martes, 13 de outubro de 2026

Serigrafía no fluír entre as marxes atlánticas

Este venres contaremos coa presencia de Teófila Noemí Ruiz Kulianos que presentará unha cronoloxía dos seus procesos de estampaxe dende as experiencias no taller que tivo en Arxentina chamado La Mancha ao taller actual que ten en Santiago de Compostela, Do Paraná. Procedementos distantes non só no espazo xeográfico, senón tamén no tempo. Do analóxico ao dixital. Análise da súa propia andaina de 31 anos como serígrafa e dos seus referentes en Serigrafía: Corita Kent, Warhol, o Atelier Populaire do Maio Francés, os orixinais de Victor Vasarely, a cor en Cruz-Díez ou Julio Le Parc. Vinculará procesos como a obtención dunha pantalla nos 90’ coa Repromáster (arqueoloxía da técnica) á tentativa de rexistrar cores con pregos de papel verxurado 400 gramos, arqueados por 95 % de humidade. Avatares cos diferentes soportes e ductilidade para reivindicar o pracer de estampar en solitario ou colectivo, de contribuír á produción e difusión de obras e procesos creativos, de experimentar con materiais, de ensinar aprendendo e de favorecer o intercambio de saberes técnicos. 

Teófila é serígrafa e docente, poeta, performer e xestora cultural. Socia adherente á FÉDÉRATION NATIONALE DE L’ESTAMPE DE FRANCE. En Arxentina (1990 a 2000) ademais de adicarse ao ámbito publicitario, editou a recoñecidos artistas e ilustradores. En Compostela (2005) crea o seu propio taller concibido tamén como escola e espazo Coworking. CGAC, FUND. M. LEDO, TRINTA, OUFF Festival, XUNTA DE GALICIA, 7H COOP… ou os propios artistas-deseñador*s, confiaron a edición de Obra Gráfica Original en láminas, carpetas, tarxetas [entre outr*s]: ver https://doparana.com/papel/ Organizou Eventos e Concursos varias edicións (Roteiro de Creación, Saber & Sabor). Participou en Feiras de Arte e Libro de Artista: Cuarto Público, Arts & Crafts Local Disponible, CidadeCreativa de 7H na CDC ou MASQUELIBROS en Madrid. DIDÁCTICA PORTÁTIL in situ: MANS Á OBRA DE ANDY WARHOL para nen*s Colexio Andaina, PLANETA TÉXTIL TEXATLANTICA CSC Ensanche, INIC. Á SERIGRAFÍA CREATIVA SALA NORMAL UDC, TRECE ESTAMPAS para ARGA en FUNDACIÓN SEOANE, e CREANDO UNHA SITUACIÓN A TRAVÉS DA SERIGRAFÍA Programa formativo para 30 mulleres artistas Womarts Training con 7H en AUDITORIO DE GALICIA



Do Paraná é o seu taller actual, é unha casa taller multifuncional. Funciona como Coworking, para proxectos puntuais.  A escola-taller aborda a formación desde un enfoque práctico, que prioriza o saber facer. Retoma a tradición da formación dos oficios, onde los aprendices adquiren coñecementos e pericias. Con 31 anos de experiencia, Teófila sintetiza aquí, o lazo necesario entre experiencia e investimento. A afinidade ineludible entre novas tecnoloxías e a preservación do carácter artesanal do ‘oficio’ en artes gráficas. Situada en Rúa do Ulla 25, baixo, en Santiago de Compostela.

 


Realiza obra gráfica para instituciones e artistas, por exemplo:
 

Edición conmemorativa CGAC Edición serigrafía artesanal de 50 copias, numeradas e asinadas polas artistas Tamara Feijóo, Carla Andrade, Álvaro Negro e Suso Fandiño. Dous orixinais de cada artista. Tirada total de 400 estampas, a dúas e cinco tintas. Papel Rives de 270 gramos, 30 x 42 cm.
 

Premios OUFF, 21 Festival de Cine Internacional de Ourense. Edición “Silueta Herrera” novembro 15, 2016
Ouff premia con Obra Gráfica. Deseñamos encadernación artesanal en tea vermella e logo en negro. Láminas personalizadas para cada premio, con ilustración de Betty Ogando, estampadas en dourado ou vermello sobre Conqueror Calligraphy negro de 300 gramos. Certificado de autenticidade e delicado envoltorio en papel de seda con logo serigrafiado. Ver: http://www.ouff.org/gl
 
 
 Obra gráfica par artistas como:
Almudena Fernández Fariña | Álvaro Negro | Antonio Murado | Baldo Ramos e Lois Agrelo | Betty Ogando OUFF Festival | Carla Andrade | Cenlitrosmetroscadrado | Cinta Arribas | Chelo Rodríguez | Elhaba Carballo |  Irene Silva Xiráldez | Iván Tovar | Javier de la Rosa | José Luis Seara | Julia Huete | Kiko Pérez | Lois Corvera | Luis Moscardó & Bernardo Tejeda | Marga Crespo | Maria Chenut | María Manuela | María Xesús Díaz | María Xosé Díaz | Mariano Casas Gil | Mauro Trastoy | Miguel Ivorra | Miguel Peralta & Cestola na cachola | Nanda Cabaleiro | Nicolás del Rio | Novais | Olmo Blanco | Pablo Barreiro | Roberto Vázquez | Rosendo Cid | Rubén Ramos Balsa | Sabela Arias Castro | Suso Fandiño | Tamara Feijoo | Uqui Permui | Vanessa Lodeiro…
 
Antonio Murado

 
Javier de la Rosa

Uqui Permuy
 
 


Para saber máis podedes consultar a súa páxina web: https://doparana.com/ e asistir a charla deste venres 16 de outubro ás sete na hemeroteca da escola.
Vémonos!

luns, 5 de outubro de 2026

9-10-2026. Venres da EMAO presenta "Urban Sketchers" [DEBUXO]


O periodista e debuxante Gabriel Campanario crea na rede, aló polo ano 2007, o colectivo Urban Sketchers. Esto aconteceu na cidade de Seatle, pero extendeuse por todas as cidades do mundo en pouco tempo. Xente reunida nas rúas co único fin de debuxar a contorna, pasar un bo rato e compartir en redes sociais os seus debuxos.

O colectivo Uskriasbaixas creouse no ano 2018 e foise diversificando en Uskvalmiñor, Uskpontevedra e Uskcangas. Finalmente pasou a ser Uskvigo no ano 2022. Desde esa data, o número de persoas tan diversas que se van unindo ás quedadas Uskvigo vai crecendo día a día.

Agora invitamos a este colectivo tan vencellado á EMAO a contar as súas experiencias como debuxantes, así como os seus proxectos futuros.

Presentado por: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da EMAO
Data: 9 de outubro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

sábado, 26 de setembro de 2026

26-9-2026. 140 Aniversario da creación da Escola de Artes e Oficios de Vigo [BIBLIOTECA]

 


 

Hoxe estamos de aniversario, a Escola Municipal de Artes e Oficios cumpre 140 anos. A inauguración da Escola tivo lugar o 26 de setembro de 1886, foi Eduardo Chao, antigo ministro da 1ª República Española quen deu o discurso inaugural. Era o resultado da iniciativa dunha Sociedade de Socorros Mutuos chamada "A Cooperativa" que recollía unha vella reivindicación das sociedades obreiras e agrarias do século XIX conscientes da necesidade de elevar o nivel de instrución das clases traballadoras en beneficio do desenvolvemento da cidade. O seu primeiro enderezo foi a antiga rúa do Circo, no ano 1900 trasládase ata o edificio doado por José García Barbón que actualmente ocupa. 


Desde o mesmo momento da súa creación a Escola contribuíu ao desenvolvemento industrial, comercial e cultural da nosa cidade, exerceu unha tarefa moi importante preparando a mozos e adolescentes non soamente nas disciplinas técnicas ou complentando o seu ensino primario, senón proporcionándolles tamén os fundamentos dunha instrución artística e impulsando unha vocación.


Na actualidade, é un centro de ensinanza para adultos, non regrada, cun programa que abrangue materias moi diversas desde o ámbito das belas artes (Debuxo e Pintura) ata os oficios máis artesanais (Artesanía do coiro, Cerámica artística, Construción artesanal de instrumentos musicais, gaita e zanfona, Deseño e encaixe de palillos, Escultura e talla en madeira, Moda e confección, Ourivaría e Serigrafía artística) cunha orientación máis profesional. Mediante una metodoloxía práctica que combina o traballo en obradoiros especializados, dotados das ferramentas e a maquinaria necesaria para cada disciplina artística ou oficio, coa aprendizaxe de contidos e destrezas complementarias. 

O vindeiro xoves día 1 de outubro, comeza este novo curso. Felicitémonos todos por iso!!!

Recordarvos que ata o día 16 de outubro pódese visitar na nosa sala de exposicións "Espazo Emao" a exposición 140. Escola de Artes e Oficios.

mércores, 23 de setembro de 2026

Formalización da matrícula para o alumnado de novo ingreso na EMAO. Curso 2026-2027 [ADMINISTRACIÓN]

 Alumnado de novo ingreso na EMAO curso 2026-27

 Publicados os resultados do sorteo, probas de acceso e solicitudes de convalidación para o curso 2026-2027, comeza o prazo de matrícula na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Lembrámoslle que teñen que formalizar a súa matrícula do 24 ao 30 de setembro).

 Formalización de matrícula:

1. As persoas incluídas nos listados cos resultados do sorteo, probas de acceso e solicitudes de convalidación admitidas deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade Administrativa da EMAO a seguinte documentación:
 
  • Ficha cumprimentada (Recóllese e entregase na Unidade Administrativa da EMAO).
  • Fotocopia simple do seu DNI.
  • Datas e horario de matrícula: do 24 ao 30 de setembro (de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas). O día 30 de setembro (de 10 a 13 horas).

2. De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.

3. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2026-2027. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade.

A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.
 
INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN
Unidade Administrativa da EMAO.
EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO.
De luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado)
Teléfono: 986 228 088
Correo-e: emao@vigo.org/
Internet: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php
https://emaonlinecovid.blogspot.com/ 

xoves, 10 de setembro de 2026

Calendario das probas de acceso ao Curso 2026-2027 [ADMINISTRACIÓN]

O martes 15 e o mércores 16 de setembro desenvolveranse as probas de acceso, non seguinte calendario e en horario de tarde.

As letras que aparecen citadas refírense ao primeiro apelido das persoas solicitantes de praza, incluíndo á totalidade das persoas cuxo apelido comece pola letra indicada, agás indicación noutro sentido.
As persoas candidatas deberán presentarse nos horarios e lugares indicados, co seu DNI e bolígrafo.


luns, 29 de xuño de 2026

Fotos do Acto de Entrega de Diplomas Fin de Estudos na EMAO 2025 - 2026 [ADMINISTRACIÓN]

 Acto de entrega de diplomas fin de curso na EMAO 

 

Os mestres da EMAO, co director e o Alcalde de Vigo  

Artesanía en coiro  

CAIM Gaita  

CAIM Zanfona  

Cerámica artística  

Debuxo  

Deseño e encaixe de palillos  

Moda e confección  

Ourivaría  

Pintura  

Serigrafía artística  

Talla e escultura

Resumo en fotos das outras actividades culturais da semana na hemeroteca [OUTRAS NOVAS]

25-6-2026. Presentación do libro "Abismo bajo las luces" de Samuel Ferro


 

venres, 26 de xuño de 2026

26-6-2026. Entrega de Diplomas Fin de Estudos no Salón de Actos [ADMINISTRACIÓN]


Hoxe, venres 26 de xuño de 2026, ás 19:00 h, terá lugar o acto de entrega de Diplomas ao alumnado que remata nivel na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO). O acto terá lugar no Salón de Actos,  entrada pola rúa Pontevedra, 1º andar.

xoves, 25 de xuño de 2026

Reunión da Comisión de Valoración dos Proxectos de Fin de Estudos na EMAO [ADMINISTRACIÓN]


 

Nestes días, a Comisión de Valoración de Proxectos de Fin de Estudos,  formada pola xefatura do Servizo municipal de Educación (ou técnico/a en quen delegue), xefe de estudos, o/a profesor/a da especialidade e un profesor/a elixido por cada un dos departamentos, seleccionará, de xeito libre e motivado -previo o informe escrito do profesor/a da especialidade-, aqueles proxectos presentados que considere de interese, valorando os seguintes apartados:
  • Fundamentación
  • Orixinalidade
  • Implicación no proxecto dos coñecementos, técnicas e destrezas adquiridos polo alumno/a durante a súa formación.
  • Interese e relevancia que ten no marco da especialidade.
  • Capacidade intrínseca do proxecto de xerar novo coñecemento ou fixación de aptitudes e actitudes
  • Coherencia e viabilidade
  • Viabilidade económica
  • Deseño e presentación
  • Adaptación á modalidade de titoría
  • Creatividade e implicación

A EMAO publicará 1 de xullo de 2026, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel avanzado.


 

luns, 22 de xuño de 2026

Convocatoria Xeral Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Curso 2026-2027 [ADMINISTRACIÓN]


O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca o proceso de solicitude de praza e matrícula para o vindeiro curso 2026-2027 na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), nas especialidades de: Artesanía en coiro, Construcción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Gaita, CAIM Zanfona, Cerámica artística, Debuxo artístico, Deseño e encaixe de palillos, Moda e confección, Ourivería, Pintura, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.

Oferta formativa (a partir dos 16 anos)


 Os prazos establecidos para este proceso, son os seguintes:

 

 

INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN

Lugar: EMAO. Avda García Barbón, 5 –36201 VIGO.
Administración: de luns a venres, laborables, de 10,00 a 14,00 horas (agosto pechado)
Teléfono: 986 228 088
Correo-e: emao@vigo.org
Web EMAO: https://hoxe.vigo.org/movemonos/emao27.php?lang=gal 

Fotos da inauguración da exposición temática "140 Escola de Artes e Oficios" no Espazo EMAO