martes, 7 de outubro de 2025

10-10-2025. Venres da EMAO presenta "Artesanía en Galicia, realidades e feitos" por José Manuel Salvado Sanín [COIRO]

 


"Artesanía en Galicia, realidades e feitos"

Uns din que a Artesanía non ten futuro, outros que o futuro pasa polo mercado do luxo, outros que vendendo en internet, pero...

Cal é realmente o presente e o futuro da Artesanía en Galicia? José Manuel Salvado Sanín, artesán e presidente da Asociación Galega de Artesáns (AGA) é quen mellor nos pode describir cal é o panorama actual do sector en Galicia e cales son os seus retos.  

Presentado por Pepe Pereira (mestre de Artesanía en coiro da EMAO)
Data: 10 de outubro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo. 

7-10-2025. Presentación do libro "El silencio de las mareas" de Mikel O Ferdinand [OUTRAS NOVAS]

Martes 7 de outubro ás 19.30 horas
 

mércores, 1 de outubro de 2025

3-10-2025. Venres da EMAO presenta a curtametraxe "O segredo de Puskas" [ENCAIXE]


"Un misterio por resolver: se o encaixe de palillos é ritmo, xeometría e paciencia... Que detén aos homes?"

Co comezo do novo curso, volven os Venres da EMAO, un exitoso programa de divulgación, coñecemento e debate ao redor de temáticas relacionadas coas especialidades da escola. E comezamos este curso cunha das especialidades veteranas e senlleiras da escola, a de "Deseño e encaixe de palillos".
 
Marian Núñez, mestra da especialidade, preséntanos a curtametraxe “O segredo de Puskas”, con reflexións e debate sobre un tema tabú: como na arte do encaixe e no ámbito téxtil aínda existe certa controversia de xénero.
 
Xosé A. Touriñán, axudaranos coa resposta.
 
Presentado por Marian Núñez (mestra de Deseño e encaixe de palillos da EMAO)
Data: 3 de outubro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

2-10-2025. Presentación do libro "Soy lo que digo que soy?" de Ricardo Fandino [OUTRAS NOVAS]

Xoves, 2 de outubro ás 19.30 h

mércores, 24 de setembro de 2025

Formalización da matrícula para o alumnado de novo ingreso na EMAO. Curso 2025-2026 [ADMINISTRACIÓN]


 
 Alumnado de novo ingreso na EMAO curso 2025-26
 
Publicados os resultados do sorteo, probas de acceso e solicitudes de convalidación para o curso 2025-2026,  comeza o prazo de matrícula na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Formalización de matrícula:

1. As persoas incluídas nos listados cos resultados do sorteo, probas de acceso e solicitudes de convalidación admitidas deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade Administrativa da EMAO a seguinte documentación:
 
  • Ficha cumprimentada (Recóllese e entregase na U.A. da EMAO).
  • Fotocopia simple do seu DNI.
  • Datas e horario de matrícula: do 24 ao 30 de setembro (de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas). O día 30 de setembro (de 10 a 13 horas).

2. De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.

3. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2025-2026. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade.

A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.
 

martes, 16 de setembro de 2025

Comezaron as probas de acceso para o curso 2025-26 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo [ADMINISTRACIÓN]


Onte, luns 15 de setembro ás 12:00, tivo lugar na hemeroteca o sorteo para o acceso ás prazas de Debuxo e Pintura. Os resultados deste sorteo publicaranse o día 24 de setembro xunto cos resultados das probas de acceso nás especialidades de Artesanía en coiro, CAIM gaita e zanfona, Cerámica, Deseño e encaixe de palillos, Moda e confección, Ourivería, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.

Calendario das probas

  • Luns 15/09/25: (CAIM gaita e zanfona, Cerámica artística, Moda e confección e Ourivaría)
  • Martes 16/09/25: (Artesanía en coiro, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira).
  • Mércores 17/09/25: (Deseño e encaixe de palillos).

As persoas finalmente seleccionadas deberán obrigatoriamente, para seren admitidas, formalizar a súa matrícula do 24 ao 30 de setembro (o día 30 de setembro, ata as 14.00h), mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte. 

A non formalización da matrícula en prazo significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s que corresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo e as probas de acceso.

O 1 de outubro comeza o curso para todo o alumnado. 

Máis información en: https://hoxe.vigo.org/pdf/emao/ConvXeralCorrexida2025_26.pdf

INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN

Unidade Administrativa da EMAO.
EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO.
De luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado)
Teléfono: 986 228 088
Correo-e: emao@vigo.org/
Internet: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php
https://emaonlinecovid.blogspot.com/

venres, 12 de setembro de 2025

Calendario de probas de acceso á EMAO para o curso 2025-2026 [ADMINISTRACIÓN]


 ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

 CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO


CURSO 2025-2026


Especialidade

Data

Letras (*)

Hora

Lugar (Aula)


CAIM (GAITA e ZANFONA)

15/09/25

Todos/as

16,00h

Aula CAIM


CERÁMICA ARTÍSTICA

15/09/25

Do A ao C

16,00h

Aula Cerámica


15/09/25

Do D ao G

17,15h

Aula Cerámica


15/09/25

Do H ao P

18,30h

Aula Cerámica


15/09/25

Do Q ao Z

19,45h

Aula Cerámica


MODA E CONFECCIÓN

15/09/25

Do A ao F

16,00h

Aula Debuxo


15/09/25

Do G ao N

17,00h

Aula Debuxo


15/09/25

Do O ao Z

18,00h

Aula Debuxo


OURIVARÍA

15/09/25

Do A ao F

16,00h

Aula Pintura


15/09/25

Do G ao N

17,00h

Aula Pintura


15/09/25

Do O ao Z

18,00h

Aula Pintura



ARTESANÍA EN COIRO

16/09/25

Do A ao L

16,00h

Aula Pintura


16/09/25

Do M ao Z

17,15h

Aula Pintura


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA

16/09/25

Do A ao F

16,00h

Aula Debuxo


16/09/25

Do G ao P

17,00h

Aula Debuxo


16/09/25

Do R ao Z

18,00h

Aula Debuxo


TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA

16/09/25

Do A ao N

16,00h

Aula Talla e escultura


16/09/25

Do O ao Z

17,15h

Aula Talla e escultura



DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS

17/09/25

Todos/as

16,00h

Aula Pintura




(*) As letras que aparecen citadas refírense ao primeiro apelido das persoas solicitantes de praza, incluíndo á totalidade das persoas cuxo apelido comece pola letra indicada.

As persoas candidatas deberán presentarse nos horarios e lugares indicados, co seu DNI e bolígrafo.

martes, 2 de setembro de 2025

Últimos días de preinscrición na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO). [ADMINISTRACIÓN]

 

Este venres 5 de setembro remata o prazo de inscrición  na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) para o curso 2025-2026 que convocara o Concello de Vigo, a través da concellería de Educación  nas especialidades de: Artesanía en coiro, Construcción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Gaita, CAIM Zanfona, Cerámica artística, Debuxo artístico, Deseño e encaixe de palillos, Moda e confección, Ourivería, Pintura, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.

Os prazos establecidos para este proceso, son os seguintes:

INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN 
 
Unidade Administrativa da EMAO. 
EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO. 
De luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado) 
Teléfono: 986 228 088 
Correo-e: emao@vigo.org

xoves, 10 de xullo de 2025

XVI PREMIO ATLANTE DE GRABADO [OUTRAS NOVAS]

O xurado do XVI Premio Atlante, convocado polo Museo de Artes do Gravado, deu a coñecer o pasado 5 de xullo o fallo nas súas diferentes categorías. 

Felicitamos á nosa compañeira a profesora de Talla e escultura en madeira Rosa García Martínez polo seu gravado en relevo gofrado e fotografa “Habitación con vistas” que  obtivo o Premio Galicia-Pedras de Santiago.

"Habitación con vistas" de Rosa García Martínez
 

O galardón  Ramiro Carregal Rey, foi para o florentino Marco Poma polo seu aguafuerte en ferro de zinc “Cratere Nord-Est

O fotopolímero e punta seca “In Grembo #1” do italiano, a litografía e xilografía láser “Nube” de Áurea Muñoz do Amo e a litografía “Hope Springs Eternal” do tailandés Nuttakarn Vajasut repartíronse os tres premios Concello de Ribeira.

Outro premio foi o Manuel Ayaso, para menores de 25 anos, levoullo a italiana Sara Vettorello por unha punta seca en ferro de cobre.

Membros do xurado cos traballos que resultaron premiados

 Fonte: https://www.diariodearousa.com/articulo/o-barbanza/florentino-marco-poma-gana-premio-grabado-ramiro-carregal-rey-dotado-5000-euros-5356284

luns, 30 de xuño de 2025

Fotos do Acto de Entrega de Diplomas Fin de Estudos na EMAO 2024 - 2025 [ADMINISTRACIÓN]

Acto de entrega de diplomas fin de curso na EMAO
 
Talla e escultura en madeira 
Serigrafía artística
Ourivaría
Moda e confección
Deseño e encaixe de palillos
Debuxo
CAIM Zanfona
CAIM Gaita
Artesanía en coiro
Pintura
Parte do Equipo EMAO co Alcade de Vigo e a Concelleira de Educación
Máis Equipo EMAO