luns, 8 de xaneiro de 2024

Venres da EMAO. 12-1-2024. Marcos Domato, a personalidade propia na construción da guitarra clásica [CAIM ZANFONA]


Marcos Domato formouse como luthier na Escola de Artes e Oficios de Vigo co mestre Ramón Casal, de quen aprendeu a traballar na fabricación de instrumentos acústicos. Ampliou a súa formación en Madrid cos guitarreiros Javier Castaño e José Salinas, especializándose na construción de guitarra clásica.

Completa a súa instrución en técnicas de vernizado, acústica e deseño, elementos clave na creación dun instrumento musical. Marcos Domato é un exemplo de como nunha familia de artesáns carpinteiros, a profesión vai por dentro.

Presentado por Xaime Rivas (mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Data: 12 de Xaneiro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

luns, 18 de decembro de 2023

Resumo en fotos de outras actividades culturais da hemeroteca na semana do 11 ao 14 de decembro [OUTRAS NOVAS]


14-12-2023. Presentación do libro "Rigel e os segredos do tambor" de Loliña Chamadoira


 13-12-2023. Presentación do poemario "Mar diminuto" de Esperanza Arrondo

 

12-12-2023. O conflito entre Israel e Palestina. Repercusións na xeoestraxia de Oriente Medio


 

 11-12-2023. Reflexión sobre Pobreza, Drogas, Saúde e Convivencia por Antón Bouzas


xoves, 14 de decembro de 2023

Mostra do "Romancero Gitano" asinado por Federico García Lorca [BIBLIOTECA]

 

O martes 12 de decembro tivo lugar na nosa hemeroteca, a entrega do exemplar facsímile do Romancero Gitano, asinado por Federico García Lorca, ao Centro Recreativo Artístico Cultural de Coruxo.

Esta obra reúne 18 romances, escritos entre 1924 e 1927, que mesturan o narrativo e o lírico. En vida de García Lorca viron a luz sete edicións en tres editoriais distintas, dúas españolas, Revista de Occidente e Espasa-Calpe, e unha arxentina, Sur. Son innumerables as edicións póstumas. A primeira edición foi publicada en 1928 nas edicións da Revista de Occidente. Era de pequeno formato e chamaba a atención o deseño da cuberta, un debuxo en vermello e negro do propio García Lorca. 
 
 

 
Este exemplar da 2ª edición foi descuberto polo estudante universitario Iago Lago mentres revisaba a biblioteca CRAC de Coruxo. El mesmo ocupouse de enviar fotos da dedicatoria e da sinatura á familia de García Lorca, quen confirmou a súa autenticidade. Ante a importancia do achado, os responsables do Centro Cultural decidiron doalo ao Concello de Vigo, a cambio dunha reprodución facsimile que substituíse ao exemplar orixinal. 

 

Despois dun proceso de recuperación a cargo da restauradora Carmen Poyán Rasilla, que realizou estes traballos de maneira desinteresada, este volume pasará a formar parte do fondo histórico da biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), naquel momento a primeira biblioteca pública que tivo a nosa cidade, que con esta incorporación verá incrementado o seu valor histórico e patrimonial.

luns, 11 de decembro de 2023

luns, 4 de decembro de 2023

Fotos da Master Class de Po de Coiro "Do lixo ao prato" por Pepe Pereira [VENRES EMAO]

Resumo en Fotos das Outras Actividades Culturais na Hemeroteca. [BIBLIOTECA-EXTENSIÓN CULTURAL]

30-11-2023. Conferencia "Isabel de Borbón, la chata" por Manuel Orio. Ciclo a Historia e os seus Personaxes 

 


29-11-2023. Poéticas Diversas: Corpo a Corpo coa Música e a Palabra

 

 

28-11-2023. Conferencia "A Pegada de Pedro Madruga en Cristobal Colón" por Ángel Carracelas

 

27-11-2023. Presentación do libro "Vigo, Porta do Mundo" a obra póstuma de Ceferino de Blas.


mércores, 29 de novembro de 2023

30-11-2023. Conferencia "Isabel de Borbón, la chata" por Manuel Orio. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]


 Xoves, 30 de novembro ás 19.00 horas

Dentro do ciclo a Historia e os seus personaxes que organiza o Balneario de Mondariz co motivo do seu 150 aniversario, tera lugar unha charla do xornalista Manuel Orio na que se analizará os veraneos da Infanta Isabel na vila termal e se darán a coñecer fotografías inéditas destas visitas estivais. A madriña do rei Alfonso XIII era unha namorada dos touros, a orchata e do Balneario de Mondariz. Integrábase á perfección na vida social do Gran Hotel como as Festas do Carmen, as verbenas de verán ou  as excursións a Pías ou Troña.


martes, 28 de novembro de 2023

29-11-2023. Poéticas Diversas: Corpo a Corpo coa Música e a Palabra [OUTRAS NOVAS]


 Mércores 29 de novembro ás 19.30 na hemeroteca

Venres da EMAO 1-12-2023. Presenta “Do lixo ao prato” Master class de po de coiro [COIRO]


 
Os subprodutos do coiro son normalmente tratados como materia inútil, sen alma nin futuro, pero esta formulación é errónea xa que ese po de coiro está aínda cheo de posibilidades construtivas e decorativas. A nosa particular "Cuerámica" é un exemplo diso, é un proceso barato, sostible e con moita capacidade de ser un medio de expresión. Esta clase será unha introdución a esta técnica experimental e o aproveitamento dos desfeitos do coiro.

Presentado por Pepe Pereira (mestre de Artesanía do Coiro na EMAO)
Data: 1 de decembro de 2023
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

Fotos da Inauguración da Exposición "Proxectos 2023" [ESPAZO EMAO]

    

                                  

luns, 27 de novembro de 2023

28-11-2023. Conferencia "A Pegada de Pedro Madruga en Cristobal Colón" por Ángel Carracelas [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]

 Martes 28 de novembro, ás 19.30 horas

Organizado pola Comisión de Pensamento e Debate do Ateneo Atlántico, o próximo martes 28 de novembro Ángel Carracelas compartirá os resultados das súas investigacións arredor da galegidade de Cristóbal Colón e a máis que probable relación con Pedro Madruga. A presentación correrá a cargo de Teresa Conde Pumpido.