luns, 29 de xaneiro de 2024
30-1-2024. Conferencia "De aquelas loitas, estes dereitos (2). Claves do movemento feminista" [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 22 ao 26 de xaneiro [OUTRAS NOVAS]
25-1-2024. Conferencia "Isaac Peral, a modernización do Balneario de Mondariz". Ciclo a Historia e os seus Personaxes
23-1-2024. Presentación do Libro Colectivo "O Carballo de Padroso"
venres, 26 de xaneiro de 2024
Venres da EMAO. 26-1-2024. Conferencia "Artesanía de Galicia: actualidade e proxectos" con Elena Fabeiro [COIRO]
![]() |
| 26-Xaneiro-2024 |
A artesanía en Galicia está vivindo un momento especial. Os seus artesáns son recoñecidos a nivel nacional e internacional e o traballo artesán galego está recibindo premios que aumentan o seu prestixo.
Elena Fabeiro, Xerente da Fundación Artesanía de Galicia, coñece de primeira man a situación e achegará os novos proxectos para afrontar un futuro no que os oficios serán os protagonistas.
Hora: 19.00h
Bibliografía básica sobre a artesanía tradicional e contemporánea [BIBLIOTECA]
Esta tarde dentro da programación semanal os VENRES da EMAO teremos na nosa hemeroteca a Elena Fabeiro, Xerente da Fundación Artesanía de Galicia, que coñece de primeira man a situación da artesanía e dos artesáns na nosa Comunidade.
Aproveitamos a ocasión e levamos as vitrinas do corredor unha selección bibliográfica dos títulos que tedes na Biblioteca relacionados coa artesanía tradicional e contemporánea que esperamos sexan do voso interese.
xoves, 25 de xaneiro de 2024
Luis Torras Martínez (1912-2024)... A EMAO e a cidade choran [PINTURA]
Luis Torras Martínez (1912-2024):
No tecido mesmo da historia da arte galego, destaca a figura inmortal de Luis Torras Martínez, un virtuoso mestre da paleta e un observador apaixonado da vida que, ao longo dos seus 111 anos, deixou unha pegada indeleble na nosa cidade.
Nacido en Vigo o 29 de decembro de 1912, Luis Torras comezou a súa travesía artística en Madrid, onde estudou a Escola de Belas Artes de San Fernando en 1935.
A súa contribución como profesor de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo desde 1954 non só evidencia o seu compromiso coa educación artística, senón que tamén revela o seu desexo de compartir a súa perspectiva única coas xeracións vindeiras.
A súa participación en varias Exposicións Nacionais de Belas Artes non só consolidouno como un destacado artista, senón que tamén lle valeu mencións destacadas en 1960 e 1968, así como unha merecida medalla en 1962.
A súa obra titulada "Bodegón", realizada ao amorne, agora repousa no prestixioso Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
O recoñecemento continuou fluíndo cara a Torras, co galardón obtido na primeira edición do certame Unión Fenosa en 1989 e unha importante exposición antolóxica na súa amada cidade en 1984.
Luis Torras Martínez, o pintor en activo máis veterano do mundo, pechou o seu último lenzo á asombrosa idade de 111 anos, pero a súa arte perdura, unha sinfonía visual que ecoa no tempo. Sendo sempre apoiado pola súa querida muller, María Jesús Incera, quen compartiu con el unha vida de amor e apoio, a súa influencia transcende as fronteiras do lenzo e convértese nun testemuño perdurable dun espírito indomable.
martes, 23 de xaneiro de 2024
25-1-2024. Conferencia "Isaac Peral, a modernización do Balneario de Mondariz". Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]
![]() |
| Isaac Peral, no centro, sentado xunto a outros residentes do Balneario de Mondariz |
Este xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas terá lugar na hemeroteca unha charla ao redor da figura de Isaac Peral e a súa vinculación co Balneario de Mondariz, a cargo de Salvador Fernández de la Cigoña. Unha conferencia, integrada no ciclo “A historia e os seus personaxes” dentro da celebración do 150 aniversario do Balneario de Mondariz.
Mostraranse fotografías ata o de agora descoñecidas das súas estancias na vila termal, e a súa visita ao Castillo de Vilasobroso. Quedan na memoria do balneario numerosas anécdotas que demostran a súa imaxinación e brillante enxeño. Numerosos recordos, entre eles, a súa firma no Libro de Ouro do establecemento, así como fotografías das súas diferentes estancias con outros personaxes destacados da sociedade española daquel tempo.
O considerado naquela época como o home de moda pola súa xenialidade creativa, coincidiu con Emilia Pardo Bazán, da que se fixo gran amigo, integrándose na cuadrilla de verán da escritora.
Desas vivencias e da súa vinculación con Mondariz e Vigo falará Salvador Fernández de la Cigoña Fraga.
luns, 22 de xaneiro de 2024
23-1-2024. Presentación do Libro Colectivo "O Carballo de Padroso" [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana [OUTRAS NOVAS]
18-1-2024. Presentación e Coloquio sobre o libro "Plumazos" de Ricardo Mella
17-1-2023. Xuntanza do Club de lectura do Ateneo Atlántico con Yolanda Castaño
venres, 19 de xaneiro de 2024
Venres da EMAO. 19-1-2024. Clothilde Frappier. A orixinalidade da arte múltiple [SERIGRAFÍA]
Clothilde Frappier é unha artista formada en Francia na Escola de Belas Artes de Saint-Etienne e na Escola de Artes Decorativas de París; foi residente como artista investigadora en gravado na Casa de Velázquez en Madrid durante dous anos. A súa afección pola técnica, as ferramentas e os oficios artesanais levouna a formarse e traballar en distintos talleres e con impresores e profesionais da arte gráfica.
No seu traballo considera a repetición como fonte de inspiración. A imaxe nunca existe soa senón formando parte dunha serie de etapas e procesos de transformación.
Dando a volta á noción de "orixinal múltiple", falará do seu proceso creativo baseado na diferenza, o erro e o imprevisto.
O seu traballo sitúase na fronteira entre arte e artesanía, reflexionando sobre a beleza do saber facer, do xesto e da técnica na arte contemporánea.
Presentado por Alba Pardo (mestra de Serigrafía artística da EMAO)
Data: 19 de xaneiro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
martes, 16 de xaneiro de 2024
Presentación e Coloquio sobre o libro Plumazos de Ricardo Mella [OUTRAS NOVAS]
Este xoves 18 de xaneiro ás 19:00 presentación e posterior coloquio sobre la obra de Ricardo Mella "Plumazos" coa participación de Daniel Palleiro, Gonzalo Navaza, José Luis Mateo entre outros. Organiza e coordina o acto Iria Presa.
Xuntanza do Club de lectura do Ateneo Atlántico con Yolanda Castaño [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
17 Xaneiro de 19:30 a 21:00 na Biblioteca da EMAO
Materia. Yolanda Castaño
Xuntanza mensual do Club de lectura do Ateneo Atlántico. Neste caso comentarase o poemario Materia. Na sesión, aberta ao público xeral, participará a autora, Yolanda Castaño, que lerá para nós algúns dos seus poemas.
Adeus ao pintor Luis Torras Martínez, antigo mestre da Escola de Artes e Oficios [PINTURA]
![]() |
| Foto de Marta G. Brea para Faro de Vigo |
Onte faleceu o pintor Luis Torras Martínez (1912-2024), que foi profesor da materia de Debuxo Ornamental, Composición Decorativa e Debuxo arquitectónico na nosa Escola desde 1954 ata 1969, onde deixou un importante pegada en varias xeracións viguesas.
Lembrámolo o día da inauguración da nosa exposición A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo. Parte I 1886-1976 no Espazo EMAO acompañado da súa muller e musa, Mª Jesús Incera e do seu amigo, o escultor Silverio Rivas. O que fose chamado o pintor máis lonxevo do mundo seguiu en activo ata case o final dos seus días aínda que o recente falecemento da súa dona supuxo unha irreparable perdida para o artista.
En 1998 o Concello vigués crea a Colección Torras, con sede na Casa das Artes. Nesta sala atópase unha parte importante do mellor da súa obra, que tamén está representada en destacadas coleccións públicas e institucionais, como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), o Museo Municipal Quiñones de León (Vigo), o Museo de Pontevedra, a Colección Afundación, ou o Museo de Arte Contemporánea de Santiago (CGAC), así como en importantes coleccións privadas.
Desde aquí queremos render unha homenaxe ao decano dos artistas plásticos galegos e facer chegar as nosas condolencias aos seus familiares e amigos. Descanse en paz!
luns, 15 de xaneiro de 2024
Clothilde Frappier. A orixinalidade da arte múltiple [SERIGRAFÍA]
Clothilde Frappier é artista formada en Francia na escola de Belas Artes de Saint-Etienne e na Escolas de Artes Aplicadas de Lyon e de Artes Decorativas de Paris (ENSAD). A súa afección pola técnica, as ferramentas e os oficios tradicionais levouna a formarse e traballar en distintos talleres e con impresores e profesionais da arte gráfica. Fixo prácticas nos obradoiros de Edicións Robert e Lydie Dutrou, centro da estampa e do libro de bibliófila, Taller Gravura, Malaga. Formación con Henrik Boegh en gravura non toxica, Taller A Fleur de Pierre, impresores en litografía en Paris, Taller Tchikebé, impresores e editores en serigrafía en Marsella, O mono da Tinta, Madrid, formación en fotograbado con Juan Lara edicións Ogami Press, Fundación Museo de Artes do Gravado, Ribeira, formación en Gravado 3D con Jose Funetes Universidade de Salamanca e residencias en investigación en Citeina deas Arts, St Denis, residencia de produción na galería A Liña Alternativa St Denis, a Reunión coa artista Gabrielle Manglou, residencia de produción no Centro cultural a Maison du Boulanger, Troyes, coa deseñadora vestiario Caroline Martin e residente como artista investigadora en gravado, a Casa de Velázquez durante dous anos.
Na súa experiencia en docencia destaca a súa asistencia como profesora de gravado na Escola Superior de Arte e Deseño Parsons de Paris e como profesora de debuxo e estampa no Paris College of Art, Universidade Americana de Arte e Deseño e profesora de gravado na Escola Superior de Arte da illa de Reunion.
Dando a volta á noción de "orixinal múltiple", este venres falaranos do seu proceso creativo baseado na diferenza, o erro e o imprevisto. O seu traballo sitúase na fronteira entre arte e artesanía, reflexionando sobre a beleza do saber facer, do xesto e da técnica na arte contemporánea.
Recordamos que o ciclo de actividades dos Venres da Emao están abertos a todo o público ata completar aforo, vémonos!
















































