luns, 15 de abril de 2024

Resumo en Imaxes das outras actividades culturais da semana do 8 ao 12 de abril de 2024 [OUTRAS NOVAS]

11-4-2024. Masterclass sobre "Guadamecil contemporáneo e aplicacións de cór" por Nelson Gómez Callejas.

 
 
 
10-4-2024. Conferencia sobre Antonio Rey Soto, Pioneiro do cine galego [ATENEO ATLÁNTICO] 



9-4-2024. Presentación do libro "As escumas da letra" [ATENEO ATLÁNTICO]
 


9-4-2024. Visita do HC San Rafael á exposición O Mapa

venres, 12 de abril de 2024

12-4-2024. Venres da EMAO presenta “Rosa Mendez. A pureza da forma" [OURIVARÍA]



Rosa Mendez é unha das artistas e xoieiras galegas contemporáneas máis internacionais. O seu traballo céntrase na xoiaría artística co vidro como material principal.
Con ela faremos un percorrido dende os seus comezos nesta arte ata a actualidade, onde o fío condutor é o vidro, co cal realiza unha xoiaría persoal que busca a beleza e a pureza da forma.

Presentado por Sandra de Jesús (mestra de Ourivaría da EMAO)
Data: 12 de abril de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo


Entrada libre ata completar aforo

luns, 8 de abril de 2024

10-4-2024. Antonio Rey Soto, Pioneiro do cine galego [ATENEO ATLÁNTICO]

Mércores 10 de abril ás 19.00

 

Sesión do cinemAteneo arredor da figura de Antonio Rey Soto e da técnica do Benshi. Con Manolo González, autor do libro O Benshi de Galicia. Coa proxección de fragmentos da película Viaje por Galicia (Luís R. Alonso, 1926) narrada ao modo Benshi por Toñi Caseiro. Presenta José Luís Mateo.
O «benshi», era unha figura fundamental no cine mudo japonés, era o encargado de explicar a trama da película aos espectadores, moitas veces analfabetos. Partindo desa figura, o investigador e divulgador do cine en Galicia, Manolo González, nos introducirá na figura dun dos pioneiros da séptima arte galega: Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966).

"rosa mendez, a pureza da forma" Venres da EMAO de Ourivaría"

 


Este venres 12 de abril teremos con nós no venres da EMAO de ourivaría, a rosa mendez. 


É un grande honor ter a esta artista galega que se adica a facer xoiaría contemporánea con vidro. 


A súa formación no traballo do vidro dende o ano 2000 desembocou na xoiaría contemporánea, sendo unha das marcas galegas que vende maioritariamente no extranxeiro en tendas e museos coma o MOMA, o Reina Sofía e o Pompidou, entre outros, e participando en feiras internacionais como Bijorhca en París, Bisutex en Madrid, etc, ademais de múltiples exposicións nacionais e internacionais. 



Como veredes o seu traballo céntrase no vidro como material principal co que realiza unha xoiaría con un estilo persoal e diferente, no que o importante son as formas, a súa simplicidade, a súa presenza e o diálogo con elas. 


Na conferencia contaranos como se desenrolou a súa traxectoriaao longo destes anos, falaranos sobre a importancia de abrirse camiño no mercado internacional, e da importancia de sair e coñecer o que se esta facendo fora das nosas fronteiras.



Así que vos esperamos o vernes 12 de abril ás 19 horas na hemeroteca da EMAO, 
non volo perdades ;DD


9-4-2024. Presentación do libro "As escumas da letra" [ATENEO ATLÁNTICO]

Martes 9 de abril ás 19.30
 

O Ateneo Atlántico de Vigo presenta o libro As escumas da letra, biobliografía de Luisa Villalta, escrito por Esperanza Mariño. A obra, organizada en dúas partes, presenta a vida e a obra da escritora coruñesa á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2024, Luisa Villalta.

luns, 1 de abril de 2024

5-4-2024. Venres da EMAO presenta "Itinerario, paradas e vivencias" por Miguel Vázquez [BIBLIOTECA]

Miguel Vázquez que impartiu clases de cerámica na EMAO desde 1986 ata 2022, desenvolveu a súa actividade en tres vertentes, a escultura, a docencia e a cerámica de autor. Baixo o título Itinerario, paradas e vivencias, Miguel Vázquez constrúe un relato no que tentará establecer as pontes entre a parte docente, a de manipulador e a de activista cerámico, a través das diferentes etapas e vivencias do seu itinerario vital.

Miguel Vázquez nace en Vigo, en 1956. A súa traxectoria caracterízase por unha ampla formación cerámica que percorre centros como Sargadelos, a Escola de Cerámica da Bisbal, o taller de Emidio Galassi en Faenza (Italia) ou The European Ceramic Workcentre de Holanda. A súa primeira exposición individual é na galería Sargadelos de Santiago e desde entón participou en innumerables exposicións, percorrendo o mundo desde Salamanca, Vigo, Barcelona, Zaragoza, Suíza, China, Xapón, Holanda, etc. Recibiu numerosos premios nacionais e internacionais. 
É membro da Academia Internacional de Cerámica en Ginebra (Suiza). Conta con obra en coleccións institucionais como a Xunta de Galicia, Deputación de Cantabria, Fundación Joseph Llorens Artigas, Deputación de Pontevedra e  o Museo Het Kruithuis de Holanda.

Presentado por Mª Jesús Cuesta (Bibliotecaria da EMAO)
Data: venres 5 de abril de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo 


martes, 26 de marzo de 2024

Días Europeos da Artesanía no obradoiro de Ourivaría [OURIVARÍA]

Este ano os Días Europeos da Artesanía celébranse do 2 ao 7 de Abril e están adicados aos nenos, baixo o lema “Dedos pequenos, mans expertas”. Dende a especialidade imos realizar unha actividade para que as nenas e nenos poidan participar, e para iso traballaremos con un termoplástico.

O día 2 de abril o noso obradoiro terá as portas abertas para todos aqueles maiores ou nenos que queiran vir a visitarnos, en horario de 12 a 14 horas e dende as 16 ás 21 horas. 

Esa mesma tarde dende as 16:30 ás 20:30 horas realizaremos a actividade “Constrúo a miña xoia” dirixida a nenas e nenos dende os 2 anos ata os 13 aproximadamente e que terán que vir acompañados de un adulto. 


Exemplo para chaveiro

En que consiste esta actividade??!!!!

Pois imos construír xoias empregando un plástico especial que despois se cocerá reducindo o seu tamaño, intensificando as cores e conseguindo unha consistencia parecida a dun vidro. Para elo debuxaremos sobre el, despois pintaremos con cores e recortaremos facéndolle tamén os buratos para colgala, e logo cócese a baixa temperatura, para finalizar coa montaxe podendo rematar con un colgante, pendentes, chaveiro, broche, etc.

Os nenos non teñen que traer nada, pero se queren poder vir cos seus debuxos para calcar sobre o plástico, pero senón aquí teremos exemplos e modelos para inspirarse, como os que podedes ver a continuación... 

luns, 25 de marzo de 2024

Celebración dos Días Europeos da Artesanía na EMAO [ARTES E OFICIOS]



XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Martes día 2 de abril de 2024, en horario de 12.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h

Todos os talleres da EMAO terán as súas portas abertas no horario indicado e o visitante poderá achegarse ás actividades dos talleres de: Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaitas e Zanfonas), Talla e Escultura en Madeira, Pintura, Debuxo Artístico, Deseño e Encaixe de Palillos, Ourivaría, Moda e Confección, Artesanía en Coiro e Serigrafía Artística.

Ademais desenvolveranse as seguintes actividades:

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Martes 2 de abril:

Artesanía en coiro: “Festa do cosido”. De 16.30h a 20.30h (Biblioteca). 
Quérese mostrar a importancia da costura nas pezas que se realizan na especialidade, polo que os participantes realizarán diferentes pezas con cada tipo de costura, en tireta de coiro ou fío. 
 
Ourivaría: “Constrúo a miña xoia”. De 16.30h a 20.30h. 
Dirixida a nenos e nenas, poderán facer a súa xoia (traballada cun material non usual -termoplástico-, cocido a baixa temperatura, que o contrae reducindo o seu tamaño e intensificando as cores), pintala e convertela nun colgante, pendentes, chaveiro, etc.

Mércores 3 de abril:

Moda e confección / Serigrafía artística: “Estampa a túa bolsa”. De 17.00h a 20.00h.
No taller de Serigrafía coñeceranse os procesos de estampaxe e farase unha práctica sobre téxtil, que logo se coserá a máquina no taller de Moda e confección, co que os asistentes levarán unha bolsa estampada e cosida por eles mesmos.

Debuxo artístico / Pintura: “A plein air”. De 16.00h a 20.00h.
Invitación para debuxar ou pintar polos arredores da EMAO. “A plein air” (Pintura ao aire libre) pretende dar a coñecer o traballo dos talleres da EMAO traspasando os muros da Escola. Sen requirir coñecementos previos, desenvolverase unha actividade lúdica na que o participante teña a experiencia de debuxar ou pintar “A plein air”.

Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 18 ao 22 de marzo de 2024 [OUTRAS NOVAS]

22-3-2024. Presentación do libro "O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao" ensaio de Anxo Rabuñal

 


21-3-2023. Presentación do traballo de investigación "Cantando la Nacion. Pascual Veiga, Eduardo Pondal y el Himno de Galicia", por Javier Campos Calvo-Sotelo 
 

 
 
21-3-2024. Visita á EMAO do pintor, gravador e muralista Rafael Úbeda.

 
20-3-2024. Masterclass sobre "Corte e preparación de tireta de coiro para costuras e trenzados" por Isaac Romero Esteras
 

 

venres, 22 de marzo de 2024

22-3-2024. Presentación do libro "O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao" ensaio de Anxo Rabuñal [OUTRAS NOVAS]

Venres 22 de marzo ás 19:00 horas.


Trátase dun ensaio no que o autor le e anota o Diario 1921, o caderno manuscrito e ilustrado da viaxe de estudos de Castelao polos museos de Francia, Bélxica e Alemaña, no esforzo de documentar a viaxe do intelectual, de explicar e coñecer, interpretar e comprender o que pasou, o que pensou, o que escribiu. 

Na presentación, o autor estará acompañado Isaac Pérez Vicente e Xan Carballa.

xoves, 21 de marzo de 2024

21-3-2023. Presentación do traballo de investigación "Cantando la Nacion. Pascual Veiga, Eduardo Pondal y el Himno de Galicia", por Javier Campos Calvo-Sotelo [CAIM ZANFONA]

 

Cando o músico Pascual Veiga solicitou ao poeta Eduardo Pondal unha letra para a categoría "Marcha regional gallega" do certame musical que tería lugar aquel verán de 1890 no Teatro Principal da Coruña, non podía sospeitar a repercusión histórica que a obra acadaría co tempo. bese que o poema musicado por Veiga chegou a ensaiarse para o certame, pero non foi estreado, senón que iniciou un longo e escuro desterro, do cal, a día de hoxe, aínda non hai resposta para algúns dos enigmas que o rodean.

Este volume aborda a historia do himno de Galicia (Os Pinos), os seus dous autores (Veiga e Pondal), e o notable cúmulo de contextos e circunstancias que os acompañaron.

Javier Campos Calvo-Sotelo é Licenciado en Xeografía e Historia. Posúe o Grao Profesional de Música e é doutor en Historia e Ciencias da Música. Foi investigador asociado da Universidade Nova de Lisboa e da Universidade Complutense de Madrid. Colabora en grupos e proxectos científicos específicos, e profesor de Historia da Música na Universidade de Kent en Torrelodones (Madrid). Os resultados do seu labor investigador foron divulgados en diversos congresos, conferencias e publicacións. Na actualidade é membro do Consello editorial da revista "Popular Music and Society".

Presentado por Xaime Rivas (mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Data: xoves 21 de marzo de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo