Un dos países que máis teño visitado na miña vida é Alemaña. Panamá non o coñezo pero un autor alemán, escritor e ilustrador, é no que penso cando escoito algo sobre Panamá. Esto me acontece porque sempre recordo o libro "Que bonito é Panamá". O seu autor Horst Eckert, coñecido como Janosch, é un dos autores que máis admiro polas súas aristas como ilustrador.
Un dos feitos que me causaron boa impresión a primeira vez que fun a Alemaña no ano 97 foi a calidade e cantidade de librerías infantís que había. Viaxara a documenta de Kassell a empaparme de arte "con maiúsculas", pero paseando polas rúas de Frankfurt, unha das mecas lo libro, e por Münster... enchinme tamén daquelas maravillosas librerías...que resultaron ser portadoras de "arte con maiúsculas". Pensemos que o berce da ilustración e do libro atópase en Alemaña, concretamente en Nuremberg e manteñen unha tradición de moito arraigo co libro ilustrado.
Alí descubrín este precioso libro infantil e ao seu autor. Naquel momento ainda non sabía a importancia que tería a ilustración infantil na miña vida.
Esta mañá Sofia Venzel, alumna de serigrafía, compartiu connosco a súa experiencia como investigadora na Biblioteca Internacional da xuventude de Munich. Trátase da biblioteca máis grande do mundo especializada en literatuta infantil e xuvenil e está situada no castelo de Blutenburg.
Mondrian and De Stijl é unha extraordinaria exposición organizada polo Museo Reina Sofía e o Stichting Kunstmuseum den Haag que aborda a obra do artista holandés Piet Mondrian, no contexto de De Stijl.
1-Piet Mondrian (1872, Amersfoort - 1944, Nova York) estableceu o rumbo da arte abstracta xeométrica dos Países Baixos e provocou un cambio drástico na cultura visual despois da Primeira Guerra Mundial.
A concepción da beleza de Mondrian, baseada na superficie, a estrutura e a composición da cor e as liñas, conformou un estilo novidoso e innovador que pretendía romper as fronteiras entre disciplinas e superar os límites tradicionais do espazo pictórico.
2-De Stijl (O Estilo): a revista homónima creada polo pintor e crítico Theo van Doesburg foi a plataforma para difundir as ideas deste novo plástico e superar o provincialismo tradicional holandés.
O primeiro número saíu en 1917 e, ata 1931, a publicación ofrecía información sobre o desenvolvemento da arte abstracta a nivel internacional.
Piet Mondrian, que naceu quince anos antes que o resto dos membros de De Stijl, foi o patriarca deste movemento.
Hoxe falaremos das vicisitudes experimentadas e do patrimonio que temos.
Este curso, como no obradoiro estamos a traballar moitos dos motivos a partir de láminas, deixo unha galería que vos pode interesar aos grupos Superiores para facer prácticas de retrato na casa. Sempre insisto que para relizar un bo debuxo de retrato a partir dunha fotografía esta debe ter unha calidade impecable. Non está dentro do espíritu do obradoiro utilizar a fotografía como paso entre a realidade e o debuxante pero como práctica para iniciarnos penso que é un recurso moi axeitado.
Neste caso as fotografías escollidas son do gran fotógrafo/ retratista do século XX Richard Avedon. Son fotografías de estudo que captan maravillosamente a personalidade do personaxe retratado. Todos eles forman parte da historia recente de EEUU, vinculados ao poder, ben porque o ostentan ou ben porque son opositores ou activistas. Están extraidas do catálogo "Portraits of Power".
Tras a ponte da Constitución retomamos o traballo con boas novas, hoxe recibimos unha variada selección de títulos que pronto estarán á vosa disposición nos andeis. A temática variada:
cerámica, xoiería, debuxo, coiro, serigrafía, pintura, escultura... etc.
Sempre co propósito de converter a nosa biblioteca nun lugar de
referencia para a arte, a artesanía e os oficios tradicionais.
Mondrian and De Stijl é unha extraordinaria exposición organizada polo Museo Reina Sofía e o Stichting Kunstmuseum den Haag que aborda a obra do artista holandés Piet Mondrian, no contexto de De Stijl.
1-Piet Mondrian (1872, Amersfoort - 1944, Nova York) estableceu o rumbo da arte abstracta xeométrica dos Países Baixos e provocou un cambio drástico na cultura visual despois da Primeira Guerra Mundial.
A concepción da beleza de Mondrian, baseada na superficie, a estrutura e a composición da cor e as liñas, conformou un estilo novidoso e innovador que pretendía romper as fronteiras entre disciplinas e superar os límites tradicionais do espazo pictórico.
2-De Stijl (O Estilo): a revista homónima creada polo pintor e crítico Theo van Doesburg foi a plataforma para difundir as ideas deste novo plástico e superar o provincialismo tradicional holandés.
O primeiro número saíu en 1917 e, ata 1931, a publicación ofrecía información sobre o desenvolvemento da arte abstracta a nivel internacional.
Piet Mondrian, que naceu quince anos antes que o resto dos membros de De Stijl, foi o patriarca deste movemento.
Hoxe falaremos de como e por que naceu un fito na historia da humanidade.
Toño non só era un artesano excepcional, senon tamén un investigador, conservador e divulgador de primeira orde. Foi, ademais, unha persoa fondamente coherente entre o seu pensar e o seu intenso vivir, intelixente, culta, convincente, admirable.
Tiven o privilexio de traballar con el, xunta a Antonio Suárez e Montse Rial, nos anos que pasou en Vigo, como mestre e experto en cestería tradicional na infelizmente desaparecida Casa do Cesteiro, dentro das iniciativas de formación e rexeneración cultural e económica do Casco Vello do programa europeo URBAN.
Nasas de río realizadas por Toño
A súa lucidez e coñecemento fondo e vívido da nosa cultura tradicional era extraordinaria. Tiña claro, e transmitía coa mesma intensidade e advertencia, que sen unha metodoloxía de investigación en contacto cos derradeiros artesanos do oficio aínda vivos daquela, sería imposible rescatar as técnicas e perderíase para sempre a posibilidade de coñecer e reproducir as pezas da que constitúe, penso, a cestería tradicional máis rica, variada e aínda mellor conservada do mundo. E con esa perda, perdemos un inorme legado etnográfico dunha artesanía ancestral cuxos productos acompañaron e serviron ao ser humano dende os seus inicios como especie.
Investigou daquela, con paixón e excelencia, xunta con Montse Rial dende a Casa do Cesteiro viguesa, a cestería vencellada co mar en Galicia e documentou con precisión a construción de nasas, patelas, esportas ou traíñas das nosas rías. Cestos que formaron parte inseparable do traballo, almacenamento e transporte de peixe durante séculos ata o último tercio do século XX. Aquel traballo deixounos o documental "Cestos do mar", publicado pola editorial Monesma, co Museo do Mar, Deputación e Patrimonio Histórico do Concello de Vigo en 2005.
A Nosa Terra 949. ano 2000
Con Toño vaise un grandísimo coñecemento, non só teórico, senon tamén práctico, referencial e vivido radicalmente da nosa etnografía, dos xeitos de vida do noso esquecido e valioso mundo rural.
Adeus, Toño, mestre; que a Terra que tanto amaches te acolla co mesmo agarimo que ti lle deches.
[Déixovos o imprescindible documental realizado por Plácido Romero sobre a vida e pensamento de José Antonio González, Toño do Val, como el quixo, aqueladamente, chamarse]
O gran Ibáñez, que non necesita presentación, deixou a editorial Bruguera no ano 1985. Bruguera presentara suspensión de pagos no ano 1982 e no 1986 bota o peche, ou mellor dito,se tranforma en Ediciones B do grupo Z. Ibáñez levaba na editorial desde o ano 1957. No 1958 creara os seus míticos e incombustibles personaxes, Mordadelo e Filemón.
Bosquexos de Mortadelo. 1957
Estes representaron a BD máis rentable da editorial. Ibañez foi un traballor incansable que chegou a entregar a editora 20 páxinas semanais de historietas, un autentico despropósito pensando que Ibañez ademáis é guionista e debuxante das súas historietas.
Cando Ibáñez decide deixar Bruguera atópase con que o dereito intelectual dos personaxes corresponde a Bruguera. Ibañez non ten dereito a continuar debuxando a Mortadelo e Filemón se non é para Bruguera. Así estaban as cousas.