Este mércores 29 de abril desde o selo Leather Naturally, en colaboración con empresas e persoas vinculadas ao coiro celébrase o "World Leather Day 2026", o Día Mundial do Coiro. Trátase dun evento global anual dedicado a celebrar e apoiar a industria do coiro. Reúne a partes interesadas de toda a cadea de valor para defender o incrible valor do coiro como un material resistente, versátil e duradeiro que continúa desempeñando un papel significativo nunha economía de materiais responsable. Con tal motivo, dende a EMAO queremos sumarnos a esta celebración con tres charlas que van aproximar o traballo de tres obradoiros de coiro ós nosos alumnos.
Durante a tarde na hemeroteca da Escola visitarannos:
17.30 "Obradoiro Emcouros" (O Grove), Carmen e Olga nos falarán do seu traballo diario no Coiro. Explicarannos as peculiaridades dúas produtos que traballan, marroquinaría e obxectos vencellados ou malabarismo.
18.30 "Taller Coiro con Sal" (Portonovo), Simón e María explicarannos como son os procesos que teñen que realizar dende a investigación á realización de calzado histórico.
19.30 "Sairaworkshop" (Vigo), Belén contaranos como está a desenvolver o seu proxecto de coiro vencellado ou Cosplay e o LARP, que comezou na Escola sendo alumna.
Esta actividade é exclusiva para o alumnado da especialidade de Artesanía en Coiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!