Este xullo os obradoiros de CAIM Gaita e Ourivaría
unímonos para realizar o monográfico de "Técnicas de torneado aplicadas a Ourivaría".
 |
Pezas feitas por Rubi Frank Soria neste monográfico |
 |
Alumnado traballando no taller de Ourivaría |
Este monográfico xurdiu dun exercicio que realizamos na especialidade de ourivaría durante os primeiros meses de curso para aprender a limar e coller soltura cos limatóns.
Este traballo manual pode realizarse en parte de maneira mecanizada empregando o torno,
así que decidimos que poderíamos aplicar os procedementos que empregan en Gaita e a súa maquinaria para aplicalo aos exercicios propostos.
 |
Explicación práctica de Carlos Corral ao alumnado deste monográfico |
Para complicar un pouco máis a cousa e conseguir unhas pezas atractivas engadimos aos exercicios o engaste en tubo, e o resultado foi excelente, pois en 36 horas que durou o curso, os alumnos a maioría sen coñecementos previos realizaron tres pezas acabadas e como mínimo un engaste.
O monográfico formulouse da seguinte maneira:
- Exercicios obrigatorios para aprender as técnicas básicas:
- Limado básico de un tramo de 10cm de barra de latón a man practicando diferentes figuras libres.
- Limado básico de un tramos de 10cm de barra de latón no torno practicando diferentes figuras libres.
- Construción de un pincho para o cabelo: limado a man e co torno mais engaste en tubo no extremo superior para unha circonita talla brillante de 3mm de diámetro.
- Construción de unha pulseira tipo torque: limado a man en curvo, coa posibilidade de engadir tubo para engastar circonitas talla brillante de 5mm de diámetro ou de 3mm de diámetro.
- Exercicio obrigatorio combinando limado a man e co torno, a escoller entre:
Con estes exercicios o alumno ideou a súa peza partindo do seu deseño propio e aplicando na súa construción as técnicas aprendidas: limado a man, limado co torno, conformado, soldado, esmerilado, pulido e brillado e engastado.
- Deseño e construción de un broche con engaste en tubo
- Deseño e construción de un centro de colar con engaste en tubo
 |
Pezas de Mª Aurea Paz |
 |
Pezas de Jose Manuel Cerdeira
|
 |
Pezas de Luis Cerrada
|
 |
Pezas de María Crespo |
 |
Pezas de Trinidad Vila
|
 |
Pezas de Iria Lojo |
Faltan as imaxes da pezas de Mª Amelia pero xa as engadiremos ;DDD
En Setembro exporemos todos estes traballos na entrada principal da Escola para que os poidades ver de cerca.
E por último dar os nosos parabéns dende o obradoiro de CAIM Gaita e de Ourivaría aos alumnos participantes, polo moito que traballaron en tan pouco tempo e polo marabilloso resultado
que acadaron ;DDD
E con todo isto FELIZ VERÁN a todos e vémonos ao regreso en Setembro
Grazas por visitarnos ;DDD