luns, 10 de xuño de 2024

Monográfico de verán "UN CHARRASCO divino e espirituoso" de [CAIM ZANFONA] e [OURIVARÍA]

Este mes de Xullo, do día 8 ata o día 18,  impartiremos un monografico conxunto as especialidade de CAIM Zanfona e Ourivaría. 

A proposta é construir un charrasco, instrumento de tradicional de percusión


A súa construción farase coas técnicas básicas da carpintería do traballo no banco, isto realizarase no obradoiro de Zanfona; e no taller de Ourivaría daremos forma as ferriñas a partir de chapas de cerveza e a maiores crearemos os elementos decorativos como as chinchetas e os adornos que faremos cortando, calando e conformando latón, así que tamén traballaremos as técnicas básicas do noso oficio. 

É a oportunidade perfecta para coñecer o traballo nestes dous obradoiros e dar os primeiros pasos nestas artes, xa que non pedimos ter coñecementos previos. 

So hai que vir preparado para aprender e disfrutar do traballo ;D

A seguir deixovos toda a información respecto aos contidos do curso e de como facer a inscripción: 

“UN CHARRASCO DIVINO E ESPIRITUOSO”

Impartido por Sandra de Jesús e Xaime Rivas, mestres das especialidades de OURIVARÍA e CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- Zanfona, da EMAO

Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos de ningunha das materias.

Datas: do 8 ao 18 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas. Duración: 36 horas

Obxectivo: Construción dun Charrasco, instrumento tradicional galego, aplicando as técnicas básicas da carpintería e complementando con traballos de reciclaxe (convertindo chapas de cervexa em ferreñas) e de elaboración de elementos decorativos con latón.

Programa:
Obxectivos:
Construír, decorar e rematar un instrumento tradicional galego, o Charrasco. Transformar uns materiais de reciclaxe como son as chapas das cervexas en ferreñas para o Charrasco.
Aprender e aplicar as técnicas básicas de carpintaría para o traballo no banco, con ferramentas como o serrón, a trencha, a trade columna, lixa , etc, para a construción do instrumento.
Aprender e aplicar as técnicas básicas da Ourivaría para o traballo en metal, corte, conformado, soldado, esmerilado, pulido e brillado, etc, para realizar as pezas decorativas e dar forma ás ferreñas.
Contidos:
Desenvolvemento e construción do modelo de Charrasco dado.
Aplicación das técnicas de marcado, corte, encaixe a media madeira, pulido, etc precisas para o traballo coa madeira.
Aplicación de conformado das ferreñas, corte e calado para os motivos decorativos en metal, soldado de espigos para a súa montaxe e técnicas de acabado e pulido do metal.
Montaxe final do instrumento, ferreñas e motivos decorativos en metal e tecido.

Material a aportar polo alumnado: 3 listóns de madeira (de 1700x30x30mm, 1400x30x25mm e 800x30x30mm) de madeira dura ou semidura (piñeiro galego, faia, carballo ou freixo). Tamén precisará de outros materiais adicionais coma cable, puntas, tapóns e cintas de tecido, para rematar o instrumento. Comunicaráselle ao alumnado onde poden conseguir os materiais requiridos (custo estimado: 5€ + custo dos listóns que dependerá do tipo de madeira que se escolla).

Alumnado máximo: 12


CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS


Duración dos cursos: 36 horas 
Datas: Entre o 8 e o 18 de xullo de 2024. Horario de mañá 
Lugar: Aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
Prazas limitadas: Ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica

Inscrición: Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico, no prazo indicado a continuación, a emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles): 
  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante
  • DNI
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.

Admisión de solicitudes:
  • Non poderán inscribirse as persoas matriculadas na EMAO no curso 2023-2024.
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
  • A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00:00h do 17 de xuño, ata as 24:00h do 21 de xuño de 2024. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
  • A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva. 

 

Non volo perdades será o instrumento do verán para amenizar tódalas festas!!!!!! ;DDDD


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!