mércores, 20 de setembro de 2023

Recordando Escola de verán [DEBUXO-TALLA E ESCULTURA]

 Escola de Verán. Debuxo. Talla e Escultura

Agora que xa remata o verán, gustaríanos recordar un dos feitos co que comenzamos esta estación maravillosa.

No mes de Xullo impartimos desde os talleres de Talla e Escultura e Debuxo, un obradoiro destinado a alumnado de 12 a 16 anos. Foi unha aposta que levaba dúas vias, unha a de sair das paredes do noso espazo, colaborando ca Casa da Xuventude , e a segunda a de cambiar de rexistro na idade do noso alumnado. A experiencia foi moi gratificante para nós como mestres e penso que tamén para o alumnado. 

Moitas veces temos os adultos a tendencia a pensar que os adolescentes de hoxe non len, non debuxan, que están excesivamente expostos a tecnoloxía e que non pensan demasiado por si mesmos. Pois nese grupo de rapaces e rapazas todo ese ideario, penso que non axustado a realidade, atopámonos con nenos e nenas lectoras de libros e prensa, algúns sen móvil, imaxinativos, participativos e moi motivados. Temos que dicir tamén que a maioría deste alumnado estaba ahí por obriga dos seus pais, calquera o diría.



  

O proxecto consistía en traballar o autorretrato, levalo posteriormente a unha plancha de gravado en relevo e traducir esas imaxes estampadas na prensa vertical, en carteis tratados dixitalmente para a aplicación da cor, Con eses carteis en formaro A1 faríamos unha instalación ubicada na verxa que da a beirarúa da Casa da Xuventude. Todo isto nun tempo record de dez dias. Pois deu tempo a isto e a estampar camisetas e bolsos co seu rostro.

Aquí deixo o resultado de todo este proxecto

ELOY

LUCAS

MATEO

MAX

MAYA

NEREA

ROQUE

SOFÍA

UXÍA

ZOE

Os carteis levaban un lema proposto por eles. Como estábamos en plena campaña electoral parecíanos un xeito maravilloso de facer convivir na rúa as caras  destes nenos e nenas cas dos políticos, pero estas por suporto, máis artísticas e cun lema menos trillado.





Un maravilloso grupo. Dez persoas cativas de dez. Seguide así.

1 comentario:

  1. Un corto paso para estos jóvenes, un gran paso para su futuro. Seguro que se le abrieron un montón de ideas.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!