luns, 15 de xaneiro de 2024
luns, 8 de xaneiro de 2024
Venres da EMAO. 12-1-2024. Marcos Domato, a personalidade propia na construción da guitarra clásica [CAIM ZANFONA]
Marcos Domato formouse como luthier na Escola de Artes e Oficios de Vigo co mestre Ramón Casal, de quen aprendeu a traballar na fabricación de instrumentos acústicos. Ampliou a súa formación en Madrid cos guitarreiros Javier Castaño e José Salinas, especializándose na construción de guitarra clásica.
Completa a súa instrución en técnicas de vernizado, acústica e deseño, elementos clave na creación dun instrumento musical. Marcos Domato é un exemplo de como nunha familia de artesáns carpinteiros, a profesión vai por dentro.
Presentado por Xaime Rivas (mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Data: 12 de Xaneiro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
luns, 18 de decembro de 2023
Resumo en fotos de outras actividades culturais da hemeroteca na semana do 11 ao 14 de decembro [OUTRAS NOVAS]
14-12-2023. Presentación do libro "Rigel e os segredos do tambor" de Loliña Chamadoira
13-12-2023. Presentación do poemario "Mar diminuto" de Esperanza Arrondo
12-12-2023. O conflito entre Israel e Palestina. Repercusións na xeoestraxia de Oriente Medio
11-12-2023. Reflexión sobre Pobreza, Drogas, Saúde e Convivencia por Antón Bouzas
xoves, 14 de decembro de 2023
Mostra do "Romancero Gitano" asinado por Federico García Lorca [BIBLIOTECA]
O martes 12 de decembro tivo lugar na nosa hemeroteca, a entrega do exemplar facsímile do Romancero Gitano, asinado por Federico García Lorca, ao Centro Recreativo Artístico Cultural de Coruxo.
mércores, 13 de decembro de 2023
martes, 12 de decembro de 2023
luns, 11 de decembro de 2023
12-12-2023. O conflito entre Israel e Palestina. Repercusións na xeoestraxia de Oriente Medio [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁTICO]
Martes 12 de decembro ás 19.30 na hemeroteca
Javier Couso, (ex) Vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento Europeo, falará arredor do conflito entre Israel e Palestina e, sobre todo, das repercusións na xeoestratexia de Oriente Medio.
luns, 4 de decembro de 2023
Resumo en Fotos das Outras Actividades Culturais na Hemeroteca. [BIBLIOTECA-EXTENSIÓN CULTURAL]
30-11-2023. Conferencia "Isabel de Borbón, la chata" por Manuel Orio. Ciclo a Historia e os seus Personaxes
29-11-2023. Poéticas Diversas: Corpo a Corpo coa Música e a Palabra
28-11-2023. Conferencia "A Pegada de Pedro Madruga en Cristobal Colón" por Ángel Carracelas
27-11-2023. Presentación do libro "Vigo, Porta do Mundo" a obra póstuma de Ceferino de Blas.
mércores, 29 de novembro de 2023
30-11-2023. Conferencia "Isabel de Borbón, la chata" por Manuel Orio. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]
Dentro do ciclo a Historia e os seus personaxes que organiza o Balneario de Mondariz co motivo do seu 150 aniversario, tera lugar unha charla do xornalista Manuel Orio na que se analizará os veraneos da Infanta Isabel na vila termal e se darán a coñecer fotografías inéditas destas visitas estivais. A madriña do rei Alfonso XIII era unha namorada dos touros, a orchata e do Balneario de Mondariz. Integrábase á perfección na vida social do Gran Hotel como as Festas do Carmen, as verbenas de verán ou as excursións a Pías ou Troña.
martes, 28 de novembro de 2023
Venres da EMAO 1-12-2023. Presenta “Do lixo ao prato” Master class de po de coiro [COIRO]
Presentado por Pepe Pereira (mestre de Artesanía do Coiro na EMAO)
Data: 1 de decembro de 2023
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
luns, 27 de novembro de 2023
28-11-2023. Conferencia "A Pegada de Pedro Madruga en Cristobal Colón" por Ángel Carracelas [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]
Martes 28 de novembro, ás 19.30 horas
Organizado pola Comisión de Pensamento e Debate do Ateneo Atlántico, o próximo martes 28 de novembro Ángel Carracelas compartirá os resultados das súas investigacións arredor da galegidade de Cristóbal Colón e a máis que probable relación con Pedro Madruga. A presentación correrá a cargo de Teresa Conde Pumpido.













































