AS FACIANAS MUSICAIS DE ROSALÍA DE CASTRO 1. A faciana melódico-sensible: sensibilidade musical (amor á musica, habilidade como instrumentista, potencial capacidade compositiva). 2. A faciana poético-musical: poemas de temática musical ou relacionados coa música. 3. A faciana inspiradora: poemas musicados, convertidos en cancións ou cantatas por diversos compositores. Xa que logo, considerando estas tres facianas, podemos calificar a Rosalía de Castro de poeta musical. ____ O xoves 19 de decembro tiven a fortuna de poder participar como ponente na terceira xornada (ou ‘palestra’), e última, do ciclo de conferencias ROSALÍA E A MÚSICA, un tríptico organizado pola Asociación Cultural Pertenza na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo. Teño que dar as gracias a Xoán Manuel Estévez Freixeiro, membro desta asociación, ademais de amigo e compañeiro de tantas andainas musicais, por terme proposto; sentinme compracido axiña, porque a nosa gran poeta é unha das miñas debilidades, tanto que decidín escibir «La sombra de Rosalía» (*), novela-biografía ou biografía novelada sobre Rosalía de Castro. Antes de falar, fun presentado por Víctor García, tamén membro de Pertenza. A verdade e que non acudiu moita xente, quizais por ser unha data comprometida do Nadal, ou tal vez por non despertar demasiado interese, pero a calidade das persoas presentes no acto foi suficiente para darme por satisfeito. Entre os asistentes, estaba o excelente pianista Alejo Amoedo Portela, a quen agradezo a súa presenza, pois é un home moi atarefado con asuntos musicais e culturais, sempre a favor de Galicia. En fin, como comunicando se aprende, veume ven a preparación da charla para profundizar no coñecemento da grande Rosalía, e en particular na súa sensibilidade musical, nos seu poemas que xiran en torno á música e nos músicos que se inspiraron na súa obra poética para compoñer cancións (chámense baladas, melodías ou cantigas) e cantatas. Unha ledicia poético-musical. ____ (*) https://medymel.blogspot.com/.../la-sombra-de-rosalia.html
AS FACIANAS MUSICAIS DE ROSALÍA DE CASTRO
ResponderEliminar1. A faciana melódico-sensible: sensibilidade musical (amor á musica, habilidade como instrumentista, potencial capacidade compositiva).
2. A faciana poético-musical: poemas de temática musical ou relacionados coa música.
3. A faciana inspiradora: poemas musicados, convertidos en cancións ou cantatas por diversos compositores.
Xa que logo, considerando estas tres facianas, podemos calificar a Rosalía de Castro de poeta musical.
____
O xoves 19 de decembro tiven a fortuna de poder participar como ponente na terceira xornada (ou ‘palestra’), e última, do ciclo de conferencias ROSALÍA E A MÚSICA, un tríptico organizado pola Asociación Cultural Pertenza na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo. Teño que dar as gracias a Xoán Manuel Estévez Freixeiro, membro desta asociación, ademais de amigo e compañeiro de tantas andainas musicais, por terme proposto; sentinme compracido axiña, porque a nosa gran poeta é unha das miñas debilidades, tanto que decidín escibir «La sombra de Rosalía» (*), novela-biografía ou biografía novelada sobre Rosalía de Castro. Antes de falar, fun presentado por Víctor García, tamén membro de Pertenza. A verdade e que non acudiu moita xente, quizais por ser unha data comprometida do Nadal, ou tal vez por non despertar demasiado interese, pero a calidade das persoas presentes no acto foi suficiente para darme por satisfeito. Entre os asistentes, estaba o excelente pianista Alejo Amoedo Portela, a quen agradezo a súa presenza, pois é un home moi atarefado con asuntos musicais e culturais, sempre a favor de Galicia. En fin, como comunicando se aprende, veume ven a preparación da charla para profundizar no coñecemento da grande Rosalía, e en particular na súa sensibilidade musical, nos seu poemas que xiran en torno á música e nos músicos que se inspiraron na súa obra poética para compoñer cancións (chámense baladas, melodías ou cantigas) e cantatas. Unha ledicia poético-musical.
____
(*) https://medymel.blogspot.com/.../la-sombra-de-rosalia.html