martes, 25 de novembro de 2025

28-11-2025. Venres da EMAO presenta "Cerámica AICA" [CERÁMICA]

 

Ricardo García Fernández é fillo, neto e bisneto de alfareiros. Aprendeu a tornear dende que era un neno, e leva media vida transmitindo o oficio herdado.

Ven aos "Venres da EMAO" para compartir a historia de AICA, que é a historia da súa familia. Orixinaria de Niñodaguia, emigrou a Cuba onde fundou unha empresa cerámica que chegou a ter 14 empregados, e máis tarde retornou a Galicia para instalarse en Mos.

Unha historia de tradición, cerámica, emigración e superación.

Presentado por Esther Quintas (mestra de Cerámica da EMAO)
Data: 28 de novembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

luns, 24 de novembro de 2025

Fotos da inauguración da exposición "Proxectos 2025" no Espazo EMAO

 


Resumo en fotos das outras actividades culturais da segunda metade do mes de novembro na hemeroteca [OUTRAS NOVAS]

 20-11-2025. Presentación do libro "As ninguén" de Elisabeth Oliveira


 

19-11-2025. Presentación do libro "Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego" de Xesús Alonso Montero 


 

18-11-2025. Presentación do poemario "Cenizas de cristal" de Victoria Abreu


 

13-11-2025. Conferencia "Rehacer el Renacimiento en el siglo XXI"


 

venres, 21 de novembro de 2025

ROSA REY. Proxecto Debuxo

O proxecto quere ilustrar a infancia da autora a través de debuxos dos lugares onde pasou a infancia na casa dos seus avós. Dese xeito reivindica tanto o lugar dourado da súa vida, como os lugares onde os viviu, como unha guía de viaxe de vida, nuns momentos concretos da súa infancia en paralelo a lugares fermosos dese lugar de Galiza, unha igrexa románica, unha ferbenza, unha ponte romana.

LIBRETA