Como a nosa fantástica bibliotecaria nunha entrada neste blog xa se fixo eco do día da ilustración, que é este sábado, e que este ano homenaxea a ilustradora Lolita Díaz Baliño, eu continuo ca temática aportando unha entrevista de hai varios días. O domingo 24 o programa UTOPÍAS de Rne3 tratou este tema co título "O mundo da Ilustración". Os invitados ao programa estableceron entre eles un diálogo ao redor do mundo creativo da ilustración, reflexionando sobre o momento actual polo que pasa esta disciplina artística e comentando as súas experiencias profesionais. Os catro invitados son ben coñecidos neste eido e as súas carreiras profesionáis moi admirables:
VÍCTOR COYOTE (Tui 1958)
O que fora lider do grupo "Los Coyotes" e pioneiro do rock latino en España é un magnífico ilustrador. Desde o meu punto de vista é un dos mellores cartelistas deste país. Tiven a sorte de coñecelo e expoñer a súa obra en Vigo, "Gira de Posters" no ano 2013. Tamén presentou en Vigo o libro "tío Budo" editado pola editorial de Logroño Fulgecio Pimentel, unha editora que está sacando ao mercado verdadeiras xoias como Hechizo Total, de Simon Hanselmann, o Terry, una antoloxía de historietas imprescindible. Víctor Coyote Abundancia Aparicio é un artista total, músico, pintor, debuxante de BD, escritor, realizador de videoclips e tamén actor... ademáis dun tipo xenial.
2011. Marzo galego |
SONIA PULIDO (Barcelona 1973)
Ilustración para NY Times |
Os Ramones de Argëlles |
Despois desta pequena presentación deixo o enlace do programa de RNE3, Utopías, e un pequeno guiño ao gran Víctor con un dos seus "Ruido bajito" que fixera no Festival de Cans. Espero que disfrutedes deste xeito radiofónico e musical un pouco máis do día da Ilustración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!