con materiais de refugallo.
A palabra Kommerz, que utilizara nun das súas colaxes, serviu para nomear o seu procedemento de traballo, reducíndoo a: Merz, que se convertería en sinónimo da nova arte multidisciplinar que realizaría a partir de entón, libre das convencións artísticas tradicionais e que daría nome aos seus poemas, a súa revista, o seu teatro e as súas construcións esculto-arquitectónicas (Merzbau).
El mesmo definiría este proceso artístico como consecuencia do momento histórico en que lle tocaba vivir: «A Gran Guerra terminou, en certo xeito o mundo está en ruínas, así pois, recollo os seus fragmentos, constrúo unha nova realidade».
Apuntaba cara ao irracional porque nada concreto debía designar e foi descuberta por azar, Schwitters explicaba que a arte é un concepto primordial, sublime como a divinidade, inexplicable como a vida, indefinible e gratuíto.
Como demostran as colaxes de Schwitters feitos con papel, madeira, tea, latón, arame e arpillera, os materiais utilizados na arte teñen pouca importancia. Indo máis aló dos cubistas e as súas colaxes, descubriu a poesía oculta do trivial, dos obxectos cotiáns rexeitados, cuestionando radicalmente os valores tradicionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!