3-4-2025. Conferencia "A percepción das paisaxes e a noción discursiva do territorio de Vigo" por Francisco García Fernández [FORUM IEV]
1-4-2025. Presentación do libro "A filla de Lucrecia" de Xabier Paz [ATENEO ATLÁNTICO]
3-4-2025. Conferencia "A percepción das paisaxes e a noción discursiva do territorio de Vigo" por Francisco García Fernández [FORUM IEV]
1-4-2025. Presentación do libro "A filla de Lucrecia" de Xabier Paz [ATENEO ATLÁNTICO]
A EMAO está a homenaxear, cunha exposición por curso, aquelas iniciativas creativas, artísticas e artesás xurdidas, dalgunha maneira, do seu seo; especialmente aquelas que destaquen nalgún dos eixos sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade. Neste curso temos o privilexio de poder amosar a obra dunha das máis salientables e exitosas realidades artísticas e empresariais que tiveron a súa orixe nas ensinazas e obradoiros da escola: a recoñecida marca “Joyas de la raspa”.
"En 1986, á beira do mar, comeza esta fermosa viaxe que ten moito que ver coa vida, co amor, co mar e coa ourivaría. Virginia R. Lorenzo e Miguel Sánchez-Cantón matriculáronse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (daquela baixo o nome de Universidade Popular) en 1987 e 1988 respectivamente, para formarse na especialidade de Ourivaría. Atoparon aquí un modo de expresión, unha linguaxe tanxible por medio do metal para dar forma a súa creatividade. En 1989 naceu a colección “Raspa”, emblema da marca ata hoxe, núcleo e fío condutor da súa xoiaría. Neste tempo, do seu taller naceron máis de duascentas coleccións, a maioría delas xoias de prata, pero tamén pezas de cerámica, coiro, madeira, etc. Todas as súas creacións, as colaboracións con outros artistas, as múltiples exposicións e os dous Premios Nacionais de Deseño recibidos entre outros, brindan a este oficio unha inmensa creatividade, un magnifico deseño e o gusto polo bo facer.
Con esta exposición celebramos que Virginia e Miguel comezaron a súa andaina nesta casa, a EMAO, pero tamén o seu magnífico traballo que observamos a través das xoias de “Joyas de la raspa” dende os seus comezos ata os nosos días, exaltando aquelas obras que foron de gran importancia neste o seu camiño de vida, arte e oficio".
Sandra de Jesus, mestra de Ourivaría da EMAO
FICHA DA EXPOSICIÓN
O noso compañeiro Pepe Pereira, mestre da especialidade Artesanía do Coiro, e Rebeca Amoedo, deseñadora gráfica e afeccionada ao traballo do Coiro, presentan este próximo sábado 5 de abril ás 18.00 no Museo de Pontevedra a nova publicación especializada no traballo do Coiro, “A Gaceta da Lezna”. Unha revista humilde e sinxela, en papel, como as revistas de toda a vida, que se pode tocar, ver e cheirar.
Co propósito de convertela en:
- Un punto de unión entre os artesáns do coiro, afeccionados e o público interesado nos Oficios do Coiro.
- Un lugar de difusión do que se está facendo nos talleres e nas casas dos artesáns, nas salas dos museos e nas aulas das escolas, desde o punto de vista do Coiro.
- Un recoñecemento aos que dedicaron a súa vida aos nosos Oficios, pasando moitas veces desapercibidos ou quedando no esquecemento despois de dedicar moitas horas para manter vivos os talleres, sementando para o futuro.
- Unha publicación sinxela, amena e divertida, na que traballaremos para que mellore, creza e sirva de escaparate ilustrativo e convértase nun recurso didáctico do que todos podamos aprender.
- Un lugar de reunión no que toda a xente do Coiro cabe e pódese comunicar.
Esta publicación estará escrita en castelán. Existen publicacións
noutros países como Estados Unidos, Nova Zelandia, Noruega ou Rusia,
publicadas en inglés ou ruso, pero en castelán non existe ningunha.
En España non existe ningunha publicación sobre este tema, motivo polo cal Pepe e Rebeca decidíronse a dar un paso á fronte para abrir unha canle de comunicación e divulgación que axude a fortalecer o Oficio.
Desde aquí desexámoslles moita sorte no seu proxecto. Moito coiro!!!
Máis información
27-3-2025. Presentación do libro "herba de vigo" por Calros Solla
Exposición "Paisaxes a través da mira" [Escultura e talla na EMAO]
Con motivo dos Días Europeos da Artesanía desde a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo celebraremos estas actividades para facer chegar ao público o traballo artesán que está tan vivo no noso día a día desde hai case 139 anos. Os visitantes poderán coñecer os proxectos que se realizan nos nosos talleres e que tratan de conservar e potenciar a vixencia dos Oficios Artesáns na súa vertente tradicional e tamén na contemporánea.
Para iso realizaremos as seguintes actividades:
XORNADA DE PORTAS ABERTAS- Martes día 1 de abril de 2024, en horario de 12.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h. Poderedes visitar os talleres de Construción Artesanal de Instrumentos Musicais de Gaita e Zanfona, Serigrafía Artística, Debuxo, Moda e Confección, Pintura, Deseño e Encaixe de Palillos, Artesanía en Coiro, Escultura e Talla en Madeira e Ourivaría. Nesta visita poderedes coñecer as nosas instalacións nun edificio centenario, o traballo que realizan os nosos alumnos no seu proceso formativo, así como o dos artesáns e artistas profesionais que realizan o seu labor docente na nosa Escola.
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: Joyas de la raspa 1990-2025. Venres 4 de abril, 19.30h no Espazo EMAO, sala de exposicións da nosa Escola. Os 35 anos de historia desta marca viguesa de xoiería froito da formación impartida na Escola veranse reflectidos nas vitrinas da nosa sala de exposicións.
Esperámosvos!!!
20-3-2025. Presentación do libro "Galegas na música"
19-3-2025. Julio Verne e a música. Concerto comentado [FORUM IEV]
19-3-2025. Fotos para un documental producido por True Story, Kowalski Films y Feelgood Media para Movistar +
![]() |
| 1ª ed. Reino Unido, 1978 |
A película está está dedicada ao escritor e crítico de arte inglés John Berger.