luns, 11 de xaneiro de 2021

Xa temos Kartoffel [DEBUXO]

 O pasado ano por estas datas presentamos na EMAO o proxecto de crowdfunding dos irmáns Trigo realizado a través da plataforma de Verkami. Tratábase de Kartoffell, unha historia narrada en formato de novela gráfica, segunda parte daquela que no 2015 levara o premio Castelao pola Deputación da Coruña e que fora editada pola mesma. Entonces o título era Lobada. As dúas historias parten na seguinte pregunta.. ¿Qué pasaba no Vigo dos anos 40, en plena  Segunda Guerra Mundial, cando o porto era base dos submarinos alemáns?. Como dous detectives, os autores, comenzan a atar cabos e a montar un puzzle  logo de 75 anos que se materializa nesta historia.

O proxecto de Xosé e Ramón saiu adiante grazas a colaboración de moita xente que admiramos o traballo destes dous irmáns, e o libro xa ten formato físico desde o mes de decembro. A idea era presentar novamente este traballo na EMAO, pero os protocolos covid19 complican este tipo de presentacións polo que o deixaremos para máis adiante. Polo pronto Ramón montou no Nadal unha pequena exposición no Espazo A Madriña que é onde se poden recoller os exemplares dos colaboradores do proxecto. Para os que non colaboraron no crowdfunding, o libro pódese mercar en varias librerías de Vigo, como Versus, Librouro, Norma Cómics e Banda Deseñada.




EXPOSICIÓN

Eu o xoves pasado estiven na exposición e recollín o meu exemplar, adicado por suposto. Alí, no espazo a Madriña, Ramón puxo orixinais das viñetas, obxetos e fotografías que funcionan como documentos reais da historia que se conta . Todas as viñetas son en branco e negro e están relizadas en tintas, carbón e lápis, misturando estes materiais dun xeito moi expresivo, salientando as luces e as sombras ca mancha e utilizando o xesto ca liña, conseguindo composicións moi dinámicas e expresivas.  Ese é o estilo que o caracteriza, imaxes que definen pouco as formas, como se sobre elas houbera unha espesa néboa  que deixan ao lector intelixente un espazo para o regocixo e a interpretación, de xeito que este faga a súa labor de completar a imaxen, visualizando o que a néboa non deixa ver.



Exposición na Madriña

Tropas da Lexión Cóndor en Vigo. Documento

LIBRO

O libro é un formato 19 x 26 cm en tapa branda. Narra a historia en forma de novela gráfica  aportando fotografias da época que relata a modo de proba. Documenta deste xeito a presenza de tropas e mandos alemáns naquel Vigo de posguerra Civil e fervor fascista. Un Vigo que era base portuaria para os temidos U-Boot alemáns, os lobos do Atlántico no 1941, de ahí o título da obra anterior e o subtitulo desta " Lobada". Aquel era un Vigo que polas súas rúas circulaban extranos personaxes, espías de ámbolos bandos da contenda que practicaban a guerra subterfuxia. 



Eu ainda non  lin o libro, porque os Reis Magos foron xenerosos e ainda teño uns cantos títulos agardando a súa lectura, pero seguro que o disfrutarei moito cando toque. Os irmáns Trigo xa teñen varios títulos publicados en colaboración conxunta. Para quen non os coñeza deixo as referencias dos libros publicados:

-Ricardo Mella. O home novo. Ed. Libereco. 2018

-Lobada. Deputación da Coruña. 2015

-O burato do inferno. Ed. Kalandraka. 2010


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!