venres, 22 de xaneiro de 2021

O antigo cárcere [DEBUXO]

Un dos exercicios que estamos a realizar no abraoiro de Debuxo e que nos vai servir como preparación e entrenamento da man e do ollo, para que posteriormente, cando teñamos mellor tempo,  sair a rúa a debuxar in situ, é o seguinte:

Realizar o alzado de fachadas de edificios emblemáticos de Vigo a partir de fotografías históricas e planos dos alzados que se proxectaran no seu momento. A Biblioteca da EMAO conta con unha chea de libros que documentan o Vigo histórico, tanto o que se perdeu como o que permanece. Eses libros son uns documentos maravillosos que nos permiten a través das súas imaxes realizar esta tarefa.

Estamos exercitando o trazo e a proporción, collendo esas imaxes, estudandoas, coñecendo a arquitectura do Vigo histórico, dos arquitectos que o representan e o seu legado. Un deses edificios cos que estivemos a traballar é o actual MARCO, onde se situaba o antigo cárcere.


O proxecto do edificio pertence ao arquitecto Jose María Ortiz y Sánchez, o mesmo arquitecto que construiu a Casa Galega da Cultura.  O proxecto que inicialmente ía ser un cárcere convertiuse nun pazo de xustiza con xulgados, prisión e albergue para gardas. A súa construcción rematouse en 1880 e situouse na actual rúa do Príncipe.  Como dato dicir que esta rúa foi a primeira urbanizada fora do recinto amurallado da cidade e empezou a construirse no 1840.

Nese mesmo ano, 1840, Taboada Leal sinalaba na "Descripción topográfica-histórica da cidade de Vigo" a carencia dun cárcere público que fora seguro e saúbre. O cárcere antigo estaba situado perto do mirador da Pedra e era un vello e lúgubre edificio poco saúbre e con malas condicións. Pero houbo que agardar 20 anos  ata que o ministerio  aprobara a construcción dun novo edificio con esa finalidade e outros 20 para rematar a construcción.

O edificio  ten planta hexagonal irregular con un corpo central rectangular  e con tres naves radiales que parten dun corpo central circular e outros corpos laterais que pechan e completan os outros cinco lados. Esta disposición radial foi utilizada por primeira vez no século XVIII na Maison de Force, buscando a vixianza como factor principal da construcción.


Este foi un dos primeiros edificios que debuxamos a partir dunha fotografía en branco e negro extraída do libro "Vigo, la ciudad que se perdió" . A finalidade é facer estudos na práctica da proporción e do trazo con lápis. Posteriormete este traballo rematouse en tinta co fin de dominar a augada sobre este tipo motivos xeometricos. O resultados do alumnado dos grupos de Básico e Iniciación foron en xeral moi notables.

O edificio estivo a piques de ser derribado nos anos 80 para construir unha praza arbolada. Grazas o rexeitamento desta proposta de arquitectos como Alvaro Siza finalmente o proxecto non se levou a término e no ano 1990 declarouse Edificio de Interés Cultural, polo que o fantasma do derribo esvaeceuse. O edificio de titularidade municipal está destinado actualmente e desde o ano 2002 a ser o continente do Museo de Arte Contemporáneo, MARCO, formando parte da rede española de museos.

Agardamos algún día que este alumnado que temos na EMAO poda tamén encher de contidos artísticos este flamante espazo. Mentres seguiremos practicando. Aquí deixo algúns exemplos dos traballos realizados.



1 comentario:

  1. Que guapas os han quedado, los tonos de la acuarela están genial!!! Gracias por compartir!!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!