sábado, 4 de decembro de 2021

Fotos da Conferencia "Os Tesouros da Penzol" [VENRES DA EMAO]




Este pasado venres tivemos a sorte de ter na nosa hemeroteca a Pilar Vilaboy Freire, bibliotecaria da Casa Galega da Cultura que nos falou dos Tesouros da Biblioteca Penzol, unha xoia pouco coñecida polos cidadáns de Vigo, que posúe unha das maiores e mellores coleccións bibliográficas que existen de folletos, libros, documentos, xornais e revistas, cartas e material manuscrito referente á lingua e á historia galega. 
Moitas grazas a Pilar polas súas interesantes explicacións e por colaborar con nos neste proxecto que son os Venres da EMAO.

luns, 29 de novembro de 2021

Charla con Viviana e Alejandro de El Taller Impresiones serigráficas [SERIGRAFÍA]

Viviana e Alejandro son dous apaixonados do oficio serigráfico e así o amosan día a día cos seus traballos no obradoiro El Taller Impresiones Serigráficas. Cabe destacar a súa enorme xenerosidade ao compartir con nós o seu saber facer na conferencia do pasado venres amosando procesos e traballos que demostran a experiencia de máis de 20 anos de profesión. 
No seu taller fan un servizo personalizado que permite imprimir produción sen mínimos axustándose ás necesidades do cliente e asesorando dende o deseño, a preimpresión a parte técnica (tintas, acabados, etc). As súas impresións destacan por ser manuais, baseadas na serigrafía tradicional e artesá.


 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotos da Conferencia "Serigrafiando no Taller" [VENRES DA EMAO]


mércores, 24 de novembro de 2021

Venres da EMAO: programación fin 2021 [OUTRAS NOVAS]


 

Gravado á punta seca con tetrabrik. Taller no Museo MARCO [SERIGRAFÍA]

A área de didáctica do MARCO afronta este trimestre consolidando e renovando a súa oferta de actividades, entre as que destaca unha nova proposta de obradoiros para adultos. A actividade proposta enlaza co que estamos a facer de gravado na aula. Fixemos punta seca sobre tetrabrik, estupenda técnica de grabado non tóxico que aproveita o material de refugallo.

 

Visita Guiada ao Órgano da Concatedral de Vigo [OUTRAS NOVAS]

 
Onte mestres e persoal da EMAO tivemos a sorte de visitar o órgano da Concatedral Santa María de Vigo, acompañados por Manuel Martínez Álvarez-Nava, director da Orquesta Clásica de Vigo, Manuel M. Torres, o director técnico e do restaurador do mesmo, Federico Acitores. Moitas grazas a todos polas súas explicacións.
Estas visitas forman parte do programa de actividades organizadas en torno ao primeiro Festival “8 Pés” que comezou onte e concluirá o próximo día 27, que ten por obxectivo dar a coñecer este instrumento construído por Alberdi en 1909.



O restaurador Federico Acitores



Para todos os interesados mañá, xoves 25 de novembro ás 18:00 na nosa hemeroteca terá lugar  Mesa Redonda sobre “O órgano na igrexa: formación, liturxia e interpretación”: mesa redonda con Marisol Mendive, profesora, e Daniel Goberna, prefecto de música da Concatedral (modera: Daniel Sanmartín).

A historia do órgano como “instrumento musical” está inequivocamente ligada á historia da Igrexa e á función que este exerce ao interno da liturxia. Por este motivo, a práctica do instrumento e o uso que del teñen feito os compositores sempre se desenvolveu a cabalo entre a creatividade artística e a funcionalidade axeitada ao contexto sacro. Esta dualidade supón un reto para os estudantes do instrumento, que deben adecuarse ás novas necesidades e contextos do século XXI.

martes, 23 de novembro de 2021

Mesa redonda “O órgano na igrexa: formación, liturxia e interpretación” na Biblioteca da EMAO [OUTRAS]


O xoves 25 de novembro ás 18:00 na hemeroteca Mesa Redonda sobre “O órgano na igrexa: formación, liturxia e interpretación”: mesa redonda con Marisol Mendive, profesora, e Daniel Goberna, prefecto de música da Concatedral (modera: Daniel Sanmartín).

A historia do órgano como “instrumento musical” está inequivocamente ligada á historia da Igrexa e á función que este exerce ao interno da liturxia. Por este motivo, a práctica do instrumento e o uso que del teñen feito os compositores sempre se desenvolveu a cabalo entre a creatividade artística e a funcionalidade axeitada ao contexto sacro. Esta dualidade supón un reto para os estudantes do instrumento, que deben adecuarse ás novas necesidades e contextos do século XXI.

Reserva aqui a túa invitación

http://orquestaclasica.com/
 

luns, 22 de novembro de 2021

Presentación do libro Clase y Política en España I (1986-2008) de Modesto Gayo [OUTRAS NOVAS]

 

O mércores 24 de novembro, ás 19 horas, e na nosa biblioteca, o Ateneo Atlántico presenta o libro Clase y política en España I (1986-2008), de Modesto Gayo (editorial Siglo XXI España, 2021).

Viguísimo [SERIGRAFÍA]

O proxecto Viguísimo de María Lago consistiu na creación dunha marca comercial dedicada á producción de obxectos artesanais promocionais da cidade de Vigo.
A mostra exposta no Espazo EMAO é o resultado do traballo creativo de ilustración e deseño e a selección de orixinais para a súa adaptación á técnica serigráfica que permitirá a reprodución artesanal seriada das imáxes e estampados cos que se realizan os productos inspirados na  da cidade de Vigo.

 

venres, 19 de novembro de 2021

Exposición no ESPAZO EMAO: Mostra de Pintura de Santomé [OUTRAS NOVAS[

 


Conferencia "O Órgano da Concatedral de Vigo" na Biblioteca da EMAO [OUTRAS NOVAS]

 

 
 
Este martes, 23 de novembro ás 18:00 na hemeroteca: "O órgano da Concatedral de Vigo": conferencia de Acitores (restauradores) e mesa redonda sobre a súa historia con Manuel Martínez Álvarez-Nava, Pablo Abreu e Acitores (modera: Daniel Sanmartín)
 
O órgano foi construído polo organeiro de orixe vasca Lope Alberdi no ano 1909 e na actualidade é único órgano en funcionamento da cidade. Nel pódese interpretar boa parte do repertorio organístico romántico-sinfónico do século XIX e comezos do século XX, para o que constitúe, polas súas características sonoras e estado de conservación, un dos instrumentos máis axeitados de toda Galicia.

 
 

xoves, 18 de novembro de 2021

Un Humanismo Moderno. Colmeiro-Seoane-Picasso-Vertés [SERIGRAFÍA]

Xa que na aula estamos a traballar as diferentes técnicas de gravado resultounos moi didáctica a exposición "Un Humanismo moderno. Colmeiro-Seoane-Picasso-Vertés", organizada pola Asociación Amigos do Pintor Colmeiro e maila Fundación Museo de Artes do Gravado de Ribeira, coa colaboración do Concello de Vigo.

A mostra reúne significativos exemplos do traballo gráfico e da ilustración de dúas figuras cimeiras da arte galega: Manuel Colmeiro e Luís Seoane, que no exilio arxentino e durante os anos corenta desenvolven unha estética con resonancias clasicistas. En diálogo cos nosos autores exponse a famosa Suite Vollard de Pablo Picasso, cen gravados feitos en diversas técnicas: buril, punta seca, augatinta ao azucre e augaforte, elaborados entre setembro de 1930 e xuño de 1936 e as ilustracións de Dafnis e Chloé (1954) realizadas polo artista de orixe húngara Vertès, un gravador afincado en Francia que desenvolve unha obra con indubidábeis referencias picassianas nos mesmos anos que os traballos do noso exilio.