venres, 21 de novembro de 2025
ROSA REY. Proxecto Debuxo
mércores, 19 de novembro de 2025
luns, 17 de novembro de 2025
21-11-2025. Inauguración da exposición "Proxectos 2025" [ESPAZO EMAO]
"Proxectos 2025", representa unha mostra da culminación do proceso formativo do
alumnado de distintas especialidades da EMAO, que exhibirá o seu
resultado entre os días 21 de novembro de 2025 e 23 de xaneiro de 2026
na sala de exposicións da escola, o "Espazo EMAO".
En canto á
orixe dos proxectos, no Plan de Estudos da EMAO, aprobado polo Concello
de Vigo no ano 2015, implantouse o nivel educativo Avanzado, co que se
rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o
currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a
completar a formación técnica e artística do
alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun
proxecto titorizado polo/a mestre/a da especialidade. Este proxecto pode
orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á
ampliación de coñecementos.
A exposición que se presenta agora recolle o produto final dos proxectos individuais do
alumnado deste nivel seleccionados no curso 2024-25; en concreto, das
especialidades de Pintura, Talla e escultura en madeira, Debuxo
artístico, Serigrafía artística, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía
en coiro, Moda e confección, Ourivaría, CAIM Zanfona e CAIM Gaita.
Nesta edición consolídase tamén a alta calidade dos proxectos
realizados.
As obras que se exhiben son a plasmación material dun
ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e
fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixos principais sobre os
que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia
técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.
FICHA DA EXPOSICIÓN
xoves, 13 de novembro de 2025
14-11-2025. Venres da EMAO presenta a Villalobos [PINTURA]
Ao longo da súa traxectoria, Villalobos desenvolveu unha linguaxe visual
propia, na que conflúen a tradición e a experimentación, a memoria e a
contemporaneidade. A súa obra invítanos a reflexionar sobre a
identidade, o territorio e as emocións humanas a través das formas,
cores e materiais que dialogan entre si cunha forza poética
inconfundible.
Nesta conferencia adentrarémonos no seu proceso
creativo, nas súas principais influencias e a evolución da súa proposta
artística, co propósito de comprender mellor como Villalobos conseguiu
construír un espazo singular dentro do panorama da arte actual.
Presentado por Darío A. Basso (mestre de Pintura da EMAO)
Data: 14 de novembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
mércores, 12 de novembro de 2025
"Mellores candidaturas Avanzado 25-26" [ADMINISTRACIÓN]
A proposta da Comisión de Valoración de Proxectos a esta convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2025-2026, unha escolma dos proxectos máis sobranceiros dos presentados estarán expostos ata o 16 de xaneiro de 2026 nas vitrinas do corredor, tamén como exemplo e referente de cómo se debe de presentar unha candidatura a este nivel.
Os proxectos elexidos pertecen ás especialidades de Artesanía en coiro, CAIM Zanfona, Debuxo artístico, Moda e confección, Ourivaría, Pintura, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.
Aquí tedes o listado dos proxectos expostos:
Artesanía en Coiro:
Sendero de cuero y flechas de Luz Mª Tombilla Escudero
CAIM Zanfona:
La artesanía de emprender: de la creación a la venta de Óscar Calero Escobar
Debuxo:
Los barrios de Vigo y sus terrazas de Patricio de Haz Bardinet
Mira ese cuadro de Raquel Mateos Cortés
5 días con Julio Verne de Jesús M. Pérez García
Moda e Confección:
Re_manga_te de Pilar Conde Fuentes
Espinas de Sandra Eiriz Valverde
Ourivaría:
Colección semente de Raquel Diaz Jiménez
Joyería botánica de Mª Pilar Lorenzo Gulin
Alma en piedra de Jennifer Moure Rodríguez
Pintura:
Weather Journal: Vialia Vigo 2024 de Alicia Lidia Gil Martínez
Serigrafía artística:
Memoria das mulleres de Ana María Castro Puga
Dolce Punk Fiction de Beatriz Macho Muñoz
Restos de naufrágios, errores y repeticiones de Julian San Segundo Fernández
Los ballets rusos de Rosana Tornero Santos
Memoria fragmentada de María Mercedes Carreira Varela
Intersticio de Mª José Martinez Ricart
Silver de Joaquín Ocampo Cardalda
Parabéns a todos e todas.
luns, 10 de novembro de 2025
Resumo en fotos doutras actividades da primeira semana do mes de novembro na hemeroteca [OUTRAS NOVAS]
6-11-2025. Mesa redonda arredor do patrimonio industrial de Vigo e o patrimonio inmaterial das mulleres que traballan na extracción e transformacióndos produtos do mar [FORUM IEV]
mércores, 5 de novembro de 2025
7-11-2025. Venres da EMAO presenta "Tesouros da nosa vestimenta" [MODA]
Data: 7 de novembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.






















































