mércores, 4 de maio de 2022

Bibliografía para a Especialidade de Artesanía do Coiro [BIBLIOTECA]

 

Esta semana co gallo da conferencia deste Venres da EMAO "Ascensión e declive da industria do coiro en Galicia" polo Catedrático de Historia e Instituciones Económicas da Universidad de Santiago, Xoán Carmona Badía, expoñemos nas vitrinas da sala de lectura unha pequena selección de títulos relacionados coa artesanía do coiro.

martes, 3 de maio de 2022

CIEC. Centro Internacional da Estampa Contemporánea. [SERIGRAFÍA] [MODA]

A semana pasada estivemos no CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea. Desfrutamos da visita guiada de Pedro e María e súa xenerosidade ao amosarnos as diferentes técnicas de gravado.  É unha fundación privada creada no 1997 fruto da teima do artista Jesús Núñez co obxectivo de promocionar e difundir as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.

“Un Centro-Museo Vivo, onde o nacemento e desenvolvemento da obra gráfica está representado dun xeito diáfano a un gran nivel didáctico, teórico, visual e práctico” (Jesus Nuñez)

A Fundación CIEC realiza numerosas actividades e iniciativas entre as que destacan a formativa e a expositiva. A organización de cursos e talleres ao longo de todo o ano e a creación no 2003 do Máster da Obra Gráfica fálanos da importancia desta actividade así coma do número de profesoras/es, artistas e estudantes que teñen participado e o seguen facendo. A exhibición dos fondos da Colección, a realización de exposicións temporais, as visitas guiadas e as visitas didácticas para centros formativos e público en xeral, os talleres para nenas/os e a asistencia a feiras de arte contribúen notablemente ao mellor coñecemento e difusión da arte gráfica e das/os artistas. A isto hai que sumar as publicacións, edicións, conferencias, presentacións de libros, concertos e demás eventos que converten á Fundación CIEC nun referente da Gráfica contemporánea.
Dende 2006 recoñécese  esta labor e a do seu Presidente coa creación do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez que convoca a Deputación da Coruña.

luns, 2 de maio de 2022

Raku Segundo Nigrán 2022 [OUTRAS NOVAS]

Xa falta pouco para unha nova edición de Raku segundo Nigrán, a Escola Municipal de Cerámica de Nigrán en colaboración coa especialidade de cerámica artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, celebrarán do 23 ao 27 de maio unha semana dedicada a esta técnica milenaria, que se anuncia con este fantástico cartel de Rodrigo Enríquez.

O raku é unha técnica tradicional oriental de elaboración de cerámica utilitaria coa que as pezas previamente tratadas de forma artesanal cócense nun forno a máis de 1.000 graos. Crese que é unha técnica orixinaria de Corea, con todo é en Xapón onde floreceu e marabillou a todos os que teñen contacto con ela, desde finais do século XVI.

Venres da EMAO 06/05/2022. Conferencia: Ascensión e declive da industria do coiro en Galicia [COIRO]

 

venres, 29 de abril de 2022

Frankenstein ou o moderno Prometeo [DEBUXO]

No ano 1818 publicouse en Inglaterra  a que ía ser considerada a primeira novela de ciencia fición, "Frankenstein ou o modeno Prometeo", da xoven autora Mary Shelley. Hai catro anos conmemoráronse,  pois, os douscentos anos da publicación deste texto tan vixente hoxe en día, e no obradoiro de Debuxo comenzamos un proxecto para recordar esta data: ilustrar o Frankinstein orixinal de Shelley utilizando a técnica do gravado en linóleo.


Fotos da Conferencia "Entre Séculos. Os Sons dos Salóns Vigueses: Escolma do XIX e XX" [OUTRAS NOVAS]




martes, 26 de abril de 2022

"A EMAO expón a arte nada do confinamento" Na Voz de Galicia


 

Arquivo de partituras [CAIM GAITA]

Froito da recompilación durante máis de trinta anos, dispoñemos na nosa escola dun arquivo de partituras de música galega, na súa meirande parte para gaita, que na actualidade están en formato de papel. Dado que moitas delas son fotocopias, e non amosan boa calidade, hai uns meses tomamos a decisión de levar todo este material a un formato dixital que permita tanto a súa conservación como a consulta por todos aqueles estudosos, ou sinxelamente interesados, aos que lle poda aportar algún tipo de crecemento, ben sexa persoal ou profesional.

Neste momento levamos dixitalizadas unhas 300 partituras. Dado que dispoñemos de varios centos delas, aínda levará un tempo telas todas dispoñibles, mais, aos poucos, iremos facendo este arduo traballo.

Polo de agora ímolas almacenandoas nun disco duro, clasificadas por ritmos e en formato PDF, á espera de poder contar cun aloxamento virtual que dea acceso a todo aquel que poida estar interesado.

Aquí tedes unha mostra:


luns, 25 de abril de 2022

Forum IEV 2022. Entre Séculos. Os Sons dos Salóns Vigueses [OUTRAS NOVAS]

 

Xoves 28 de abril ás 19:30

Biblioteca-Hemeroteca da EMAO

Entre séculos é un recital para piano só, no quee o pianista Alejo Amoedo interpretará unha selección de obras compostas por músicos vencellados a cidade de Vigo. Escoitaranse un repertorio conformado por obras que eran a banda sonora dos salóns vigueses, tanto da burguesía, como de calquera acto da sociedade.

O acto contará co relatorio do catédratico do Conservatorio de Música de Vigo, Pablo Abreu o cal nos falará das principais características socioculturales da época e contextualizará o repertorio.

O instrumento que se utilizará será o piano alemán marca Ronisch, cedido á EMAO por Puri del Palacio, propiedade da súa avoa, a pianista e compositora María Luisa Chevalier.

Charla sobre "Economía e Política. Labirintos da Prosperidade" [OUTRAS NOVAS]


 

Martes 26 de abril, 19 horas
Biblioteca da EMAO

Economía e Política, Labirintos da Prosperidade

por

Xosé Carlos Arias
Miguel Pérez Pereira
Amelia Pérez

 

Máis información

Resumo en Imaxes dunha Semana na EMAO [OUTRAS NOVAS]

 Este é un pequeno resumo en imaxes da semana do 18 ao 22 de abril.

22-4-2022. Inauguración da Exposición "Arte Confinada"
22-4-2022. Miguel Vázquez presenta "El Mar de Fang" 
22-4-2022. Afinación do piano 
21-4-2022. Conferencia sobre As Monxas Bieitas Galegas
21-4-2022. Presentación á prensa do Forum do IEV
21-4-2022. Paula Comesaña comeza a súas prácticas na EMAO (Convenio Concello IES TEIS)
20-4-2022. Montaxe da Exposición Arte Confinada
 

19-4-2022. Presentación do libro "Xoguetes para nenos cegos"
19-4-2022. Visita da Asociación Provivienda as aulas da EMAO
18-4-2022. Chegada a hemeroteca do piano doado por Puri del Palacio

xoves, 21 de abril de 2022

Presentación á Prensa do Forum do Instituto de Estudos Vigueses 2022 [OUTRAS NOVAS]



Está mañá foi a presentación do Forum IEV 2022 aos medios de comunicación. Resaltar que a maioría das conferencias terán lugar na Biblioteca-Hemeroteca da nosa Escola.

A primeira será o xoves 28 de abril ás 19:30,"Os sons dos salóns vigueses: escolma dos séculos XIX e XX"  a cargo do relator Pablo Abreu e o pianista Alejo Amoedo.