Xoves 19 de outubro ás 19:30 na hemeroteca
martes, 17 de outubro de 2023
luns, 16 de outubro de 2023
Venres da EMAO 20-10-2023. AGPI & Tomás Hijo [SERIGRAFÍA ARTÍSTICA / DEBUXO ARTÍSTICO]
A EMAO acolle parte das actividades do
XX Encontro Galego de Ilustración que celebra anualmente a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Nesta xornada, a
asociación, representada pola súa presidenta, Laura Romero, falará da
súa traxectoria no seu vinte aniversario e traerá á Escola a Tomás Hijo,
ilustrador recoñecido como gravador en relevo, que nos presentará baixo
o paraugas do "Aquí hay dragones" a súa obra, traxectoria profesional e
proceso de traballo.
Presentado por Alba Pardo e Federico Fernández (mestres de Serigrafía artística e Debuxo artístico da EMAO, respectivamente)
Data: 20 de outubro de 2023
Hora: desde as 16,30h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
AGPI [DEBUXO]
A primeira vez que traballei como ilustrador de maneira remunerada foi no ano 1999. Consistía nun proxecto para ilustrar guías de formación para sanitarios. Realmente o soldo era para a época moi bo, traballaba só de mañá e tiña un ambiente de traballo fenomenal, xa que éramos tres creativos metidos nunha oficina onde se podía fumar e alí ninguén nos molestaba. O noso traballo estaba ben valorado e remunerado como correspondía á nosa categoría profesional. Pero aquelas circunstancias foron transitorias, xa que cando rematamos o proxecto, pasados seis meses fomos á rúa; foron unha ilusión óptica no proceloso mar do mundo da arte de ilustrar. Nunca máis tiven como ilustrador aquelas condicións tan boas.
Cado rematei naquela empresa, experimentei a realidade de ser ilustrador e querer vivir diso, ou sexa, ser profesional.
Daquela, no ano 99 os ilustradores galegos camiñabamos por libre, non sabiamos moi ben como cobrar os nosos traballos, a quen recurrer en caso de impago ou pagos con moito atraso ou como xestionar os nosos dereitos de autor. A ilustración infantil comenzaba en Galicia a dar os seus primeiros pasos cara á profesionalización. Non existía o ciclo formativo de Ilustración e en BBAA non había ningún Máster específico sobre este campo. O mesmo pasaba ca BD. Todos os que nos dedicabamos a isto, dalgún xeito fomos autodidáctas, ainda que pasásemos pola facultade de BBAA.
Ilustradores, como Oscar Villán, que foi o primeiro Premio Nacional neste eido en Galicia, comenzaban a ter recoñecemento fora das nosas fronteiras e o mercado esixía profesionalización e facer as cousas ben.
![]() |
| Premio Nacional de Ilustración 1999. Óscar Villán |
luns, 9 de outubro de 2023
10-10-2023. Presentación de "O Libro e O Tapiz" de Xabier Paz [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis...
Martes, 10 de outubro ás 19:30 na hemeroteca
venres, 6 de outubro de 2023
martes, 3 de outubro de 2023
5-10-2023. Conferencia "O Desenvolvemento Urbano de Vigo con Mapas" por Xosé Manuel Souto [OUTRAS NOVAS] [FORUM IEV]
Xoves 5 de outubro ás 19:30 na hemeroteca
Xosé Manuel Souto (profesor Universidade de Valencia, membro do Instituto de Estudos Vigueses) fala sobre “Ou desenvolvemento urbano de Vigo con mapas” nunha conferencia integrada no ciclo Forum Proxectar Vigo organizado polo IEV.
luns, 2 de outubro de 2023
Venres da EMAO 6-10-2023. Presentación do libro "Manual Galego de Zanfona" de Suso Vaamonde [CAIM ZANFONA]
Co comezo do novo curso 2023-2024, este venres día 6 de outubro iníciase unha nova edición dos "Venres da EMAO", programa de actos de periodicidade semanal no que a Escola municipal de artes e oficios do Concello de Vigo presenta á cidade as súas especialidades mediante a difusión de actividades salientables relacionadas con cada unha delas.
Este venres, a especialidade de CAIM-Zanfona achéganos a presentación do libro "Manual galego de zanfona. Repertorio didáctico progresivo. 1ª parte" polo seu autor, Suso Vaamonde.
Xa hai moito tempo que non existe escusa para aprender a tocar a zanfona. Moitas son as aulas que se poden atopar hoxe en día por toda a xeografía do país. Porén, a elaboración dun método seguía a ser unha conta pendente dende que en 1956 Faustino Santalices publicara o seu esbozo. Suso Vaamonde decidiu dar un paso cara a diante.
Presentado por Xaime Rivas (mestre de Construción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Zanfona da EMAO)
Data: 6 de outubro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
venres, 29 de setembro de 2023
"O Coiro da EMAO" [COIRO]
Esta fin de semana na vila de Allariz, provincia de Ourense, celebraranse as “X Xornadas dos Oficios do Coiro". Estes encontros de artesáns, artistas e afeccionados, adoitan ser un lugar de aprendizaxe, experiencias e inspiración, pero sobre todo de encontro, onde compartir experiencias, consellos e coñecer xente coa que hai algo en común, o traballo do coiro.
Desde o ano 2013, o Museo do Coiro vén organizando esta actividade que contén cursos, talleres, exposicións, conferencias, mercados... unha oportunidade única na península xa que son os únicos encontros deste tipo que se celebran, e os máis lonxevos de Europa. Impartiron talleres artesáns da talla de Juan García Olmedo, Michael Nadeau, Nelson Gómez Callejas, Rene Berends, José Villar, Franklin Pereira…
mércores, 27 de setembro de 2023
28-9-2023. Presentación do Libro "Escoite e Verá! Crónicas dun Filósofo Tabernario 3" [OUTRAS NOVAS]
Xoves, 28 de setembro ás 20:00
presentación do libro
"Escoite e verá! Crónicas dun filósofo tabernario 3"
de
Manoel da Costa
coa actuación do grupo musical
Airiños do Vatio
venres, 22 de setembro de 2023
Listaxes Resultantes do Sorteo e das Probas de Acceso para o Curso 2023-2024 na EMAO [ADMINISTRACIÓN]
![]() |
| Anuncio de matrícula para o curso 1900-1901 |
O pasado venres, 15 de setembro ás 12:00, tivo lugar na hemeroteca o sorteo para o acceso ás prazas de debuxo e pintura. Podedes consultar os resultados no Listado resultante do sorteo. Curso 2023-24
Hoxe venres 22 de setembro publicáronse os resultados das probas de acceso ás especialidades de Artesanía en coiro, CAIM gaita e zanfona, Moda e confección, Ourivería, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.
As persoas finalmente seleccionadas deberán obrigatoriamente, para seren admitidas, formalizar a súa matrícula do 25 ao 29 de setembro, mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte.
A non formalización da matrícula en prazo significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s que corresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo e as probas de acceso.
mércores, 20 de setembro de 2023
Recordando Escola de verán [DEBUXO-TALLA E ESCULTURA]
Escola de Verán. Debuxo. Talla e Escultura
Agora que xa remata o verán, gustaríanos recordar un dos feitos co que comenzamos esta estación maravillosa.
No mes de Xullo impartimos desde os talleres de Talla e Escultura e Debuxo, un obradoiro destinado a alumnado de 12 a 16 anos. Foi unha aposta que levaba dúas vias, unha a de sair das paredes do noso espazo, colaborando ca Casa da Xuventude , e a segunda a de cambiar de rexistro na idade do noso alumnado. A experiencia foi moi gratificante para nós como mestres e penso que tamén para o alumnado.
Moitas veces temos os adultos a tendencia a pensar que os adolescentes de hoxe non len, non debuxan, que están excesivamente expostos a tecnoloxía e que non pensan demasiado por si mesmos. Pois nese grupo de rapaces e rapazas todo ese ideario, penso que non axustado a realidade, atopámonos con nenos e nenas lectoras de libros e prensa, algúns sen móvil, imaxinativos, participativos e moi motivados. Temos que dicir tamén que a maioría deste alumnado estaba ahí por obriga dos seus pais, calquera o diría.
martes, 19 de setembro de 2023
Presentación do Libro "Sssszzziúu. La Melodía de las Peonzas" na Hemeroteca [OUTRAS NOVAS]
Xoves, 21 de setembro ás 19:00 na hemeroteca da EMAO
Este libro nace da conxunción de dous espíritos inquietos. O de Luis, mestre e coleccionista de buxainas, investigador dos seus mil e unha posibilidades para o xogo. O de Lestonnac, fotógrafa capaz de atrapar a luz e o movemento nun instante irrepetible. Xuntos compuxeron este “Ssszzziúuu” (onomatopeya do son da buxaina no momento de ser lanzada) coma se dun tema de jazz tratásese, dándolle voltas e voltas á melodía das buxainas.
luns, 18 de setembro de 2023
Listaxe Resultante do Sorteo de Prazas para as Especialidades de Debuxo e Pintura [ADMINISTRACIÓN]
O pasado venres, 15 de setembro ás 12:00, tivo lugar na hemeroteca o sorteo para o acceso ás prazas de debuxo e pintura. Podedes consultar os resultados no Listado resultante do sorteo. Curso 2023-24
O venres 22 de setembro publicaranse os resultados das probas de acceso ás especialidades de Artesanía en coiro, CAIM gaita e zanfona, Moda e confección, Ourivería, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.
As persoas finalmente seleccionadas deberán obrigatoriamente, para seren admitidas, formalizar a súa matrícula do 25 ao 29 de setembro, mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte.
A non
formalización da matrícula en prazo significará a inmediata baixa, e,
consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s que
corresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do
sorteo e as probas de acceso.
xoves, 14 de setembro de 2023
Sorteo e Probas de Acceso para o Ingreso na Escola Municipal de Artes e Oficios. EMAO [ADMINISTRACIÓN]
![]() |
| Onte na proba de acceso para serigrafía artística |
CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO. Todas referidas a setembro de 2023.
- CAIM (Gaita e Zanfona): día 13, a partir das 16.00 horas (Aula de CAIM).
- Ourivaría: día 13, a partir das 16.00 horas (Aula de Pintura).
- Serigrafía artística: día 13, a partir das 16.00 horas (Aula de Debuxo)
- Talla e escultura en madeira: día 13, a partir das 16.00 horas (Aula de Talla)
- Artesanía do Coiro: día 14, a partir das 16.00 horas (Aula de Pintura)
- Moda e confección: día 14, a partir das 16.00 horas (Aula de Debuxo)
CONTIDOS DAS PROBAS
A primeira será un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumprimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase conforme aos criterios que para cada especialidade se recollen no Anexo á presente convocatoria.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O aspirante presentarase no horario previamente publicado na web e mais no taboleiro de anuncios da escola (EMAO), segundo a especialidade. Deberá portar o DNI e un bolígrafo. Segundo a asistencia, irán facendo a proba entrando por orde alfabética.
SORTEO PARA O ACCESO ÁS ESPECIALIDADES DE DEBUXO ARTÍSTICO E DE PINTURA
Segundo o previsto no Plan de Estudos a Convocatoria do curso 2023-2024, para o acceso ás especialidades de Debuxo artístico e de Pintura realizarase un sorteo público o día 15 de setembro de 2023, ás 12.00 horas, na Biblioteca da EMAO. AFORO LIMITADO a 50 persoas.


















