xoves, 28 de xaneiro de 2021

Antonina Kadyrova: Que Fermoso É Este Mundo! [BIBLIOTECA]


Hoxe subimos ao noso blog a curtametraxe Que fermoso é este mundo! que é a carta de presentación da nosa antiga alumna de artesanía do coiro Antonina Kadyrova, artesá rusa arraigada en España. Hai uns meses gravou este vídeo de presentación, e tamén de homenaxe á Escola onde recibiu a formación necesaria para o desenvolvemento da súa creatividade. O traballo de Antonina caracterízase por ter un estilo moi persoal que fusiona a artesanía de coiro tradicional e a pintura rusa chamada Jojlomá do século XVII.

1 comentario:

  1. Que fermosura de deseños! Antonina é unha muller de grande talento potenciado polos mestres da EMAO!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!