luns, 25 de xaneiro de 2021

Día da Ilustración 2021 [BIBLIOTECA]

Cartel do ilustrador Manuel Cráneo

 

O Día da Ilustración deste ano 2021 celébrarase o vindeiro sábado 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Este ano estará dedicado por primeira vez a unha muller ilustradora, Lolita Díaz Baliño. 

A iniciativa, en marcha desde 2014, pretende "promover a obra dos ilustradores galegos de hoxe en día, así como reivindicar o traballo de profesionais clásicos, en moitas ocasións pioneiros", para o que se conmemora en cada edición a un ilustrador histórico galego. A homenaxeada este ano é a ilustradora, pintora e docente, Lolita Díaz Baliño, tía do intelectual galego Isaac Díaz Pardo. Unha artista pioneira que foi unha das primeiras mulleres en ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes, en 1938.

 Para entender o traballo da ilustradora, e co obxectivo de dar a coñecer a ilustradores galegos actuais, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (Agpi) pediulle a catro artistas galegas, Lida Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero, que "ilustren" aqueles aspectos "que fosen inspiradores para elas" de Díaz Baliño. Estes traballos, así como os catro vídeos que documentan o proceso de creación destas ilustracións, pódense ver na páxina web oficial do Día da Ilustración 2021. Tamén está dispoñible un vídeo explicativo sobre a obra da homenaxeada desta edición, o programa completo coas actividades que se celebrarán ao longo desta semana e o cartel conmemorativo.

Será na rede de bibliotecas públicas e nas escolas de belas artes onde se desenvolvan gran parte das actividades do Día dá Ilustración, algunhas das cales se poderán seguir a través da páxina web oficial. Entre elas, a exposición na Biblioteca de Galicia "Lolita Díaz Baliño. A discreción imposta dunha grande artista", que se inaugurará o 30 de xaneiro e na que se poderán ver parte dos fondos propios da biblioteca, así como outros cedidos temporalmente pola fundación Isaac Díaz Pardo.

2 comentarios:

  1. Anímovos a que entredes na Web da agpi e vexades as actividades que se ofrecen para o sábado, se ven poden estar condicionadas pola novas restriccións, e son en Santiago, poderán seguirse pola web. Se fixeron varias entrevistas ás ilustradoras que este ano tocoulles homenaxear a Lolita Díaz "A ilustradora dos soños", contando a súa experiencia no proxecto.

    ResponderEliminar
  2. Que chulo quedó el cartel!!! Gracias por la info

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!