As Residencias artísticas do Gaiás - REGA lanzan a súa convocatoria de 2022 na procura de proxectos culturais vencellados a algunha das seguintes categorías: artes visuais, artes escénicas, artes musicais e deseño. Os creadores e creadoras seleccionadas recibirán unha bolsa dotada con 8.000 euros para materializar as súas propostas e realizarán unha residencia de entre tres semanas e mes e medio na Cidade da Cultura. O Gaiás pon así á disposición dos e das artistas os seus espazos, recursos e equipos técnicos para que desenvolvan proxectos, consolidándose como viveiro e motor creativo.
Serán seleccionados como máximo catro proxectos, un deles por cada unha das áreas, e a convocatoria valorará positivamente a ligazón con outras disciplinas non recollidas nas bases, tendo en conta o carácter híbrido da cultura actual.
As residencias deberán desenvolverse entre os meses de setembro e decembro de 2022.
O resultado das mesmas poderá ter unha vertente de investigación, unha
dimensión práctica ou mixta, e os proxectos poderán formar parte do
programa cultural da Cidade da Cultura de Galicia. Máis información...
Prazo aberto do 7 Xul ao 8 Ago 2022.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!