Foto de Sonia Daponte en Vigo-e |
Recomendamos o artigo que publica o xornal dixital VIGO-e sobre a nosa Escola no que se repasa desde o seu significado histórico para a cidade de Vigo á súa situación actual. Fai incapé no impulso a nivel de popularidade que supuxo a publicación no 2019 da novela de Domingo Villar, O último barco, que situou gran parte da súa trama nos espazos desta centenaria Escola.
Resalta a importancia da nosa biblioteca que na actualidade desenvolve unha dobre función por unha banda, a conservación de todo o seu patrimonio histórico e por outra, a a consolidación dunha biblioteca moderna especializada no ensino das artes e dos oficios tradicionais e artísticos.
O artigo acompáñase dunha variada selección de fotos das diferentes aulas e talleres e da Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!