mércores, 18 de decembro de 2024

19-12-2024. Conferencia "As facianas musicais de Rosalía de Castro" por Xosé Manuel Brea [ASOCIACIÓN CULTURAL PERTENZA]

Xoves 19 de decembro ás 19:30 horas

1 comentario:

  1. AS FACIANAS MUSICAIS DE ROSALÍA DE CASTRO
    1. A faciana melódico-sensible: sensibilidade musical (amor á musica, habilidade como instrumentista, potencial capacidade compositiva).
    2. A faciana poético-musical: poemas de temática musical ou relacionados coa música.
    3. A faciana inspiradora: poemas musicados, convertidos en cancións ou cantatas por diversos compositores.
    Xa que logo, considerando estas tres facianas, podemos calificar a Rosalía de Castro de poeta musical.
    ____
    O xoves 19 de decembro tiven a fortuna de poder participar como ponente na terceira xornada (ou ‘palestra’), e última, do ciclo de conferencias ROSALÍA E A MÚSICA, un tríptico organizado pola Asociación Cultural Pertenza na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo. Teño que dar as gracias a Xoán Manuel Estévez Freixeiro, membro desta asociación, ademais de amigo e compañeiro de tantas andainas musicais, por terme proposto; sentinme compracido axiña, porque a nosa gran poeta é unha das miñas debilidades, tanto que decidín escibir «La sombra de Rosalía» (*), novela-biografía ou biografía novelada sobre Rosalía de Castro. Antes de falar, fun presentado por Víctor García, tamén membro de Pertenza. A verdade e que non acudiu moita xente, quizais por ser unha data comprometida do Nadal, ou tal vez por non despertar demasiado interese, pero a calidade das persoas presentes no acto foi suficiente para darme por satisfeito. Entre os asistentes, estaba o excelente pianista Alejo Amoedo Portela, a quen agradezo a súa presenza, pois é un home moi atarefado con asuntos musicais e culturais, sempre a favor de Galicia. En fin, como comunicando se aprende, veume ven a preparación da charla para profundizar no coñecemento da grande Rosalía, e en particular na súa sensibilidade musical, nos seu poemas que xiran en torno á música e nos músicos que se inspiraron na súa obra poética para compoñer cancións (chámense baladas, melodías ou cantigas) e cantatas. Unha ledicia poético-musical.
    ____
    (*) https://medymel.blogspot.com/.../la-sombra-de-rosalia.html

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!