![]() |
| Martes 16 de abril ás 20.00 horas |
luns, 15 de abril de 2024
15-4-2024. Obradoiro de Emprendemento. Vigo Emprende [OUTRAS NOVAS]
![]() | |||
| Luns 15 e Martes 23 de abril |
Logo das primeiras entrevistas do noso orientador laboral, Xosé Alberte Cea, cos docentes e o alumnado resulta evidente
que unha das principais inquedanzas é saída
laboral moi relacionada co autoemprego, que ainda sendo unha saída de interese, suscita numerosas dúbidas.
Por esta razón programáronse dous talleres co Servizo Municipal de Apoio ó Emprendemento, un para o luns 15 de abril ás 16.00 horas e outro para o martes 23 de abril ás 10.00.
Estes obradoiros servirán como presentación deste servizo ao alumnado que poderá comprobar o que este pode achegarlles. Darase unha idea xeral do que é hoxe emprender, cun enfoque orientado ó traballo en talleres e aos oficios. Na parte final haberá tempo para facer preguntas.
Resumo en Imaxes das outras actividades culturais da semana do 8 ao 12 de abril de 2024 [OUTRAS NOVAS]
11-4-2024. Masterclass sobre "Guadamecil contemporáneo e aplicacións de cór" por Nelson Gómez Callejas.
9-4-2024. Visita do HC San Rafael á exposición O Mapa
venres, 12 de abril de 2024
12-4-2024. Venres da EMAO presenta “Rosa Mendez. A pureza da forma" [OURIVARÍA]
Con ela faremos un percorrido dende os seus comezos nesta arte ata a actualidade, onde o fío condutor é o vidro, co cal realiza unha xoiaría persoal que busca a beleza e a pureza da forma.
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
mércores, 10 de abril de 2024
11-4-2024. Masterclass sobre "Guadamecil contemporáneo e aplicacións de cór" por Nelson Gómez Callejas [COIRO]
Este xoves 11 de abril ás 17:00, nova actividade complementaria da exposición "O Mapa" que pode visitarse ata o 22 de abril no Espazo EMAO.
luns, 8 de abril de 2024
10-4-2024. Antonio Rey Soto, Pioneiro do cine galego [ATENEO ATLÁNTICO]
![]() |
| Mércores 10 de abril ás 19.00 |
"rosa mendez, a pureza da forma" Venres da EMAO de Ourivaría"
Este venres 12 de abril teremos con nós no venres da EMAO de ourivaría, a rosa mendez.
É un grande honor ter a esta artista galega que se adica a facer xoiaría contemporánea con vidro.
A súa formación no traballo do vidro dende o ano 2000 desembocou na xoiaría contemporánea, sendo unha das marcas galegas que vende maioritariamente no extranxeiro en tendas e museos coma o MOMA, o Reina Sofía e o Pompidou, entre outros, e participando en feiras internacionais como Bijorhca en París, Bisutex en Madrid, etc, ademais de múltiples exposicións nacionais e internacionais.
Como veredes o seu traballo céntrase no vidro como material principal co que realiza unha xoiaría con un estilo persoal e diferente, no que o importante son as formas, a súa simplicidade, a súa presenza e o diálogo con elas.
.jpeg)
9-4-2024. Presentación do libro "As escumas da letra" [ATENEO ATLÁNTICO]
![]() |
| Martes 9 de abril ás 19.30 |
O Ateneo Atlántico de Vigo presenta o libro As escumas da letra, biobliografía de Luisa Villalta, escrito por Esperanza Mariño. A obra, organizada en dúas partes, presenta a vida e a obra da escritora coruñesa á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2024, Luisa Villalta.
xoves, 4 de abril de 2024
luns, 1 de abril de 2024
5-4-2024. Venres da EMAO presenta "Itinerario, paradas e vivencias" por Miguel Vázquez [BIBLIOTECA]
Miguel Vázquez que impartiu clases de cerámica na EMAO desde 1986 ata 2022, desenvolveu a súa actividade en tres vertentes, a escultura, a docencia e a cerámica de autor. Baixo o título Itinerario, paradas e vivencias, Miguel Vázquez constrúe un relato no que tentará establecer as pontes entre a parte docente, a de manipulador e a de activista cerámico, a través das diferentes etapas e vivencias do seu itinerario vital.
Presentado por Mª Jesús Cuesta (Bibliotecaria da EMAO)
Data: venres 5 de abril de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
martes, 26 de marzo de 2024
Días Europeos da Artesanía no obradoiro de Ourivaría [OURIVARÍA]
Este ano os Días Europeos da Artesanía celébranse do 2 ao 7 de Abril e están adicados aos nenos, baixo o lema “Dedos pequenos, mans expertas”. Dende a especialidade imos realizar unha actividade para que as nenas e nenos poidan participar, e para iso traballaremos con un termoplástico.
O día 2 de abril o noso obradoiro terá as portas abertas para todos aqueles maiores ou nenos que queiran vir a visitarnos, en horario de 12 a 14 horas e dende as 16 ás 21 horas.
Esa mesma tarde dende as 16:30 ás 20:30 horas realizaremos a actividade “Constrúo a miña xoia” dirixida a nenas e nenos dende os 2 anos ata os 13 aproximadamente e que terán que vir acompañados de un adulto.
![]() |
| Exemplo para chaveiro |
En que consiste esta actividade??!!!!
Pois imos construír xoias empregando un plástico especial que despois se cocerá reducindo o seu tamaño, intensificando as cores e conseguindo unha consistencia parecida a dun vidro. Para elo debuxaremos sobre el, despois pintaremos con cores e recortaremos facéndolle tamén os buratos para colgala, e logo cócese a baixa temperatura, para finalizar coa montaxe podendo rematar con un colgante, pendentes, chaveiro, broche, etc.
Os nenos non teñen que traer nada, pero se queren poder vir cos seus debuxos para calcar sobre o plástico, pero senón aquí teremos exemplos e modelos para inspirarse, como os que podedes ver a continuación...
luns, 25 de marzo de 2024
Celebración dos Días Europeos da Artesanía na EMAO [ARTES E OFICIOS]
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Martes día 2 de abril de 2024, en horario de 12.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h
Todos os talleres da EMAO terán as súas portas abertas no horario indicado e o visitante poderá achegarse ás actividades dos talleres de: Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaitas e Zanfonas), Talla e Escultura en Madeira, Pintura, Debuxo Artístico, Deseño e Encaixe de Palillos, Ourivaría, Moda e Confección, Artesanía en Coiro e Serigrafía Artística.
Ademais desenvolveranse as seguintes actividades:
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:
Martes 2 de abril:
Mércores 3 de abril:
Moda e confección / Serigrafía artística: “Estampa a túa bolsa”. De 17.00h a 20.00h.
No taller de Serigrafía coñeceranse os procesos de estampaxe e farase unha práctica sobre téxtil, que logo se coserá a máquina no taller de Moda e confección, co que os asistentes levarán unha bolsa estampada e cosida por eles mesmos.
Debuxo artístico / Pintura: “A plein air”. De 16.00h a 20.00h.
Invitación para debuxar ou pintar polos arredores da EMAO. “A plein air” (Pintura ao aire libre) pretende dar a coñecer o traballo dos talleres da EMAO traspasando os muros da Escola. Sen requirir coñecementos previos, desenvolverase unha actividade lúdica na que o participante teña a experiencia de debuxar ou pintar “A plein air”.
Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 18 ao 22 de marzo de 2024 [OUTRAS NOVAS]
venres, 22 de marzo de 2024
22-3-2024. Presentación do libro "O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao" ensaio de Anxo Rabuñal [OUTRAS NOVAS]
![]() |
| Venres 22 de marzo ás 19:00 horas. |
Trátase dun ensaio no que o autor le e anota o Diario 1921, o caderno manuscrito e ilustrado da viaxe de estudos de Castelao polos museos de Francia, Bélxica e Alemaña, no esforzo de documentar a viaxe do intelectual, de explicar e coñecer, interpretar e comprender o que pasou, o que pensou, o que escribiu.
Na presentación, o autor estará acompañado Isaac Pérez Vicente e Xan Carballa.




















.jpg)
























