xoves, 3 de abril de 2025

5-4-2025. Presentación de "La Gaceta de la Lezna" [COIRO]

 

O noso compañeiro Pepe Pereira, mestre da especialidade Artesanía do Coiro, e Rebeca Amoedo, deseñadora gráfica e afeccionada ao traballo do Coiro, presentan este próximo sábado 5 de abril ás 18.00 no Museo de Pontevedra a nova publicación especializada no traballo do Coiro, “A Gaceta da Lezna”. Unha revista humilde e sinxela, en papel, como as revistas de toda a vida, que se pode tocar, ver e cheirar.

Co propósito de convertela en: 

- Un punto de unión entre os artesáns do coiro, afeccionados e o público interesado nos Oficios do Coiro.

 - Un lugar de difusión do que se está facendo nos talleres e nas casas dos artesáns, nas salas dos museos e nas aulas das escolas, desde o punto de vista do Coiro. 

- Un recoñecemento aos que dedicaron a súa vida aos nosos Oficios, pasando moitas veces desapercibidos ou quedando no esquecemento despois de dedicar moitas horas para manter vivos os talleres, sementando para o futuro. 

- Unha publicación sinxela, amena e divertida, na que traballaremos para que mellore, creza e sirva de escaparate ilustrativo e convértase nun recurso didáctico do que todos podamos aprender.

 - Un lugar de reunión no que toda a xente do Coiro cabe e pódese comunicar.

Esta publicación estará escrita en castelán. Existen publicacións noutros países como Estados Unidos, Nova Zelandia, Noruega ou Rusia, publicadas en inglés ou ruso, pero en castelán non existe ningunha.

En España non existe ningunha publicación sobre este tema, motivo polo cal Pepe e Rebeca decidíronse a dar un paso á fronte para abrir unha canle de comunicación e divulgación que axude a fortalecer o Oficio.

Desde aquí desexámoslles moita sorte no seu proxecto.  Moito coiro!!!

Máis información 

Instagram: @lagacetadelalezna 
Correo electrónico: lagacetadelalezna@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!