Adrián Méndez, músico, investigador e
docente vencellado á cultura popular galega, gaiteiro e zanfonista en
De Ninghures e coordinador da Foliada da Fonsagrada, presenta "O violín
que trae o vento", un libro que recupera a figura de Modesta Fernández
López, a cega de Noceda, violinista da Fonsagrada e voz singular da
música tradicional. A través da memoria de quen a coñeceu, a obra
reconstrúe a súa vida e o seu xeito de sentir e interpretar a música,
complementándose con gravacións que traen ao presente o seu legado.
Coa participación do dúa Pärbo, Marina Carpente e Matría Jorge
Presentado por Begoña Riobó (técnica do Departamento de Música Tradicional da EMAO)
Data: 30 de xaneiro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
venres, 30 de xaneiro de 2026
30-1-2026. Venres da EMAO presenta o libro "O violín que trae o vento" por Adrián Méndez [DEPARTAMENTO DE MÚSICA TRADICIONAL]
mércores, 28 de xaneiro de 2026
luns, 26 de xaneiro de 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
23-1-2026. Venres da EMAO presenta a proxección do documental "A Gaita Galega II" [CAIM GAITA]
"A gaita galega II"
Esta segunda parte abrangue dende os anos 40 do século pasado ata o fin da ditadura. Tempos escuros de represión das identidades culturais.
O desprazamento dos gaiteiros das festas populares. Os grupos icónicos que foron quen de manter a gaita a pesar dos atrancos: Os Morenos, Os Campaneiros, Os Montes, Irmáns Portela, Os Rosales, Airiños do Parque de Castrelos, etc.
Presentado por Carlos Corral (mestre de Construción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Gaita da EMAO)
Data: 23 de xaneiro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
mércores, 21 de xaneiro de 2026
Ultimos días para visitar no Espazo EMAO a exposición Proxectos 2025 [ESPAZO EMAO]
"Proxectos 2025", representa unha mostra da culminación do proceso formativo do alumnado de distintas especialidades da EMAO, que se pode visitar ata o 23 de xaneiro de 2026 na sala de exposicións da escola, o "Espazo EMAO".
FICHA DA EXPOSICIÓN
luns, 19 de xaneiro de 2026
luns, 12 de xaneiro de 2026
16-1-2026. Venres da EMAO presenta a Rodrigo Riveiro, arte no refugallo [OURIVARÍA]
O ourive Rodrigo Riveiro, artífice da marca de xoiería "Ferraxes de prata", Premio Artesanía de Galicia en 2017 e Premio Antonio Fraguas en
2020, destaca pola creación de pezas únicas a partir de materiais de
refugallo.
Nesta conferencia contaranos como foron os seus inicios
antes de ser xoieiro, como comezou co seu obradoiro e tamén como é o
proceso de creación das súas xoias, centrándose na colección Louza, que
realiza reciclando louza e cerámica rota ou estragada, creando con prata
o engarce que a xungue nun proceso totalmente artesanal.
Presentado por Sandra de Jesus (mestra de Ourivaría da EMAO)
Data: 16 de xaneiro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
Inauguración da exposición "Rosa García: relatos do habitado" no Museo de Gravado de Artes [NOVAS NOVAS]
Parabéns á nosa mestra de talla e escultura en madeira que inagurou o pasado sábado a súa exposición no Museo de Gravado de Artes en Ribeira, Rosa García: relatos do habitado.
A continuación tedes unha breve reseña da exposición que fai o director do Museo do Gravado, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría:
A artista Rosa García fainos reflexionar, coa súa exposición, sobre o espazo, que se converte en lugar pola mirada humana, por habitalo, deshabitalo e tamén cohabitalo. As tres series da mostra fannos enfrontarnos nun primeiro momento en Impares ás outras formas de habitar un espazo dende as diásporas sociais, o aniñamento que nos protexe, que nos permite habitar o deshabitado, conservar a memoria, enraizarnos. Facer un refuxio da nada, lograr un construto para a pertenza.
A serie Domus Domina fainos pensar na profunda relación entre a muller e a casa, nun diálogo entre o corpo e o espazo, no que a muller ordena, reescribir o íntimo e procura asentar a intimidade. A casa como icona, do compartir, da espera, da responsabilidade.
Canto a Bosques e Mareas lévanos á reflexión sobre a memoria, sobre o tempo, sobre a inestabilidade e sobre o espazo convertido en paisaxe que constrúe un territorio e a memoria vai modelando no seu movemento, desacordar e lembrar. As mareas son ese perpetuo movemento, o construír e deconstruír, un lugar de memoria e de esquecemento.
Gran orixinalidade formal e conceptual a desta exposición de Rosa García, que nos leva dende as imaxes á reflexión profunda, a resituarnos ante o espazo, a pensar nos lugares que habitamos, á memoria e ao refuxio, mais tamén ás veces ao desacougo, á indeterminación e nos abre novas perspectivas de pensamento.
Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (Director Museo do Gravado).

















