mércores, 13 de xaneiro de 2021

I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado [OUTRAS NOVAS]



O Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia,convoca I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Poderán optar ao premio todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia.

Poderán concorrer ao premio tanto unha soa persoa autora da parte textual e da gráfica coma dúas ou máis persoas coautoras da parte textual e/ou gráfica.

As obras serán presentadas co texto en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 25 de febreiro. 

Máis información aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!